14 jul. 2011

II Proba CNKW - Ocean Spirit 2011

A II Proba do Circuito Portugués de Kayaksurf e Waveski disputarase os días 6 e 7 de Agosto na Praia do Navio, e será o arranque do Ocean Spirit 2011.


Tamén dentro do Ocean Spirit, do 8 ao 14 de Agosto, celebrarase o Mundial de Waveski, unha oportunidade única para estar xunto aos mellores, reunidos na mesma praia durante sete días seguidos.


Ademáis temos o aliciente de que o CKSG estará representado por Alex Moure, Campión Galego de Waveski 2010 e 2011.

Sitio oficial Ocean Spirit 2011:

13 jul. 2011

Tormenta en North Carolina

A foto foi tomada recentemente en Cape Hatteras, Outer Banks, onde se disputará o Mundial 2011 de Kayaksurf no próximo mes de Outubro, ... parece que o mar se botou fóra.

Lástima da quenlla !!!