Falta xusto un mes para a proba de Pantín e, a parte dos surfistas locais, xa hai uns cuantos craks que confirmaron a súa participación na que seguramente será a mellor proba de kayaksurf e waveski celebrada hasta o momento en Galicia.
De momento sabemos que virán nada máis e nada menos que Edu Etxeberría (Euskadi), Chris Hobson (Irlanda), Mathieu Babarit (Francia), Alejo Pacheco (Costa Rica), Marc Woolward (Inglaterra), Stefano Bellotti (Italia), ...
As inscripcións (www.xtremepantin.es) aínda non están pechadas e é seguro que a presencia de toda esta xente ataerá a moitos máis participantes.
Será unha boa oportunidade para todos os surfistas locais de disfrutar e aprender ao lado de varios campións mundiais, e a só uns minutos da casa.
Por suposto o Club Razo Kayaksurf estará ao completo en Pantín, a ocasión meréceo.
Parabéns a Daniel e Iván polo que se presume será todo un éxito.
24 jul 2012
17 jul 2012
Neptuno is back
O símbolo do Ocean Spirit xa está en posición na Praia do Mirante, en Santa Cruz.
En dez días dará comenzo a sexta edición do Ocean Spirit, e esta vez o formato de competición da Kayaksurf Cup será algo diferente do que viña sendo hasta agora.
Será algo parecido a unha liga de regularidade en lugar das mangas clasificatorias. Haberá entrada cada día, de luns a sábado, para cada un dos competidores en heats de 30 min. e o domingo 5 de agosto serán as finais.
Este sistema asegura que compites como mínimo seis días seguidos e evita que podas quedar fora o primeiro día, o cal para os que viaxan desde lonxe é un punto a favor, pois facer 500 ou 1.000 km como fai algunha xente para ao mellor só 15 min. é un pouco frustrante, ademáis de caro.
Ademais da Kayaksurf Cup disputarase o Waterman Wanted proba combinada que valorará o atleta máis completo no dominio de varias modalidades diferentes (Stand Up Paddle, Surf, Longboard, Kayaksurf, Waveski, Windsurf, Kitesurf e Bodyboard)

3 jul 2012
Santa Cruz Ocean Spirit 2012
Xa está aquí unha nova edición do Ocean Spirit de Santa Cruz, do 27 de Xullo ao 5 de Agosto.
Igual que nas anteriores edicións, desde 2007, durante dez días terán cabida tódolos deportes de ondas (surf, kitesurf, longboard, waveski, kayaksurf, skimboard, windsurf, sup, bodyboard).
O primerio fin de semana disputarase a II Proba do CNKW, e a proba internacioanl de kayaksurf empezará o luns día 30 e rematará o domingo 5, cando serán as finais de tódalas modalidades.
Calendario completo do evento:
A Aldea Neptuno estará ao borde da marea, con todo o necesario para o disfrute dos participantes e acompañantes, palcos de xuíces, piscina (con aulas gratuitas para principiantes), baretos e chiringuitos, tendas, duchas, parque cerrado de embarcacións, o palco de concertos, etc., e terá unha implantación na praia máis ou menos así:
Vídeo presentación do Ocean Spirit 2011
Máis información na web do Ocean Spirit:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)