27 ene. 2015

Santa Cruz Paddlefest 2015

A primeira gran proba internacional do 2015 será en Steamer Lane, Santa Cruz, CA, un dos lugares míticos do kayaksurf.

Despois das 28 primeiras edicións co tamén mítico Dennis Judson ao frente da organización este ano será outra xente a que colla o relevo e continúe co traballo que el e o seu equipo fixeron hasta agora.


Na edición de 2012 tiven a sorte de poder participar en Steamer Lane e a sensación de estar alí foi única. Quedei con gañas de voltar tan pronto teña oportunidade, ainda que vai a ser difícil e nada barato pero sarna con gusto non pica, ... e si pica que pique, que total non imos levar nada con nós.

Vídeo 2012


Steamer Lane


6 ene. 2015

Mr. Big Wave

Alejo Pacheco o surfista das grandes ondas do Caribe tivo un pequeno percance cando non negociou ben un deses tremendos tombos cos que só el se atreve en Salsa Brava, Costa Rica.

Polo que el mesmo conta o golpe foi cousa fina e o barco parteu pola metade, tamén a pala, e só o asento quedou pegado ao seu cu amarrado polo cinto:

"El Caribe a tenido muy buenas olas desde el 26 de Diciembre hasta ahorita y sigue el oleaje no se cuanto tiempo, pero hoy Salsa me paso la factura, no le sali a una ola y me me comio el lip , me hizo pasado y primera vez desde que corro olas que me parte el kayak en dos pedasos y el remo, todo junto, por dicha doy gracias a Dios que no me paso nada, y gracias a Romain y Santiago por ayudarme a salir con todo esos pedasos....."
"... se partio el remo y el kayak a la misma vez, baje la ola muy tarde y cuando vi adelante venia un tubote corregi la linea y me hizo pasado , cai con el lip encima, fue un buen vuelo.... Salsa tiene poder definitivo."
" ... quedo pegado a mis nalgas el asiento..... Lo unico que te digo tuqui es que hubo buena adrenalina, lastima que no le sali a esa ola, hubiera sido el tubo del año, aunque he tenido muy buenos."




Alejo é especialista en grandes ondas e tubos imposibles, hai suficientes fotos e vídeos que o acreditan.
Esta é unha das fotos que máis me gustan de Alejo, unha dropada de medo:


A vara de medir de Alejo ten unha escala un tanto particular, xa que el a estes tombos de máis de 3 m chámalles "olitas".


1 ene. 2015

Calendario 2015

Este ano o calendario está saíndo máis cedo que nunca e xa hai datas para tódalas probas importantes da temporada 2015.
Ademáis da proba estrela da temporada, o Mundial de Pantín, do que xa se anunciaron as datas hai algún tempo, tamén sairon os calendarios de Portugal e Euskadi.




A todas vai a ser imposible pero intentaremos ir a cantas podamos, o Mundial ten preferencia sobre todas as demáis, e outras como Mundaka, Peniche, Figueira da Foz ou Zarautz tamén están entre as favoritas.