29 mar. 2010

SCKSF 2010 - Resultados

Rematou en Santa Cruz, CA, a 24ª edición do Santa Cruz Kayaksurf Festival.
Esta é a clasificación final:

HP Masculino
  1. Galen Licht
  2. Christopher Hobson
  3. Stephen Farthing
  4. Dave Johnston
  5. Jim Grossman
  6. Andrew Nolan
  7. Darren Bason
  8. Vince Shay
  9. Jeff Burlingham
  10. Sean Morley
HP Feminimo
  1. Rachel Krugman
  2. Devon Barker
  3. Roberta Borsari
  4. Jameson Riser
Master Open
  1. Ken King
  2. Dave Johnston
  3. Dan Crandall
  4. Steve Hiegel
  5. Edward King
  6. Matt Radis
  7. William St.Clair
  8. Dick Wold
  9. Wayne Waddington
  10. Rick Starr
IC Masculino
  1. Darren Bason
  2. Dessie McGlinchey
  3. Sean Morley
  4. Christopher Hobson
  5. Jim Grossman
  6. Buck Johnson
  7. Dan Crandall
  8. Geoff Jennings
  9. Eric Connor
  10. Rick Starr
IC Feminino
  1. Devon Barker
  2. Morlee Griswold
  3. Jameson Riser
  4. Kristie Koski
Wave Ski Open
  1. Fletcher Burton
  2. Mathieu Babarit
  3. David Speller
  4. Tyler Lausten
  5. Stephen Farthing
  6. Jeff Munson
  7. Caroline Angibaud
  8. Ken King
  9. Edward King
  10. Graham Meese



Fotos de Sean Watson
De scksf10 sean


De scksf10 sean


De scksf10 sean


De scksf10 sean




Ver clasificación oficial na web de Ausodit:
http://www.asudoit.com/kayak_fest/results.html

27 mar. 2010

¡¡¡ ME CAGO EN TODO !!!

O titular non é moi bonito, pero máis feo aínda é ver como a só dous días de coller o avión rumbo a California todo o plan "se va a la mierda" por motivos que non quero recordar agora.

Non queda máis remedio que conformarme con ver os vídeos e fotos do que está pasando en Santa Cruz.

Pero todo o que se empeza hai que acabalo, e non sei cando será ... no 2.011, 2.012, 2.015 ou 2.025 pero sexa cando sexa terei que acabar o que empecei este ano e surfear no SCKSF, en Steamer Lane.

De momento estas son as primeiras fotos (clase IC) do SCKSF 2010

Fotos Ming


Fotos Sean Watson

12 mar. 2010

Entreno CKSG, 13 e 14 de Marzo, Bastiagueiro.

Javi Díaz, presidente do Club Kayaksurf Galicia convócanos para o entreno de este fin de semana, 13 e 14 de marzo, na praia de Bastiagueiro.

O entreno está aberto para todos aqueles que quieran participar, sexan ou non integrantes do clube.

Máis información en www.kayaksurfgalicia.com


Ver calendario 2.010:


8 mar. 2010

Nordés

Pouco mar e mal feito, é o que ten o nordés, días así non dan para moito pero polo menos mollamos.

4 mar. 2010

Mala noticia

David Castro "O Panadeiro", do clube Teixugos de Tomiño, faleceu o martes nun fatal accidente descendendo o río Vez, en Portugal.

Esta é a nota de prensa publicada pola Federación Galega de Piragüismo:
http://www.fegapi.org/fgp/arquivos-upload/novidades/2010/f1t2010n56.pdf

Precisamente a semana pasada publiquei aquí un anuncio dun curso de seguridade e rescate en río.
Sobre todo para os piragüistas non expertos, non era o caso de David, é imprescindible ter un mínimo de formación en seguridade e rescate para salvar con éxito situacións comprometidas que se poden dar en calquera momento.

No kayaksurf non debemos tampouco esquecer os riscos que implica a práctica deste deporte.
É fundamental dominar perfectamente a técnica da esquimotaxe, saber remolcar a un compañeiro e o seu kayak hasta a beira, debemos evitar surfear en zonas de rochas, saber recoñecer as correntes e as zonas donde as ondas rompen de maneira fea, manter a calma en momentos de apuro, e sobre todo non esquecer nunca que o mar sempre pode máis que nós.