14 oct. 2017

Mundial de Kayaksurf en Irlanda do Norte

Falta unha semana para o inicio do mundial en Irlanda do Norte e xa temos todo preparado para voar hasta Dublín e despois conducir pola esquerda un par de horas hasta chegar a Portrush,


Vamos con unha semana por diante antes de que empece a competición para ir collendo a temperatura da auga, estes días aquí temos a auga rondando os 18ºC pero en Portrush non pasa de 13ºC.

De Galicia viaxamos José M. Bouzamayor, Víctor Ansedes e eu mesmo, somos poucos competidores galegos pero acompañantes levamos bastantes máis, en total fixemos un grupo de 14, pequerrechos incluidos, moitos máis que en algunha quedada das que facemos por aquí !

A equipación do Team Galicia está patrocinada por Orixen e Watertech Surf Machines

Para ver o programa, relación de inscritos e noticias do evento visitar a web oficial:


Aló imos !!


6 oct. 2017

Oferta Watertech Surf Machines

Interesante oferta para todos os modelos de Watertech Surf Machines, 225 € de desconto para pedidos hasta o 31 de novembro, a única condición para aproveitar a oferta é recoller o kayak directamente da fábrica.


Consulta aquí a web de W:

Contacto: watertechsurfmachines@gmail.com