31 ago 2011

III Proba CNKW 2011 - Figueira da Foz

Xa está aberta a inscripción para a terceira proba do circuito portugués de kayaksurf e waveski.

Organizada polo Figueira Kayak Clube será os próximos días 24 e 25 de Setembro en Figueira da Foz.


Despois das dúas primeiras probas a clasificación provisional na categoría HP está así:

Federação Portuguesa de Canoagem

Por parte do CKSG estamos Javier Díaz Blanco no posto 14º e eu no posto 15º. Estaría ben subir na clasificación hasta entrar nos dez primeiros, aínda que puntuando en só dúas probas creo que vai ser difícil.

INSCRIPCIÓNS AQUÍ:

19 ago 2011

Rookie do ano

Hai pouco máis dun ano Rubén pensaba que unha piragua era só un tronco de madeira, nunca tivera unha pala na man e gora xa nos pon en apretos aos máis veteranos.

A súa evolución é asombrosa e pode servir de exemplo para todos aqueles que queiran iniciarse neste deporte pero que lles impón algo de medo o feito de verse co corpo máis ou menos atrapado dentro do kayak e sumerxido cabeza abaixo.

Rubén chegou ao kayaksurf sin experiencia algunha en calquera tipo de kayak, e mesmo xa competíu en Mundaka, os que coñezan esa ola saberán que non é para calquera.






Ademáis temos a sorte de que o rookie do ano xoga no noso equipo !!!

8 ago 2011

II Proba CNKW - Ocean Spirit 2011 - Resultados

A segunda proba do circuito portugués disputouse este fin de semana en Santa Cruz, na Praia do Navio, como evento inicial do Ocean Spirit 2011.


Estes foron os resultados finais:

Kayaksurf HP:
1. Miguel Carvalho
2. Bruno Melo
3. Luis Vieira
4. André Pinto

Kayaksurf IC:
1. Francisco Saraiva
2. Paulo Simões
3. Henrique Frazão
4. André Pinto

Waveski:
1. Bruno Melo
2. Miguel Carvalho
3. Francisco Saraiva
4. Luis Vieira

Sit on Top:
1. Eurico Viana
2. Gonçalo Duarte
3. Hugo Paz
4. José Ratinho

Mellor onda:
André Pinto

A falta dunha última proba que se celebrará en Figueira da Foz no mes de Setembro as clasificacións xerais do CNKW 2011 están encabezadas por:
Miguel Carvalho en KS HP, Henrique Frazao en KS IC, Bruno Melo en Waveski e Hugo Paz / Eurico Viana en SOT.

Henrique Frazão- Foto Zeca

Ver toda información en Kayaksurf.net