24 may 2011

Kayaksurf Session 2011

Xa se presenta unha nova edición da Kayaksurf Session en Figueira da Foz, o encontro non competitivo máis multitudinario que acolle a tódolos practicantes de Kayaksurf, Waveski e Sit on Top.


Este ano é a quinta edición e o formato é o mesmo que en anos anteriores. Como sempre o ambiente será festivo e de confraternidade entre toda a comunidade do "surf sentado". A organización corre a cargo do Kayaksurf.net e o Figueira Kayak Clube con Luis Pedro Abreu e Hugo Nascimento ao frente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario