A participación foi numerosa en tódalas categorías, e a organización correu exitosamente a cargo do Figueira Kayak Clube.
O sábado as condicións non foron boas, con vento durante todo o día e mar pequeno e algo desordenado.
Disputáronse as primeiras rondas de clasificación para as categorías de Sit On Top (Trofeo RPF), Waveski e Kayaksurf HP.
Tanto no Trofeo RPF como na categoría HP conseguín clasificarme para as seguintes rondas a disputar o domingo.
Acabamos o día no restaurante "Barriga Cheia", e saímos idem.
O domingo comenzamos moito mellor, con un día de sol, sen vento e mar calmo pero con boas ondas. Según avanzaba o día o vento subeu de intensidade e tamén a forza do mar.
Continuou así a competición coas últimas rondas de clasificación para definir as semifinais das tres categorías e finalmente disputáronse as tres finais, coincidindo o mellor momento de mar coas finais de waveski e HP, con potentes ondas de dereitas e esquerdas de 1,5 m.
André Pinto
Bruno Melo
Pedro Castro
José Ratinho
Hugo Paz
Francisco Saraiba
Filipe Bras
Miguel Carvalho
Joao Pacheco (Foto Joaquim Marinho)
Jose Piñeiro (Foto Joaquim Marinho)As clasificacións finais quedaron así:
Trofeo RPF (Sit On Top):
1º Hugo Paz
2º Filipe Bras
3º José Morais Ratinho
4º José Forte
Waveski:
1º Bruno Melo
2º Francisco Saraiba
3º Filipe Bras
4º Pedro Castro
Kayaksurf HP:
1º Bruno Melo
2º Miguel Carvalho
3º André Pinto
4º Pedro Castro
Nas dúas categorías nas que eu participei fun eliminado en semifinais, ocupando finalmente o 5º lugar en ambas clasificacións, tanto na clase Sit On Top como na clase HP.
A familia Melo, Bruno, Diogo e Gil, cos trofeos do campión HP e Waveski
E con esta xa van tres visitas a Portugal no ano 2010, primeiro foi a Kayaksurf Session, despois o Ocean Spirit e agora o CNKW Figueira ... ¡¡¡ Viva Portugal !!!
Vídeos próximamente.
Máis información en:
Kayaksurf.net
Figueira Kayak Clube
Máis fotos de Joaquím Marinho aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario