28 sept. 2010

Open Internacional Kayaksurf Pantín

Os días 30 e 31 de Outubro e organizada polo Club Kayaksurf Galicia, disputarase na Praia de Pantín unha proba internacional de Kayaksurf, Waveski e Sit On Top.



Visualizar o mapa ampliado

A proba será válida para as seguintes competicións:
Copa España de Kayaksurf
Campionato Galego Kayaksurf
Open Internacional Kayaksurf

Programa da proba:
Sábado, 30 de Outubro
08:30 Reunión de xefes de equipo
09:00 Formalización de inscripcións
10:00 Comenzo da competición. Mangas clasificatorias
15:40 Octavos de final
18:00 Libre
21:00 Cea

Domingo, 31 de Outubro
09:00 Reunión de xefes de equipo
10:00 Cuartos de final
11:40 Semifinais
13:00 Final
13:45 Entrega de premios

A cuota de inscripción é de 30,00 €, que se fará efectiva no nº de conta que se facilitará vía e-mail a cada un dos inscritos.
As inscripcións nunha segunda categoría teñen un sobrecosto de 15,00 €.

A inscripción deberá facerse cumplimentando os campos que aparecen no seguiente enlace: www.kayaksurfgalicia.com

A data límite para facer inscripción e abono da cuota é o día 22 de Outubro.

A proba está apoiada por:
Federación Galega de Piragüismo
Real Federación Española de Piragüismo
Concello de Valdoviño
www.kayaksurfgalicia.com
Kayaksurf.net
Varada
Kirra
Escuela de Surf Pantín Classic
D.O.S. Island Style Surf Shop
Begano
Leder
Axiña Servicios Deportivos

22 sept. 2010

Neutron RV

O amigo Rubén ten desde hai pouco unha Neutron RV do trinque. Aproveitando que a miña Reflex está en "boxes" e que Rubén aínda está en recuperación dunha lesión muscular, fixen unha pequena sesión coa Neutron RV.


Ao contrario que o modelo antiguo esta é moito moito máis cómoda, a postura non é tan forzada e pódense facer sesións máis longas sen ter que sair a terra a mover as pernas. O respaldo tamén está máis alto o que axuda a que a espalda non sufra tanto, e para as pernas e pés hai espacio suficiente.


Surfeando é igual de boa que tódalas Mega, moi rápida e maniobrable. Sobre a Reflex ten a vantaxe de que non é tan cabrona, non é tan esixente é permite máis fallos nos xiros e nas baixadas.
Para mar grande creo que é perfecta.




Fotos e vídeo Rubén Añón.

17 sept. 2010

Quedada domingo 19 Setembro - Fragata

Finalmente a praia escollida para a quedada-xuntanza do domingo 19 de Setembro é a Praia da Fragata, en Covas, Ferrol.


Visualizar o mapa ampliado

As 10:00 estaremos na praia.
Si queredes quedar a comer contactade con Javi Díaz chamando ao nº 630745540 para confirmar a reserva.



CNKW Figueira 2010 - SOT e Waveski

15 sept. 2010

Quedada domingo 19 Setembro

A proba do Campionato Galego de Kayaksurf programada polo Club Val Miñor para o próximo fin de semana na praia de Patos definitivamente está suspendida. Según informa o propio clube a nova data podría ser no mes de Outubro.

Como alternativa para o fin de semana, o CKSG convoca unha quedada-xuntanza para todos os aficionados ao kayaksurf, sit on top e waveski, nunha praia aínda por determinar, pero vendo as previsións terá que ser abrigada do vento norte-nordeste.

O venres 17 publicaremos o lugar definitivo para reunirnos o domingo día 19, seguramente buscaremos unha praia da zona de Ferrol.

Aproveitaremos a ocasión para falar do que podríamos facer no que resta de ano, e tamén do calendario para o ano 2.011.

Estade atentos e non faltedes.


13 sept. 2010

CNKW Figueira 2010

A terceira proba do Campeonato Nacional Portugués de Kayaksurf e Waveski disputóuse finalmente na Praia da Cova, a praia da Tamargueira era o lugar programado pero alí o mar non quixo dar ondas.

A participación foi numerosa en tódalas categorías, e a organización correu exitosamente a cargo do Figueira Kayak Clube.

O sábado as condicións non foron boas, con vento durante todo o día e mar pequeno e algo desordenado.
Disputáronse as primeiras rondas de clasificación para as categorías de Sit On Top (Trofeo RPF), Waveski e Kayaksurf HP.

Tanto no Trofeo RPF como na categoría HP conseguín clasificarme para as seguintes rondas a disputar o domingo.

Acabamos o día no restaurante "Barriga Cheia", e saímos idem.

O domingo comenzamos moito mellor, con un día de sol, sen vento e mar calmo pero con boas ondas. Según avanzaba o día o vento subeu de intensidade e tamén a forza do mar.
Continuou así a competición coas últimas rondas de clasificación para definir as semifinais das tres categorías e finalmente disputáronse as tres finais, coincidindo o mellor momento de mar coas finais de waveski e HP, con potentes ondas de dereitas e esquerdas de 1,5 m.

André Pinto

Bruno Melo

Pedro Castro

José Ratinho

Hugo Paz

Francisco Saraiba

Filipe Bras

Miguel Carvalho

Joao Pacheco (Foto Joaquim Marinho)

Jose Piñeiro (Foto Joaquim Marinho)

As clasificacións finais quedaron así:

Trofeo RPF (Sit On Top):
1º Hugo Paz
2º Filipe Bras
3º José Morais Ratinho
4º José Forte


Waveski:
1º Bruno Melo
2º Francisco Saraiba
3º Filipe Bras
4º Pedro Castro


Kayaksurf HP:
1º Bruno Melo
2º Miguel Carvalho
3º André Pinto
4º Pedro Castro


Nas dúas categorías nas que eu participei fun eliminado en semifinais, ocupando finalmente o 5º lugar en ambas clasificacións, tanto na clase Sit On Top como na clase HP.

A familia Melo, Bruno, Diogo e Gil, cos trofeos do campión HP e Waveski



E con esta xa van tres visitas a Portugal no ano 2010, primeiro foi a Kayaksurf Session, despois o Ocean Spirit e agora o CNKW Figueira ... ¡¡¡ Viva Portugal !!!


Vídeos próximamente.

Máis información en:
Kayaksurf.net
Figueira Kayak Clube

Máis fotos de Joaquím Marinho aquí

9 sept. 2010

Rubén triunfa

Rubén estrea o kayak novo e consigue facer os seus primeiros eskimos.



Noraboa Rubén, xa podes ir a Mundaka :))

Ver a reportaxe de Manuel Andrade en www.kayaksurfgalicia.com

6 sept. 2010

Glassy

Día de relax en Razo con moito sol e poucas ondas.
Aproveitando que tíñamos personal a nosa disposición, con un fotógrafo acuático e unha vídeo-reporteira en terra (casi nunca están cando hai bo mar) fixemos unha mini sesión onde o que importaba era "saltarlle" a onda ao compañeiro máis que a onda en sí, ... con boas ondas esto non pasaría, pero claro, si non hai mar, de algunha maneira hai que divertirse.

Queco

Manuel

Javi

Luis

Jose






Fotos Rubén
Vídeo Maite