29 oct 2012

CNKW 2012 - III Etapa Peniche - Resultados

Última etapa do circuito portugués en Peniche e terceira da Copa Ibérica, en esta ocasión con organización compartida a cargo do Peniche Surf Clube e o Figueira Kayak Clube
Esta vez as condicións de mar foron moito mellores que na proba do mes de Maio que tamén fora en Peniche.

Os dous galegos que viaxamos a Peniche conseguimos resultados caralludos, por encima do que esperabamos creo eu.
Iván sacou un segundo posto en Kayaksurf IC por diante de Bruno Melo, Miguel Carvalho e compañía, e o só leva 5 meses co IC.
Pola miña parte eu conseguín un primeiro posto en Kayaksurf HP.

Galicia Calidade !!

Final Kayaksurf HP:
1.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Bruno Melo
3.- Miguel Carvalho
4.- Paulo Simoes

Final Kayaksurf IC:
1.- Paulo Simoes
2.- Iván Pena
3.- Rui Calado
4.- Bruno Melo

Final Waveski:
1.- Bruno Melo
2.- Miguel Carvalho
3.- Rui Calado
4.- Hugo Paz

Final Sit on Top:
1.- Eurico Viana
2.- José Forte
3.- Gonçalo Marçalo
4.- Francisco Carvalho

Best Wave:
Bruno Melo

Fotos de José M. Oliveira e Sousa:
Pinchar para acceder ao album

e fotos de Pedro Carvalho:

Mentras esperamos pola edición de vídeos xa temos o primeiro de Joao Vaz
 

Polo demáis teño que decir o de sempre, gran ambiente e gran acollida dos amigos portugueses.

15 oct 2012

Club Razo Kayaksurf

A principios de 2012 naceu o Club Razo Kayaksurf, un grupo de seis elementos unidos pola mesma pasión: o mar, as olas, as piraguas ... e o "terceiro tempo" no Cordobés, imos a ver quenes son os rapaces:

Pablo Periscal
Sept. 74
Barco: Mega Phantom
"Si vos entrades eu tamén"

Jose Piñeiro
Abril 69
Barco: Random Evolution
"¿Pedras?, ¿qué pedras?"

Manuel Andrade
Xuño 68
Barco: Mega Scarab
"Hmm ... no lo veo claro"

Luis Veira
Maio 64
Barco: Mega Boost
"Cando chegará o sábado"

Rubén Añón
Abril 76
Barco: Mega Neutron RV
"Vouvos papar"

Chisco Fraga Piñeiro
Marzo 72
Barco: Mega Reflex
"Hoy no voy"

Headquater: Praia de Razo

O máis novo de todos nos empezou a ir a escola fai 30 anos nada menos, máis de un xa é papá e algún vai a selo en breve, outros peinan canas, hai quen non peina nada e hai quen vai en proceso de, incluso algún xa casi cotizou o suficiente para cobrar a pensión de xubilación, .... pero aínda así parecemos nenos pequenos cada vez que chegamos a praia e sabemos que durante as dúas ou tres horas seguintes estaremos facendo o que máis nos gusta, ... disfrutar do mar !!
... y que sea por muchos años.

Contacto: razokayaksurf@yahoo.es