5 jun 2011

II Open Kayaksurf & Waveski Razo 2011 - Resultados

Rematou con éxito o II Open Kayaksurf e Waveski Razo 2011, proba valedeira tamén para o Campionato Galego e Copa de España.


Como sempre o máis destacable foi o bo ambiente entre todos os participantes e acompañantes, algo que está por encima da propia competición e que seguiremos intentando que non se perda en futuras edicións.

Desde o Club Kayaksurf Galicia queremos agradecer a presencia en Razo de todos os deportistas que responderon a nosa invitación como son toda a "malta" portuguesa (Watertech e RPF), os amigos de Euskadi e por suposto a xente de aquí.

A proba estaba programada para disputarse en dous días pero as condicións do mar o sábado non era as máis desexables e as previsións para o domingo tampouco eran as mellores, polo que decidimos liquidar o evento na xornada do sábado.

Estes foron os resultados finais:

Open Kayaksurf
1º Miguel Carvalho
2º Bruno Melo
3º Manuel Andrade
4º Pedro Castro

Open Waveski
1º Bruno Melo
2º Mikel Landa
3º Beñat Elorza
4º Pedro Castro

Copa España Kayaksurf
1º Manuel Andrade
2º Joaquín Rivas
3º Marco González
4º Iván Pena

Copa de España Waveski
1º Mikel Landa
2º Beñat Elorza
3º Alex Moure
4º Daniel Pérez

Campionato Galego Kayaksurf
1º Manuel Andrade
2º Joaquín Rivas
3º Marco González
4º Iván Pena

Campionato Galego Waveski
1º Alex Moure
2º Daniel Pérez
3º Joaquín Rivas
4º Xoel Molejón

Mellor onda
Bruno Melo




O gran speaker Rubén Añón

Especialmente agradecemos a colaboración dos xuíces Manu e Juan, Art Surf Camp, Teirón, Kayaksurf.net, RPF Kayaks, Silfocamps.com, Concello de Carballo, Federación Galega de Piragüismo e Bar O Cordobés.

Máis fotos de Manuel Andrade AQUÍ

Vídeo de Daniel Pérez

No hay comentarios:

Publicar un comentario