30 dic. 2013

Resumen 2013

Finalizado o ano imos a repasar como foi.

Spots:
Galicia: Razo, Baldaio, Nemiña, Vilarrube, Bastiagueiro, Pantín, O Pedrido.
Euskadi: Mundaka.
Portugal: Supertubos-Peniche, Baleal-Peniche, Praia do Navio-Santa Cruz, Praia do Hospital-Figueira da Foz

Horas de surf: 115

Competicións e resultados en Kayaksurf HP:
XI Mundaka Txapelketa: Open, Master
Copa Ibérica Peniche: 4º Open
Copa Ibérica Santa Cruz Ocean Spirit: Open
Copa Ibérica Xtreme Pantín: Open
CNKW Figueira da Foz: Open
Copa Ibérica Bastiaguerio: Open, Master
Ranking Copa Ibérica: Open, Master

Peniche (foto Dani)

Destacable o mes de Outubro e sobre todo Marzo polas excelentes sesións que tivemos en Razo, por exemplo este man a man entre Rubén e eu:


O balance xeral é bastante bo tendo en conta que a finais do 2012 naceu o pequeno Mauro e aínda así o tempo adicado ao kayaksurf é certo que sufríu algún recorte pero nada parecido ao que se podía esperar con un pequerrecho recién chegado a casa, ... gracias mami.

Resumen 2012
Resumen 2011

FELIZ 2014 !!

29 dic. 2013

Cabeceiras 2013

Durante todo o ano foron moitas e moi boas as fotos que tivemos ocasión de ver en redes sociais e en outros portais de kayaksurf e waveski.
Estas son as fotos que durante o 2013 ocuparon a cabeceira do blog.
Gracias a tódolos fotógrafos que están ahí no momento preciso.

20 dic. 2013

Moito "power"

Parece que non podremos acabar o ano cunha boa sesión, ao peor nin siquera cunha pobre sesión.  As previsións son de maretón e de ahí para arriba.

Modelo numérico de predicción de altura de ondas de Meteogalicia:


E na seguinte captura de Windguru vemos que 3.8 m con período de 14 é o máis pequeno que se espera na praia de Razo nos seguintes sete días !!


Hoxe pola tarde en Riazor-Orzán a cousa estaba así de brava



Así que só nos queda esperar que Neptuno levante o pé e o 2014 empece algo máis suave.

10 dic. 2013

Pantín Surfkayaking World Championships 2015

BREAKING NEWS !!! ... NOTICIÓN !!!
A Asociación Mundial de Kayaksurf acaba de confirmar que o próximo Mundial de Kayaksurf 2015 será en Pantín !!!



A WSKA non pasou por alto o excelente traballo de Iván Pena e Daniel Pérez ao frente da organización nas dúas primeiras edicións do Xtreme Pantín, e despois de descartar outras candidaturas finalmente decidíu que sexa Pantín a sede do Mundial 2015.

Gran noticia para o kayaksurf galego, podremos disfrutar ao lado da casa dun evento de luxo, os mellores do mundo virán a Pantín e teremos a oportunidade de surfear e aprender con eles durante toda unha semana.

A oportunidade é única e por diante temos casi dous anos para poñernos as pilas ... Al tomate !!.

https://www.facebook.com/worldsurfkayakassociation


3 dic. 2013

Ranking Copa Ibérica 2013

Despois das catro probas disputadas (Peniche e Santa Cruz Ocean Spirit en Portugal, Xtreme Pantín e Ice Waves Bastiaguerio en Galicia) xa temos os nomes dos vencedores en cada categoría.



Nesta segunda edición da Copa Ibérica ningún dos anteriores campións conseguíu revalidar o título, e a competencia foi moito máis forte que no ano anterior debido sobre todo a participación do equipo de Euskadi, actuais campións do mundo.
A representación galega obtivo bos resultados con dúas victorias parciais, Dani Pérez en Peniche e eu en Santa Cruz, e nas clasificacións finais Iván Pena termina 4º en Kayaksurf IC e repite o resultado de 2012, Dani Peréz remonta de 3º a 1º en Waveski, tamén en Waveski clasifica 3º Javier Blanco, e eu mantéñome no podium baixando de 2º a 3º en kayaksurf HP e consigo a mellor clasificación en Master.




Consultar máis info en Kayaksurf.net

A ver si en 2014 conseguimos manter o nivel.