31 dic. 2012

Resumen 2012

O ano pasado fixen un pequeno resumen de como foi a temporada 2011, e agora que xa rematou o 2012 imos tamén a recordar como foi:

Spots:
Galicia: Razo, Baldaio, Beo, Seaia, Malpica, Vilarrube, Bastiagueiro, Pantín.
Euskadi: Mundaka.
Portugal: Baleal-Peniche, Almagreira-Peniche, Aguçadoura.
California: Steamer Lane-Santa Cruz.

Horas de surf: 130

Competicións e resultados:
26th Santa Cruz Paddle Fest: Kayaksurf HP
X Mundaka Txapelketa: Kayaksurf HP Master
1ª Etapa CNKW Peniche: 13º Kayaksurf HP
III Open Razo: Kayaksurf HP
Xtreme Pantín: Kayaksurf HP e Trofeo Onda Brava
3ª Etapa CNKW Peniche: Kayaksurf HP
Open Bastiaguerio: Kayaksurf HP
Copa Ibérica: Kayaksurf HP

Algúns dos mellores momentos:

Make your own slideshow at Animoto.

Esperemos que o 2013 sexa igual de bo !!

21 dic. 2012

Copa Ibérica Kayaksurf e Waveski 2012 - Resultados

Xa temos a clasificación final da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski 2012.
Despois das catro probas disputadas (Peniche, Pantín, outra vez Peniche e Bastiagueiro) os vencedores son Miguel Carvalho en Kayaksurf HP, Paulo Simoes en Kayaksurf IC e Bruno Melo en Waveski, ademáis temos tres galegos no podium final: José Piñeiro 2º en Kayaksurf HP, Iván Pena 4º en Kayaksurf IC e Daniel Pérez 3º en Waveski.






Datos obtidos de Kayaksurf.net

Parabéns aos vencedores e a organización.

28 nov. 2012

Open Bastiagueiro Kayaksurf e Waveski 2012 - Resultados

Últíma proba da Copa Ibérica e da temporada 2012, con un bo número de participantes procedentes de Portugal e Euskadi, ademáis dos locais.

Estes foron os resultados:

Kayaksurf HP


Kayaksurf IC


Waveski


Sit on Top


Kayaksurf HP Junior 
1.- Odei Etxeberria
2.- Teresa Carranza
3.- Oeir Uruburu
4.- Enara Ibarburu
5.- Gorka Martín


Best Wave
Odei Etxeberría



Best Wipeout
Paulo Simões

Fotos Manuel Andrade

A falta de incluir os resultados de Bastiagueiro a clasificación provisional da Copa Ibérica pódese consultar nos seguintes enlaces:

17 nov. 2012

Afortunados ellos

Os dous compis disfrutaron o pasado venres dunha boa sesión (mañán e tarde) en Razo, e non perderon a oportunidade para chamarme en horario de traballo e decirme o ben que o estaban pasando ... gracias, gracias, graciñas, sempre é agradable que se acorden de un ... ainda que sexa para f _ _ _ r. ;)

 

10 nov. 2012

Open Bastiaguerio Kayaksurf e Waveski 2012

En Bastiaguerio os días 24 e 25 de novembro disputarase a última proba da Copa Ibérica, que será tamén a  última proba da temporada 2012. 
Despois de Peniche, Pantín, e outra vez Peniche, Bastiagueiro será onde se decida quenes son os primeiros campións da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski.


29 oct. 2012

CNKW 2012 - III Etapa Peniche - Resultados

Última etapa do circuito portugués en Peniche e terceira da Copa Ibérica, en esta ocasión con organización compartida a cargo do Peniche Surf Clube e o Figueira Kayak Clube
Esta vez as condicións de mar foron moito mellores que na proba do mes de Maio que tamén fora en Peniche.

Os dous galegos que viaxamos a Peniche conseguimos resultados caralludos, por encima do que esperabamos creo eu.
Iván sacou un segundo posto en Kayaksurf IC por diante de Bruno Melo, Miguel Carvalho e compañía, e o só leva 5 meses co IC.
Pola miña parte eu conseguín un primeiro posto en Kayaksurf HP.

Galicia Calidade !!

Final Kayaksurf HP:
1.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Bruno Melo
3.- Miguel Carvalho
4.- Paulo Simoes

Final Kayaksurf IC:
1.- Paulo Simoes
2.- Iván Pena
3.- Rui Calado
4.- Bruno Melo

Final Waveski:
1.- Bruno Melo
2.- Miguel Carvalho
3.- Rui Calado
4.- Hugo Paz

Final Sit on Top:
1.- Eurico Viana
2.- José Forte
3.- Gonçalo Marçalo
4.- Francisco Carvalho

Best Wave:
Bruno Melo

Fotos de José M. Oliveira e Sousa:
Pinchar para acceder ao album

e fotos de Pedro Carvalho:

Mentras esperamos pola edición de vídeos xa temos o primeiro de Joao Vaz
 

Polo demáis teño que decir o de sempre, gran ambiente e gran acollida dos amigos portugueses.

15 oct. 2012

Club Razo Kayaksurf

A principios de 2012 naceu o Club Razo Kayaksurf, un grupo de seis elementos unidos pola mesma pasión: o mar, as olas, as piraguas ... e o "terceiro tempo" no Cordobés, imos a ver quenes son os rapaces:

Pablo Periscal
Sept. 74
Barco: Mega Phantom
"Si vos entrades eu tamén"

Jose Piñeiro
Abril 69
Barco: Random Evolution
"¿Pedras?, ¿qué pedras?"

Manuel Andrade
Xuño 68
Barco: Mega Scarab
"Hmm ... no lo veo claro"

Luis Veira
Maio 64
Barco: Mega Boost
"Cando chegará o sábado"

Rubén Añón
Abril 76
Barco: Mega Neutron RV
"Vouvos papar"

Chisco Fraga Piñeiro
Marzo 72
Barco: Mega Reflex
"Hoy no voy"

Headquater: Praia de Razo

O máis novo de todos nos empezou a ir a escola fai 30 anos nada menos, máis de un xa é papá e algún vai a selo en breve, outros peinan canas, hai quen non peina nada e hai quen vai en proceso de, incluso algún xa casi cotizou o suficiente para cobrar a pensión de xubilación, .... pero aínda así parecemos nenos pequenos cada vez que chegamos a praia e sabemos que durante as dúas ou tres horas seguintes estaremos facendo o que máis nos gusta, ... disfrutar do mar !!
... y que sea por muchos años.

Contacto: razokayaksurf@yahoo.es

19 sept. 2012

CNKW 2012 - 3ª Etapa Peniche

Despois do cancelamento da proba de Figueira da Foz xa hai data e lugar para a terceira proba do CNKW, será os días 27 e 28 de outubro en Peniche, onde xa foi no mes de maio a primeira proba do circuito.


En Peniche cérrase o circuito portugués de 2012 e continúa a Copa Ibérica, a falta da última proba a disputar en Galicia.

30 ago. 2012

Xtreme Pantín 2012 - Fotos Día 2

O domingo con mar un pouco máis pequeno e tamén máis ordenado disputáronse as Semifinais, Finais e Expression Session. Outras 488 fotos:

Fotos Razo Kayaksurf

27 ago. 2012

Xtreme Pantín 2012 - Resultados

Por fín unha proba en Galicia con boas condicións de mar, con boas olas os dous días.
Ademáis participación de luxo, boa organización e bo tempo.


Estes foron os resultados:
Kayaksurf HP:
1.- Edu Etxeverría
2.- Chris Hobson
3.- Miguel Carvahlo
4.- Garazi Iturralde


Kayaksurf IC:
1.- Chris Hobson
2.- Edu Etxeverría
3.- Xavi Olano
4.- Stefano Bellotti
(A final de IC foi do mellor de todo o finde)


Waveski:
1.- Edu Etxeverría
2.- Julen Aguirrezabalaga
3.- Bruno Melo
4.- Daniel Pérez


Kayaksurf Feminino:
1.- Garazi Iturralde
2.- Teresa Carranza
3.- Ainhoa Tolosa
4.- Enara Ibarburu


Kayaksurf Sub-18:
1.- Gil Melo
2.- Odei Etxeverría
3.- Eduardo Espinosa
4.- Diogo Melo


Best Wave:
Edu Etxeverría


Expression Session:
Bruno Melo


Onda Brava (Mellor onda galega):
Jose Piñeiro


Best Wipeout (Maior ostión)
Chisco Fraga Piñeiro


Clubs:
1.- Real Club Náutico de San Sebastián
2.- Club Razo Kayaksurf
3.- Club Kayaksurf Galicia


Os xuíces tiveron moito traballo e fixérono como sempre ... excelente.


A organización da proba a cargo de Iván Pena e Daniel Pérez foi perfecta e puxeron o listón moi alto para as próximas probas.
Foto de José Luis Pena Martínez

O Club Razo Kayaksurf segue en racha e levouse uns cuantos trofeos (como nota informativa para quen teña algunha dúbida direi que o Club Razo Kayaksurf figura no listado de clubs inscritos na Federación Galega de Piragüismo, dato que se pode comprobar na web da Federación: http://www.fegapi.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=86)


Galicia e Euskadi



22 ago. 2012

Véndese Mega Reflex

Véndese kayaksurf Mega Reflex, construcción en carbono/kevlar do ano 2008.
Lonxitude 221 cm
Ancho 63 cm

Precio: 700,00 €

Contacto: 
Jose Piñeiro
costadamortekayaksurf@yahoo.es