5 jun 2014

Atlantic Surf Fest 2014 - Vila Nova de Gaia

Terceira edición do evento deportivo-musical Atlantic Surf Fest na praia do Canidelo, en Vila Nova de Gaia, que entre outras probas acolle a 2ª etapa do CNKW Circuito Magicam e a 1ª da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski, e que terá lugar os días 5 e 6 de Xullo.


O amigo Rui Ferreira da Silva forma parte do equipo organizador e envíanos a información para divulgar en Galicia, e desde xa estamos invitados a viaxar a Portugal e disfrutar de un gran finde na praia.


Info da zona, onde comer, dormir, visitas de interés, etc. ver AQUÍ

Para os que viaxen coa familia pódense facer paseos a pé ou en bici entre a reserva do río Douro e as praias de Vila Nova de Gaia, hai máis de 30 km de carril bici e sendeiros peatonais con bonitas vistas e tamén parques infantís.

Ribeira de Vila Nova de Gaia

Río Douro

Reserva estuario do Río Douro

Praia de Canidelo

Ubicación - cómo chegar:

Aloxamentos con descontos para os competidores e acompañantes:
- Hotel Novotel Porto Gaia
Habitación dobre con almorzo incluido 65,00 € (Rexistrarse co nome Atlantic Surf Fest)
http://www.novotel.com/pt/hotel-1050-novotel-porto-gaia/room.shtml

- Camping Salgueiros
20 % desconto
http://www.canidelo.net/reg.htm

Consultar previsións de mar e vento en Praia do Canidelo:

Circuito Magicam 2014:

>>>>>>>>>> Inscripcións AQUÍ <<<<<<<<<<

Para máis información contactar con Rui Ferreira da Silva
Tlf.: +0351 93 514 5209

CNKW 2014 - Peniche - Resultados

Finalizada a primeira etapa do circuito portugués de kayaksurf e waveski na praia do Baleal en Peniche.
As condicións de mar non foron as mellores pero non estuvo mal. O tempo foi moi veraniego e como sempre gran ambiente na praia.


As marcas tugas aproveitaron a ocasión para lanzar os novos diseños para esta temporada, RPF presentou o Gun, un barco IC, os novos SOT aínda sen nome e tamén un novo shape de waveski.

Rui Fonseca coas súas novas máquinas
Fotos de Kayaksurf.net



E a familia Melo estrenou a sús nova marca, M Waveskis, con tres diseños diferentes de waveski e un SOT.


En cuanto aos resultados así quedaron cada unha das categorías:

E aquí está a representación do Club Razo Kayaksurf en Peniche, pocos pero buenos, ... as dúas de atrás non sei quénes son.