10 may 2011

CNKW 2011, Foz do Arelho - Resultados

A primeira proba do Circuito Portugués de Kayaksuf e Waveski celebrouse de maneira exitosa, tanto por número de participantes como polo bo traballo da organización con Henrique Frazo ao frente.


O sábado na praia de Foz do Arelho as condicións foron bastante duras desde primeira hora da mañán, con moito vento e mar moi forte e desordenado. Disputáronse as primeiras mangas de clasificación nas categoría HP, IC e Sit on Top, deixando para o domingo as primeiras clasificatorias de waveski.

Praia Foz do Arelho

O domingo a proba desprazouse a praia do Baleal en Peniche, aquí disfrutamos de un gran día, con moito sol e mar de 1 m moi ordenado, o que permitíu ademáis da competición facer unha gran sesión de free-surf durante todo o día, pois a praia tiña varios picos diferentes.

Por parte do Club Kayaksurf Galicia participamos Javier Díaz e José Piñeiro. O balance final é moi positivo, pois Javier conseguíu meterse na final HP ocupando a cuarta posición e eu quedei eliminado en semifinais, clasificando finalmente en séptima posición. Ademáis Javi participou tamén en categoría SOT clasificándose en quinta posición.

Os resultados finais foron estes:

Kayaksurf HP:
1. Miguel Carvalho
2. Pedro Castro
3. Bruno Melo
4. Javier Díaz

Kayaksurf IC:
1. Antonio Palabra
2. Henrique Frazao
3. Miguel Carvalho
4. Pedro Castro

Waveski:
1. Bruno Melo
2. Pedro Castro
3. Hugo almeida
4. Francisco Saraiva

SOT:
1. Hugo Paz
2. José Ratinho
3. Eurico Viana
4. José Forte

Fotos de Ricardo Fernandes


Fotos kayaksurf.net


Para máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario