O mellor da xornada foi a asistencia de un número importante de kayakeiros, a lista previa de participantes chegou a 41 inscritos e na praia xuntámonos case todos a excepción de un par de baixas de última hora.
Lamentablemente as condicións do mar en Pedra do Sal obligáronnos a non celebrar a competición, tiña moi mala pinta e era previsible que se tivese que facer máis de un rescate.
Despois de debatilo entre os organizadores e tamén despois de pedir a opinión dos deportistas, decidimos a suspensión da proba e desplazarnos a zona da canle que comunica a Lagoa de Baldaio co mar, e alí facer una pequena sesión para aqueles que se encontraran con ganas de meterse na auga. Aquí as condicións non eran moito mellores pero contabamos coa ventaxe de que a maior amplitude da praia evitaba o risco das rochas que tiñamos na Pedra do Sal, e aínda así houbo quen saíu nadando a poucos metros da zona de rochas, non me acordo quen era pero tiña un Reflex de cor laranxa e casco negro … hai sí … era eu.
Finalmente a xente foise animando e chegou a haber uns 15 kayaks na auga, entre waveskis, kayaksurf e freestyles, poden parecen poucos, pero visto como estaba o panorama non está nada mal.
A medida que avanzou a mañán o mar foi baixando e o equipo Watertech conseguiu facer as mellares ondas do día.
Non houbo competición pero sí que houbo premiados, e foron estes:
Mellor Waveski: Francisco Saraiva
Mellor Onda Waveski: Nuno Borges
Mellor Kayaksurf: Miguel Carvalho
Mellor Onda Kayaksurf: Joaquín Rivas
Mellor Freestyle: Jose (Amextreme)
Mellor Zoupada: Jose Piñeiro
Agradecemos a colaboración de Protección Civil de Carballo, Kayaksurf.net, Bar-Restaurente “Os Delfíns” e Vazva … e como non a todos os asistentes.
Fotos de Esther Otero.




A miña noraboa por todo o traballo ben feito que fixestes, e sobre todo por facernos encontrar super agusto entre toda a xente que eramos.
ResponderEliminarPara min foi unha experiencia moi satisfactoria coñecer de cerca a estes kayakeiros, e como non ver surfear ondas a xente de élite mundial.
Gracias por todo, e nos vemos nos vindeiros eventos. Un saúdo a todos e boas ondas.
Parabéns pelo evento! Numa data difícil par todos, juntar tantos kayaksurfistas é muito, muito bom ;)
ResponderEliminar