24 mar. 2011

Mundial Waveski Portugal 2011

Este ano disputarase o Mundial de Waveski, do 8 ao 14 de Agosto, dentro do evento do Ocean Spirit que se celebra cada ano en Santa Cruz, Portugal.


Será unha ocasión única para ver de perto aos cracks do waveski, a participación será de luxo e xa está confirmada a presencia dos mellores, Rees Duncan, Mathieu Babarit, Ton Cherry, .... ver
2011 World Titles Top 32

Para todos os interesados en participar na competición, xa está aberto o prazo de inscripcións, que remata o 15 de Xullo.

A inscripción deberá facerse on-line na WWSA. Para que a World Waveski Surfing Association acepte as inscripcións será condición indispensable estar federado en algún club de waveski ou kayaksurf.

Non temos noticias de que en España exista club algún de waveski, polo que o Club Kayaksurf Galicia ofrécese para que aqueles interesados en asistir ao mundial obteñan a ficha federativa cursando alta no noso club.
Podedes contactar con Alex Moure a través do correo jmf654@hotmail.com


Kayaksurf.net apoia a promoción e organización do 2011 World Waveski Surfing Titles


SCPF 2011, Vídeo



¿Parécemo a mín ou é que van "fostiaos"?

23 mar. 2011

SCPF 2011, Fotos de Dominick Lemarie, Stormick

Seguimos con outra galería de fotos do SCPF 2011, esta vez o fotógrafo é Dominick Lemarie, e a súa web www.stormick.smugmug.com

Fotos do venres:
Clicar na imaxe para acceder a galería

Fotos do sábado:
Clicar na imaxe para acceder a galería

22 mar. 2011

SCPF 2011, Fotos de Anders Landin

Na web do fotógrafo americano Anders Landin (www.landinview.com) podemos ver uns cuantos centos de fotos do SCPF 2011.

O día anterior ao inicio da proba déronse as mellores condicións de mar, as ondas eran de envexa:
Clicar na imaxe para acceder a galería.

Pero todo cambiou a partir do venres e o mar estropeouse:
Clicar na imaxe para acceder a galería.

20 mar. 2011

SCPF 2011, Resultados

Por segunda vez consecutiva o vencedor en HP foi o americano Galen Licht, e en IC gañou outro americano, Jim Grossman.

Debido as malas condicións de mar e vento a proba deuse por rematada o sábado e suspendeuse a xornada do domingo.

Os resultados finais nas dúas principais categorías foron:

HP
1º Galen Licht
2º Steve Farthing
3º Dave Johnston
4º Dessi McGlinchey

IC
1º Jim Grossman
2º Setefano Bellotti
3º Dan Crandall
4º Geoff Jennings

Todas as clasificacións:



Fotos Bryon Dorr


Fotos Marc W.

Máis información en Kayaksurf.net

18 mar. 2011

SCPF 2011, Día 1, Primeiras fotos

Non houbo sorte o primeiro día de competición en Santa Cruz e o mar non dou boas ondas, desordenado e feo, parecía un día de nordés en Razo.

Estas son as primeiras fotos que nos chegan desde California de Mickey Stowell

15 mar. 2011

Unha espiña cravada

O ano pasado, xusto por estas datas, cravóuseme unha espiña que agora mesmo estáseme inflamando .... aaaaahhgg!!! .... e mentres non a bote fóra vaime seguir doendo.

Consultados os mellores especialistas neste tipo de doenzas, todos eles recomendan a aplicación do mesmo tratamento, que se suministra exclusivamente no "Centro Especializado en Extirpación de Espiñas", situado casualmente en Steamer Lane, CA.

A única solución posible sería causar alta no prestixioso CEEE, onde unha vez ingresado entraría de urxencia en quirófano para someterme a unha delicada operación, máis ou menos parecida a esta:

Santa Cruz Kayak Surf Festival 2007 from Garrett Kababik on Vimeo.


Aquí dous doentes recibindo o tratamento ...
... eu mentres tanto sigo en lista de espera.

Según declaracións de outros doentes xa rehabilitados, despois de seguir rigurosamente as prescripcións facultativas a espiña desaparece sen deixar rastro, ... pero ollo ... en calquera momento pode xurdir outro brote desta curiosa doenza, diagnosticada como "Síndrome Agudo de Dependencia do Kayaksurf".


... Espero gozar de boa saúde para seguir así de enfermo.

9 mar. 2011

Mundaka 2011

Falta xusto un mes para volver a Mundaka, os días 9 e 10 de Abril disputarase a IX Mundaka Kayaksurf Txapelketa.


Este ano a participación galega será máis ampla que nunca, e o Club Kayaksurf Galicia estará presente de momento con catro surfistas que xa confirmaron a súa intención de tomar parte na proba, Manuel Andrade, José Piñeiro, Rubén Añón e Javier Díaz.

4 mar. 2011

CNKW 2011

Os amigos portugueses xa teñen programadas as probas da temporada 2011 de kayaksurf e waveski.

Este ano serán tres as probas do circuito nacional a disputar en Foz do Arelho os días 7 e 8 de Maio, Santa Cruz os días 6 e 7 de Agosto e a última en Figueira da Foz os días 24 e 25 de Setembro.



Ademáis, fora do circuito celebraranse tamén o Kayaksurf Session en Figueira da Foz (11 de Xuño) e o Ocean Spirit en Santa Cruz (8-14 de Agosto).

3 mar. 2011

A contraola

Darren Bason e compañía facendo unha contraola sobre arrecife en Old Woman Island, na costa oriental australiana.