27 dic. 2010

O último baño do ano

Seguramente este será o último baño do 2010, e tamén foi o máis frío e o máis curto, o sol axudou a dar luminosidade as fotos pero a temperatura non a subeu nadita. Tal e cómo estaba o mar, calquera outro día estaríamos na auga entre dúas e tres horas, pero esta vez creo que pasamos pouco máis de unha hora ... o frío botounos fora.

Rubén Añón

Luis Veira

José Piñeiro

Fotos de Manuel Andrade
Máis fotos en kayaksurfgalicia.com

20 dic. 2010

O Plan B funcionou

Cando en Razo o mar está pasado de voltas temos que recurrir ao Plan B. Tocaba facer uns cuantos kilómetros hasta dar co sitio adecuado. Despois de un par de paradas que non nos gustaron, finalmente acertamos co lugar escollido e tivemos unha boa tarde de kayaksurf.

Manuel Andrade

José Piñeiro




Vídeo Rubén Añón.

24 nov. 2010

Surf Kayak Skills

Por fin hai un sitio web (www.surfkayakskills.com) que nos ensina cómo dominar as técnicas do kayaksurf. O equipo inglés de kayaksurf, campión do mundo en Portugal 2009, é o promotor da iniciativa e seguro que seremos moitos os que lle agradecemos o esforzo.


Da man de algún dos mellores kayaksurfers do circuito poderemos aprender a facer todas esas manobras que nos parecen imposibles ... eso sí, non é suficiente con saber a teoría, despois de comprender o que aquí nos explican hai que mallar e mallar hasta que un día, por fin, conseguimos facer algo que nunca fixemos e que tantas veces vimos nos moitos vídeos que devoramos unha e outra vez.

O texto está escrito en inglés, así ademáis de aprender a facer o take off ou o bottom turn tamén aproveitamos para mellorar o noso nivel de inglés.

Os amigos brithis téñeno todo ben pensado e aproveitan o sitio como fonte de financiación para o equipo, e así sufragar os gastos para asistir ao próximo mundial de EE.UU.

Parte da financiación baséana na venda de calendarios, con moi boas fotos de Alejo Pacheco, Phill Watson, Chris Hobson e outros.


Se no Mundial 2011 o England Surf Kayak Team volve a proclamarse campión do mundo, eu "terei parte" porque ¡¡¡ xa teño o calendario !!! ... moi chulo por certo.

15 nov. 2010

Resultados Copa do Mundo Kayaksurf 2010

A Copa do Mundo de Kayaksurf e o Mundial de Kayaksurf celébranse cada ano alternativamente. Este ano 2010 tocáballe o turno a Copa do Mundo.

Diputáronse un total de cinco probas puntuables en lugares tan remotos como Australia, Santa Cruz-California U.S.A, Mundaka-Euskadi, Santa Cruz-Portugal (Ocean Spirit) e North Carolina U.S.A.

Por segunda vez consecutiva o vencedor absoluto foi Edu Etxeverría (Euskadi), en categoría xuvenil venceu Miguel Carvalho (Portugal) e en categoría feminina Garazi Iturralde (Euskadi).

Edu Etxeverría

Miguel Carvalho

Garazi Iturralde

Para o Club Kayaksurf Galicia a noticia destacada é que conseguíu colocar a un kayaksurfer entre os dez primeiros clasificados !!!

Estas son as clasificacións finais:


Ver máis en Kayaksurf.net

10 nov. 2010

2011 World Championship Surf Kayaking

A temporada 2010 xa casi está rematada e hai que empezar a pensar no 2011.

Igual que no 2010, hai unhas cuantas citas ineludibles tales como Mundaka, a Kayaksurf Session Figueira da Foz, o Santa Cruz Ocean Spirit ... (aínda hai máis pero non se pode estar a todo) ... pero sobre todo o prato forte do próximo ano será o Mundial de Kayaksurf en EE.UU.

Non sei se conseguiremos ir, véxoo dificíl ... sí, está moi moi difícil ... pero non quero decir imposible porque se non xa non sigo escribindo.

En Setembro de 2009 a WSKA (World Surf Kayak Association) otorgou a organización do evento ao US East Team e a ESKA (Eastern Surf Kayaking Association), e está programado para disputarse na primeira metade do mes de Outubro de 2011.

Terá lugar en Cape Hatteras, Outer Banks, estado de North Carolina, na costa este dos EE.UU.


O pasado mes de Outubro disputouse alí mesmo o 2010 US National Surf Kayaking Championships (última proba puntuable para a Copa do Mundo 2010) e tamén o Battle for Hatteras.
O equipo de Euskadi aproveitou a ocasión e desprazouse hasta alí para coñecer de antemán o lugar onde será o Mundial 2011.
Por suposto os vascos non fixeron a viaxe en balde e viñeron cargadiños de trofeos, subiron ao podium en case todalas categorías.

Ver aquí a reportaxe de Kayaksurf.net:

Vídeo promocional do Mundial 2011



Sitio oficial:

31 oct. 2010

Resultados Open Kayaksurf Pantín 2010

Finalmente a proba disputouse na praia de Bastiagueiro. A alerta laranxa decretada por Protección Civil para este fin de semana obligounos a renunciar a Pantín.


Bastiagueiro é unha praia do interior da ría da Coruña, e só entra mar cando se dan unhas condicións determinadas de dirección e forza de vento e de ondas, e este non era o caso.



Non podíamos alargar a competición a dous días si non había unhas condicións mínimas de calidade de ondas, por iso optamos por liquidar toda a proba na xornada do sábado.

Aínda sabendo todo o malas que eran as previsións o nivel de participación foi moi alto, con 38 participantes de Galicia, Euskadi, Andalucía e Portugal, a os cales temos que agraderlles o esforzo de desprazarse hasta aquí con unhas previsións tan malas.

Despois da confirmación de inscripcións e a charla de Manu, o xefe de xuíces, comenzamos coa disputa das mangas de clasificación, cuartos de final, semifinais e finais.

Os podiums foron estes:

Open Kayaksurf HP
1º Paulo Simoes (Portugal)
2º Javier Díaz (Galicia)
3º Joaquín Rivas (Galicia)
4º José Piñeiro (Galicia)

Paulo, Javi, Jose e Joaquín

Open Waveski
1º Hugo Paz (Portugal)
2º Mikel Landa (Euskadi)
3º Edu Montero (Euskadi)
4º Beñat Elorza (Euskadi)

Open SOT
1º Joaquín Rivas (Galicia)
2º Joao Vaz (Portugal)
3º Nef Paraje (Galicia)
4º Andrés Bayolo (Galicia)

Copa de España Kayaksurf HP
1º Javier Díaz (Galicia)
2º José Piñeiro (Galicia)
3º Xanti Ubera (Euskadi)

Copa de España Waveski
1º Mikel Landa (Euskadi)
2º Edu Montero (Euskadi)
3º Beñat Elorza (Euskadi)

Copa de España SOT
1º Nef Paraje (Galcia)
2º Andrés Bayolo (Galicia)

Campionato Galego Kayaksurf HP
1º Javier Díaz
2º José Piñeiro
3º José Miguel Primoy

Campionato Galego Waveski
1º Alex Moure

Campionato Galego SOT
1º Nef Paraje
2º Andrés Bayolo

Podium clasificación por equipos:
Campionato Galego
1º Club Kayaksurf Galicia
2º Club Montaña Quixós
3º Club Valmiñor

Copa de España
1º Club Kayaksurf Galicia
2º Club Itxas-Lur
3º Club Hondar Kayak

Paulo Simoes

Hugo Paz

Javier Díaz

Joaquín Rivas

Manuel Andrade

Jose Piñeiro

Xanti Ubera

Edu Montero

Ricardo Fernandes

José Miguel Primoy

Jorge Santiago

Rubén Añón

Luis Veira

Eurico Viana

Alex Moure

Joao Vaz

Roberto Díaz

Gus Presa

Nef Paraje

Juan, Julio e Manu

Luis, Jose, Rubén e Manuel (os muchachos de Razo)









Fotos de Esther, Maite e Joao Vaz.

Agradecementos:
Concello de Valdoviño
Concello de Oleiros
Equipo de Xuíces (Manu, Juan, Julio e Alejandro)
Axiña Servicios Deportivos
Federación Galega de Piragüismo
Federación Española de Piragüismo
Kayaksurf.net
Kirra
Pantín Escuela de Surf
Kailúa
Varada
Trampalones
Leder
Begano
D.O.S. Island Style
RPF Kayaks
Cuco Deportes
Agroalimentaria do Eume
Casa do Mel
Daldea Pousadoria
A Curuxeira
Conservas La Pureza


29 oct. 2010

Open Kayaksurf Pantín 2010

Por motivos de seguridade a proba de kayaksurf programada para disputar na praia de Pantín desplázase a praia de Bastiagueiro, Concello de Oleiros.

Coordenadas Google Maps:


View Larger Map

27 oct. 2010

Kayaksurf Pantín 30-31 Outubro 2010

Só faltan dous días para a proba de Pantín, e a lista de inscritos fai prever que a competencia vai a ser forte.

Temos un novo cartel anunciando a proba (por desgracia o que sae na foto non virá a Pantín).

17 oct. 2010

Presentación Open Kayaksurf Pantin 2010

Foi presentado oficialmente o Open Internacional de Kayaksurf Pantín 2010 no Salón de Xuntas do Concello de Valdoviño, coa presencia dos concellais de Turismo (Gonzalo Doce Vergara) e de Deportes (Fidel Díaz García), o vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo (Enrique Portela), o presidente do Club Kayaksurf Galicia (Javier Díaz Blanco) e o xefe de xuices da proba (Manu)


Javier Díaz expuxo con unha pequena charla cómo e dónde xurdiu o kayaksurf, cal é a situación actual e cómo se presenta o seu futuro.

Ante as preguntas dos medios de comunicación aclarouse en que consistirá a proba, cales son as diferentes modalidades, qué nivel de participación se espera, cal é a procedencia dos palistas e con qué axudas contamos.

Pola súa parte os representantes do Concello de Valdoviño e o vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo expresaron a súa total disposición para colaborar co Club Kayaksurf Galicia coa intención de que o evento sexa un éxito a todolos niveis.

Gonzalo Doce, Fidel Díaz, Enrique Portela, Javier Díaz e Manu.

Ver nota de prensa:
Diario de Ferrol

7 oct. 2010

Northern Ireland Kayaksurf

Novo vídeo dos irlandeses competindo na súa liga nacional.



O equipo de Irlanda do Norte é seguramente xunto co equipo de Inglaterra e o de Euskadi un dos favoritos para gañar o próximo mundial de kayaksurf, que se celebrará en USA no mes de Outubro de 2.011 (pronto teremos máis noticias do mundial).

A maioría dos campións do mundo e finalistas dos últimos anos son británicos, tanto en categoría masculina como feminina, senior e junior, HP e IC.

Os dous equipos USA, costa Este e costa Oeste, xogarán na casa o próximo ano pero a pesar disto e de ter tamén varios campións mundiais, non teñen unha canteira de xente nova que lles permita aspirar fácilmente a novas victorias.

Os británicos e os vascos teñen moitos e moi bos juniors, e tamén seniors xóvenes, con moita experiencia en competición, isto asegúralles máis títulos para os próximos anos.

Para saber máis do kayaksurf irlandés:
http://www.nisurfkayak.com/index.htm
http://www.paddlesurf.ie/

28 sept. 2010

Open Internacional Kayaksurf Pantín

Os días 30 e 31 de Outubro e organizada polo Club Kayaksurf Galicia, disputarase na Praia de Pantín unha proba internacional de Kayaksurf, Waveski e Sit On Top.



Visualizar o mapa ampliado

A proba será válida para as seguintes competicións:
Copa España de Kayaksurf
Campionato Galego Kayaksurf
Open Internacional Kayaksurf

Programa da proba:
Sábado, 30 de Outubro
08:30 Reunión de xefes de equipo
09:00 Formalización de inscripcións
10:00 Comenzo da competición. Mangas clasificatorias
15:40 Octavos de final
18:00 Libre
21:00 Cea

Domingo, 31 de Outubro
09:00 Reunión de xefes de equipo
10:00 Cuartos de final
11:40 Semifinais
13:00 Final
13:45 Entrega de premios

A cuota de inscripción é de 30,00 €, que se fará efectiva no nº de conta que se facilitará vía e-mail a cada un dos inscritos.
As inscripcións nunha segunda categoría teñen un sobrecosto de 15,00 €.

A inscripción deberá facerse cumplimentando os campos que aparecen no seguiente enlace: www.kayaksurfgalicia.com

A data límite para facer inscripción e abono da cuota é o día 22 de Outubro.

A proba está apoiada por:
Federación Galega de Piragüismo
Real Federación Española de Piragüismo
Concello de Valdoviño
www.kayaksurfgalicia.com
Kayaksurf.net
Varada
Kirra
Escuela de Surf Pantín Classic
D.O.S. Island Style Surf Shop
Begano
Leder
Axiña Servicios Deportivos