22 may. 2014

CNKW 2014 - Peniche

Segunda turné a la vista. Casi recién chegado da primeira viaxe da temporada a Mundaka xa hai que ir preparando a seguinte, que será a próxima semana con destino en Peniche.


Alí comenzará o circuito portugués de kayaksurf e waveski (CNKW) os días 31 de Maio e 1 de Xuño, ca primeira etapa de un total de catro.


Representando ao Club Razo Kayaksurf estaremos en Peniche:
Alex Moure 

Jose Piñeiro

Vídeo promo:

20 may. 2014

Mundaka 2014 - Resultados

Como era de esperar o mar non axudou moito, en Mundaka o platazo foi total e a proba desprazouse a Bakio, alí tampouco foi para tirar foguetes pero polo menos entraba mar suficiente como para manter o programa.


As pobres previsións fixeron que as inscripcións se resentisen notablemente, aínda así a participación rondou os 40 deportistas chegados de Francia, Inglaterra, Irlanda, Gales, Galicia e por suposto os vascos que foron maioría. Varios campións do mundo competiron na proba e como tamén era de esperar foron eles os que venceron nas categorías máis importantes.

Resultados das finais:
Open HP
1.- Tim Thomas
2.- Chris Hobson
3.- Edu Etxeberría
4.- Xabi Olano


Open IC
1.- Edu Etxeberría
2.- Tim Thomas
3.- Chris Hobson
4.- Julen Arrizabalaga


Master HP
1.- Dani Lacambra
2.- Marc Woolward
3.- Luis Abando
4.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)


Master IC
1.- Oskar Martínez
2.- Luis Abando
3.- Jon Aldatz
4.- Mikel Caballero


Women HP
1.- Ainhoa Tolosa
2.- Teresa Carranza
3.- Olatz Garmendia
4.- Enara Ibarburu


Women IC
1.- Teresa Carranza
2.- Enara Ibarburu
3.- Ainhoa Tolosa
4.- Olatz Garmendia



Junior HP
1.- Oier Uruburu
2.- Odei Etxeberría
3.- Gorka Martín
4.- Imanol Mokry



Junior IC
1.- Odei Etxeberría
2.- Gorka Martín
3.- Oier Uruburu
4.- Hodei Crujeiras
5.- Mathew Lamont



Cadetes HP
1.- Gorka Martín
2.- Imanol Mokry

No que toca a miña participación hai que decir que non foi todo o ben que eu esperaba, en Open quedei eliminado as primeiras de cambio e en Master superei dúas rondas e conseguín meterme na final pero non fixen nada destacable como para quedar máis arriba do cuarto posto.
O mellor resultado para mín foi a entrega do trofeo que a organización concede cada ano na cea do sábado, esta vez fun eu o que o recibín como recoñecemento a miña asistencia continuada a Mundaka desde o ano 2009, esto xa me sirve para volver outros tantos anos máis, ... algo que de todas formas xa tiña pensado facer jeje.


Para resumir, exceptuando o estado do mar, do que ninguén ten culpa, todo o demáis foi de nota alta, moito sol durante todo o finde, moita xente na praia, gran ambiente entre os participantes e boa organización.

Tamén houbo oportunidade de probar o flyboard, un dos afortunados foi Ibón.


Fotos de Bakio.com AQUÍ

14 may. 2014

Mundaka 2014

Xa está ahí a XII Mundaka Txapelketa, será este finde e as previsións non son moi boas, espérase un mar moi pequeno que non vai ir máis alá de 1 m, esto fará que seguramente a proba se desplace a Bakio, pero non o sabremos hasta o mesmo día de inicio da proba.


Sexa como sexa hai que tomalo con optimismo e intentar aproveitar o que veña. Suele pasar moitas veces que cando está programada unha competición as condicións son boas xusto antes ou despois das datas escollidas e non tan boas precisamente os días da proba, pero iso tamén forma parte da competición, saber adaptarse a todo tipo de mar, sexa grande ou pequeno, ordenado ou desordenado, glass ou roto, por eso é importante entrenar durante todo o ano en condicións de mar moi diversas de maneira que cando chega o tempo das competicións non nos atopemos con algo que nos resulte descoñecido.

Como sempre haberá participación internacional en Mundaka, está rexistrada a inscripción de varios británicos, entre eles o campión do mundo Chris Hobson, e tamén o brasileiro Mauricio Borsari, abonado a Mundaka desde fai moitos anos. Non faltarán os tamén campións do mundo locais como Edu Etxeberría ou Urko Otxoa. Pola miña parte esta será a sexta vez que participo desde que en 2009 quedei enganchado a esta proba.

Por outro lado este ano a proba ten o aliciente de que é puntuable para a Copa do Mundo, xunto con outras tres probas máis (Santa Cruz Paddle Fest, Ocean Spirit e Cornish)