30 sept. 2014

Figueira da Foz - Resultados

En Figueria remataba a xira portuguesa para este ano, os resultados deportivos non foron para tirar foguetes pero por todo o demáis a nota é de notable alto.


Representación galega bastante amplia, aínda que superada ampliamente polos vascos en número de participantes e sobre todo en resultados.

Clasificacións:

Kayaksurf HP
1.- Julen Seco
2.- Edu Etxeberría
3.- Odei Etxeberría
4.- Hodei Crujeiras

Kayaksurf IC
1.- Xabi Olano
2.- Gorka Martín
3.- Iván Pena
4.- Henrique Frazão

Waveski
1.- Odei Etxeberría
2.- Edu Etxeberría
3.- Hodei Crujeiras
4.- Daniel Pérez

SOT
1.- Bruno Melo
2.- Diogo Melo
3.- Gil Melo
4.- Carlos Dionísio

Kayaksurf HP Junior
1.- Odei Etxeberría
2.- Gorka Martín
3.- Hodei Crujeiras
4.- Olatz Garmendia

Kayaksurf IC Junior
1.- Gorka Martín
2.- Olatz Garmendia

Waveski Junior
1.- Odei Etxeberría
2.- Hodei Crujeiras
3.- Diogo Melo
4.- Gil Melo

Best Wave Trofeo Kayaksurf.net
Odei Etxeberría 

Juan Teijeiro

Rubén Añón

Dani Pérez

Xanti Ubera

Jose Piñeiro

Jon Aguirre

Iván Pena

Xabi Olano

Txema Carreto

Carlos Dionisio

Edu Etxeberría


Máis fotos AQUÍ

E máis de Paulo Jesús AQUÍ


25 sept. 2014

Figueira da Foz - C.I. 2014

Finalmente somos tres os elementos do Club Razo Kayaksurf que estaremos este finde en Figueira da Foz.


Juan Teijeiro, Rubén Añón e eu mesmo viaxaremos a Portugal para competir na terceira proba da Copa Ibérica 2014.
Ademáis de nós tamén irán a Figueira máis compañeiros de outros clubes de Galicia como Iván Pena, Dani Pérez e Roberto Barbakana Díaz.

Previsón de mar do noroeste un pouco pequeno, aínda que co período elevado (12) e a asuencia de vento e posible que entre un bonito swell, ademáis espéranse temperaturas arredor dos 20 ºC  ... parece que podemos ter un bo finde !!


... a chuvia non conta, se chove que chova.

23 sept. 2014

RPF en Brasil

A marca figueirense do Leitinho continúa a cruzar fronteiras, agora chega ao Brasil da man de Bruno GF.

 

Quedada KS+WS+SUP

Onte tivemos unha boa xornada facendo o que nos gusta en Razo e Baldaio.
Pola mañán kayaksurf e waveski en Baldaio, sol radiante e mar perfecto para este tipo de xuntanzas.
Despois en Razo comida no cordobés e pola tarde SUP remando enriba das pedras do Teirón.


Estrenamos a nova equipación do Club Razo Kayaksurf que nos fixo Dani, coa súa propia marca Orixen


Algunhas fotos feitas por Uxía:

Luis

Manuel

Joaquín

Ver o album completo de fotos AQUÍ

18 sept. 2014

Copa Ibérica 2014 - Ranking provisional

Despois das primeiras dúas probas o ranking provisional na categoría HP da Copa Ibérica 2014 está encabezado como era de esperar polos vascos, a falta de outras dúas probas o máis probable é que a cousa siga sendo así.


A partir dos primeiros tres postos a loita está un pouco máis aberta, eu con seguir de 5º xa me conformo.

Máis info en Kayaksurf.net

12 sept. 2014

Figueira da Foz - 3ª Etapa Copa Ibérica 2014

En breve toca volver a Portugal para participar na 3ª proba da Copa Ibérica e 4ª do Circuito Magicam 2014. Xa son moitas as veces que viaxei a Figueira e sempre é unha viaxe que fago con gusto, aínda que a verdade é que con gusto vou a calquera que sexa o destino, pois máis lonxe ou máis perto penso que o importante é ir, ... para non ir sempre hai tempo.


A proba está programada para os días 27 e 28 de setembro na praia do Cabedelo.


A falta de confirmar a participación de outros compañeiros o Club Razo Kayaksurf  terá polo menos un representante en Portugal, pero espero que algún compi máis se anime a vixar a Figueira ;)