31 dic. 2015

Resumen 2015

Acaba o ano e chega o resumen:

Spots:
Galicia: Razo, Baldaio, Pedra do Sal, Beo, Vilarrube, Pantín.
Euskadi: Mundaka, Zurriola.
Portugal: Cabedelo-Figueira da Foz.
Francia: Hendaya.

Horas de surf: 65

Competicións e resultados en Kayaksurf HP:
XIII Mundaka Txapelketa: Eliminado 1ª ronda Open,  Master
Mundial Kayaksurf Pantín: 33º Open, 7º Master
Copa Ibérica Figueira da Foz: Eliminado 1ª ronda Open
Copa Ibérica Zurriola: Eliminado 1ª ronda Open

Vendo os resultados non foi un gran ano, e a pesar de ter un mundial aquí, as horas de mar tampouco foron moitas, a ver si en 2016 a cousa mellora.



Resumen 2014
Resumen 2013
Resumen 2012
Resumen 2011


FELÍZ 2016 !!

23 oct. 2015

2015 en barrena

Baixonazo de entradas no blog este ano. Por "haches" ou por "bes" o caso é que estou gastando pouca tinta, aínda faltan por colgar algunhas entradas que teño pendientes do Mundial de Pantín pero xa se ve que a cousa está moi parada.


A dous meses vista o ritmo de entradas non vai mellorar (por "haches" ou por "bes") así que esperemos que en 2016 volvamos al tomate.

6 oct. 2015

Zurriolako Kopa - Copa Ibérica 2015

Este finde temos outra viaxe para a segunda etapa da Copa Ibérica, na praia de Zurriola en Donostia.


Como sempre que participa o equipo vasco o nivel na modalidade de kayaksurf é top, pero ademáis esta vez dada a proximidade con Francia tamén en waveski haberá unha inscripción de luxo.

Do Club Razo Kayaksurf repetimos os mesmos que estivemos en Figueira da Foz hai uns días, Alex, Bouza e eu.


Tamén outros compañeiros galegos como Dani Pérez ou Fiz Frenández estarán en Zurriola.

Vídeo promo con imaxes da proba de 2014.

29 sept. 2015

Figueira da Foz - Copa Ibérica 2015

Primeira etapa da Copa Ibérica en Figueira da Foz, resultado malo malo malo malísimo, eliminado en primeira ronda sin rascar bola, creo que foi a peor manga que fixen desde que me dedico a esta vida de perroflauta, foron 20 min. para enmarcar e colgar na parede das cagadas.

Todo o demáis perfecto.

Fotos de Filipe Brás:
Edu Etxeberría

Xabi Olano

Alberto Miguel

Edu Espinosa

Fotos de Juca Bras:
Dani Pérez

Odei Etxeberría

Fotos de Nuno Patrício:
Gorka Martín

Txema Carreto

Fotos de Paulo Jesús:
Yon Aguirre

Henrique Frazao

Resultados:

Como sempre dominio total dos vascos.

Máis info en Kayaksurf.net

25 sept. 2015

Copa Ibérica 2015 - Figueira da Foz

Pois despois de tres meses sin tocar tecla xa vai sendo hora de volver a funcionar.

Este finde hai viaxe a Portugal para participar na primeira etapa da Copa Ibérica 2015, este ano só serán dúas probas, a segunda será en Euskadi.


A previsión de mar non é mala, ainda que para meu gusto sería mellor con medio metriño máis.


Do Club Razo Kayaksurf estaremos en Figueira Alex, Bouza e eu.


En breve seguirei actualizando o blog con info do mundial de Pantín, hai centos de fotos por revisar e editar.

19 jun. 2015

Inscritos - Worlds Pantín 2015

Inscripción de luxo para o mundial de Pantín, máis de 100 inscritos e entre eles moitos campións do mundo (Edu Etxeberría, Chris Hobson, Darren Bason, etc.). Virá xente procedente todo o mundo, de países tan dispares con Canada ou Australia, de moitas partes de Europa, e tamén de moi cerca como Euskadi ou Portugal, e por suposto de Galicia.


Listaxe completa de inscritos AQUÍ


8 jun. 2015

Club Razo Kayaksurf - Worlds Pantín 2015

Xa estamos a menos de un mes para que comence o mundial e pouco a pouco empezamos a coñecer quén virá a Pantín.

Por parte do Club Razo Kayaksurf participaremos no mundial Juan Teijeiro, Manuel Andrade, Joaquín Rivas, José M. Bouzamayor e eu.
Para Manuel e para mín será a segunda vez que participemos en un mundial, a primeira foi en Portugal 2009, alí os resultados foron malos, a la par que merecidos porque pouco máis sabiamos facer que un recto.
Seis anos despois algo máis sabemos facer pero os resultados pode que non vaian a ser moito mellores, lo veremos, ... pero como xa dixen outras veces iso non é o máis importante.


Ademáis da competición individual tamén formaremos parte do Equipo Galicia xunto con compañeiros de outros clubs de Ferrol e As Pontes.


29 may. 2015

Galicia Kayaksurf Team - Worlds Pantín 2015

Por fin hai equipo para participar no Mundial de Pantín. Non resultou fácil pero finalmente a inscripción está feita.

O equipo componse de deportistas de varios clubes galegos como o Xuvenil de As Pontes, o Club Razo Kayaksurf e o Copacabana de Ferrol.


Exactamente dentro de un mes comenza a festa.


23 abr. 2015

Mundial Kayaksurf Pantín 2015 - Inscripcións

Xa se vai enchendo a listaxe de inscritos para o Mundial Kayaksurf Pantín 2015.
Falta aínda moita xente que confirmou a súa participación pero aínda non formalizou a inscripción, case tantos ou máis como os que xa o fixeron, polo que a listaxe definitaiva supoño que rondará os 100 inscritos, ... la bomba !


As inscripcións individuais e por equipos pódense facer AQUÍ

Entre os ilustres que virán a Pantín podemos destacar de momento a :









Listaxe provisional AQUÍ


21 abr. 2015

Mundaka XIII Kayaksurf Txapelketa - Resultados

A edición nº 13 non será recordada pola calidade das ondas, as de este ano foron as ondas máis pobres que recordo desde que fun a Mundaka por primeira vez en 2009.
Pero cando se fan centos de km para ir a unha competición, e por moi boas que sexan as ondas, seguramente o que queda no recordo son outras cousas.
De feito antes de sair para Euskadi xa sabiamos que non teriamos un gran swell nin moito menos, pero aínda así tiña que ir a Mundaka. Isto demostra que finalmente o obxetivo non é coller unhas bonitas ondas, senon disfrutar da viaxe, os compañeiros e amigos e o ambiente que rodea a cada proba, e si por riba diso hai dous metros glass entón xa é a rehostia.


As finais quedaron así:

Open HP
1.- Edu Etxeberría
2.- Alfonso de Juana
3.- Julen Seco
4.- Xabi Olano

Open IC
1.- Edu Etxeberría
2.- Xabi Olano
3.- Oskar Martínez
4.- Xanti Ubera

Chicas HP
1.- Enara Ibarburu
2.- Garazi Iturralde
3.- Iranzu Zorzabalbere
4.- Teresa Carranza

Chicas IC
1.- Enara Ibarburu
2.- Teresa Carranza
3.- Garazi Iturralde
4.- Olatz Garmendia

Junior HP
1.- Gorka Martín
2.- Odei Etxeberría
3.- Oier Uruburu
4.- Juan Oiarzabal

Junior IC
1.- Odei Etxeberría
2.- Oier Uruburu
3.- Gorka Martín
4.- Hodei Crujeiras

Master HP
1.- Txema Carreto
2.- Oskar Martínez
3.- José Piñeiro
4.- Luis Abando

Master IC
1.- Oskar Martínez
2.- Luis Abando
3.- Xanti Ubera

Eu trouxen outro podium, xa van catro consecutivos en Mundaka na categoría Master HP, esta vez quedei terceiro por detrás de Txema Carreto e Oskar Martínez.


En categoría Open, tamén por segunda vez consecutiva, sacudíronme na primeira manga.

Xa empecei a conta atrás para Mundaka 2016.

12 abr. 2015

Mundaka XIII Kayaksurf Txapelketa

Primeira saída do 2015 e séptima viaxe a Mundaka. A unha semana vista a previsión é de ondas de 1 m ou 1,5 como máximo, pero a cousa aínda pode cambiar. Si cambia a máis imos ter pal pelo.


O brasileiro Mauricio Borsari xa leva uns días en Mundaka, sempre é o primeiro en chegar, e colgou esta foto para poñernos os dentes largos.

Vídeo Mundaka 2013
  


31 mar. 2015

Bañazo

O último gran baño que recordo foi no mes de Outubro de 2014 en Razo. Despois pasamos unha mala racha, con días de vento, mar desordenado ou desfasado, incluso un parón de uns dous meses sin apenas mollarnos.

E por fín este finde encontramos o sitio e o momento adecuado, sobre todo Muanuel, Luis e Rubén porque eu gracias a un amago griposo só puden facer as fotos.

Manuel





Rubén





Luis






 Os tres afortunados

O que mellor o pasou de todos

Álbum completo no caralibro