15 sept 2010

Quedada domingo 19 Setembro

A proba do Campionato Galego de Kayaksurf programada polo Club Val Miñor para o próximo fin de semana na praia de Patos definitivamente está suspendida. Según informa o propio clube a nova data podría ser no mes de Outubro.

Como alternativa para o fin de semana, o CKSG convoca unha quedada-xuntanza para todos os aficionados ao kayaksurf, sit on top e waveski, nunha praia aínda por determinar, pero vendo as previsións terá que ser abrigada do vento norte-nordeste.

O venres 17 publicaremos o lugar definitivo para reunirnos o domingo día 19, seguramente buscaremos unha praia da zona de Ferrol.

Aproveitaremos a ocasión para falar do que podríamos facer no que resta de ano, e tamén do calendario para o ano 2.011.

Estade atentos e non faltedes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario