26 jun. 2013

Xuntanza Kayaksurf-Waveski en Razo 07-07-2013

Este ano non hai competición en Razo, pero o que sí teremos será unha xuntanza para todos os que queiran vir a disfrutar dunha xornada de surf na que faremos algunha cousa novedosa e diferente.


O evento non é competitivo e a participación é gratuita.


Seguir o fío en:

13 jun. 2013

Surf Kayak World Championships 2013

Xa falta menos de un mes para o inicio do Mundial 2013 en Sunshine Coast, Queensland, na costa este de Australia, .... moooooi lonxe de aquí.


Do 9 ao 21 de Xullo disputarase o campionato en Mudjimba Beach, nunca me coincidíu de pasar por alí (...) pero parce un sitio moi chulo.


WorldSurfKayakPromo from Stephen Worley on Vimeo.

A elección de Australia para organizar o mundial  fará que deixen de asistir moitos top surfers (precísanse moitos cartos para ir alí, e este deporte non é profesional) que lle darían moito máis nivel a proba, pero é o que hai, quen queira ser en 2013 campión do mundo ten que ir a Australia, e só de entre os que alí vaian saldrá o number one.

Vou a facer unha quiniela, eu aposto que os vencedores serán:
Grand Master: Txema Carreto
Master HP: Steve Farthing
Master IC: Darren Bason
Women HP: Kate Duncan
Women IC: Garazi Iturralde
Men HP: Edu Etxeberría
Men IC: Xabi Olano
Junior HP: Odei Etxeberría
Junior IC: Odei Etxeberría
Team Champion: Euskadi


Por favor, o mundial 2015 que caiga a tiro de furgo.

10 jun. 2013

Alejo Pacheco

Conocido como Mr. Big Wave é un dos poucos que se atreven con tombos dos que dan medo, Alejo Pacheco (Costa Rica) é especialista en baixar ondas de tres ou catro metros ben medidos... e incluso algo máis grandes.

Esta "dropada campal" creo que é das máis bestias que nadie pode facer con un kayaksurf:
(Foto Jan Glenn)

Estas son outras olitas de Alejo:





Foto Stonefish

Como din en Costa Rica ... ¡¡ Pura vida !!