31 mar. 2014

Santa Cruz Paddle Fest 2014 - Resultados

Finalizada a primeira proba da Copa do Mundo 2014 estes son os resultados das finais nas principais categorías:


Kayaksurf HP:
1º- Ibón Aguirrezabala (Euskadi)
2º- Edu Etxeberría (Euskadi)
3º- Dave "The Wave" Johnston
4º- Jim Grossman

Ibón

Kayaksurf IC:
1º- Edu etxeberría (Euskadi)
2º- Jim Grossman
3º- Mathew Hoff
4º- Buck Johnson

Edu

Waveski:
1º- Tyler Lausten 
2º- Ken King
3º- Ed King
4º- Kate Duncan

Tyler

Kayaksurf HP Women:
1º- Kate Duncan
2º- Teresa Carranza (Euskadi)
3º- Rachel Ward
4º- Devon Barker

Kate

Fotos de Mark Boyd
Clasificacións completas AQUÍ

26 mar. 2014

Santa Cruz Paddle Fest 2014

Este finde celébrase a vixésimo oitava edición do Santa Cruz Paddle Fest en Steamer Lane, Santa cruz, CA.


Esta vez participará unha representación do equipo de Euskadi formado por Edu Etxeberría, Odei Etxeberría, Teresa Carranza, Ibón Aguirrezabala e Oier Uruburu.

Este ano a proba é válida para a Copa do Mundo e seguro que os vascos aproveitan a ocasión para alcanzar uns cuantos podiums e coller moitos puntos para a clasificación da Copa, ademáis de disfrutar da mellor proba do circuito mundial de kayaksurf.


Os vencedores da edición 2013 foron Sean Morley en HP e Jim Grossman en IC.
Fotos de Chris Bench.

Sean Morley

Jim Grossman

Teño pendiente volver a Steamer Lane, ... non o vexo a corto plazo, pero algún día será, o peto estóuno facendo desde que volvín de alí en Marzo do 2012.
Así foi o SCPF 2012

25 mar. 2014

Xtreme Pantín 2014

Confirmadas as datas para a terceira edición do Xtreme Pantín 2014, será os días 2 e 3 de Agosto, así complétase o calendario da Copa Ibérica e xa só falta esperar a que chegue o día da primeira proba.



Mentras tanto recordamos as finais HP das dúas edicións anteriores:



15 mar. 2014

Competis 2014

Faltan dous meses para o inicio da temporada de competición 2014 e xa hai que ir empezando a prepararse para as dúas primeiras probas, 17 e 18 de Maio en Mundaka, e só dúas semanas despois toca baixar hasta Peniche para a primeira proba do circuito portugués.



En total serán sete as probas que entran no meu calendario particular (catro en Portugal, dúas en Galicia e unha en Euskadi) e se todo vai ben intentarei non faltar a ninghuna delas. ... A furgo vai botar lume.

12 mar. 2014

Kayaksurf World Cup 2014

Este ano volve a disputarse a Copa do Mundo de Kayaksurf. É unha especie de liga mundial con catro probas que se celebran en diferentes partes do mundo, onde puntúan para a clasificación final os dous mellores resultados.


En esta edición as probas serán en Steamer Lane (Santa Cruz, CA), Cornish (Inglaterra), Mundaka (País Vasco) e Santa Cruz (Portugal).

Esta competición celébrase en anos pares, xa que o Mundial de Kayaksurf dispútase sempre en anos impares, o próximo será en 2015 en Pantín.

Regulamento da Copa do Mundo consultar AQUÍ