14 may 2014

Mundaka 2014

Xa está ahí a XII Mundaka Txapelketa, será este finde e as previsións non son moi boas, espérase un mar moi pequeno que non vai ir máis alá de 1 m, esto fará que seguramente a proba se desplace a Bakio, pero non o sabremos hasta o mesmo día de inicio da proba.


Sexa como sexa hai que tomalo con optimismo e intentar aproveitar o que veña. Suele pasar moitas veces que cando está programada unha competición as condicións son boas xusto antes ou despois das datas escollidas e non tan boas precisamente os días da proba, pero iso tamén forma parte da competición, saber adaptarse a todo tipo de mar, sexa grande ou pequeno, ordenado ou desordenado, glass ou roto, por eso é importante entrenar durante todo o ano en condicións de mar moi diversas de maneira que cando chega o tempo das competicións non nos atopemos con algo que nos resulte descoñecido.

Como sempre haberá participación internacional en Mundaka, está rexistrada a inscripción de varios británicos, entre eles o campión do mundo Chris Hobson, e tamén o brasileiro Mauricio Borsari, abonado a Mundaka desde fai moitos anos. Non faltarán os tamén campións do mundo locais como Edu Etxeberría ou Urko Otxoa. Pola miña parte esta será a sexta vez que participo desde que en 2009 quedei enganchado a esta proba.

Por outro lado este ano a proba ten o aliciente de que é puntuable para a Copa do Mundo, xunto con outras tres probas máis (Santa Cruz Paddle Fest, Ocean Spirit e Cornish)



No hay comentarios:

Publicar un comentario