30 dic. 2011

Goodbye 2011

Durante todo este ano fun facendo un pequeno diario para recordar como foi o 2011, en total foron 68 días de surf que se poden resumir así:

As praias: 
Galicia: Razo, Malpica, Seaia, Sabón, Soesto, Nemiña, Bastiagueiro e Vilarrube.
Euskadi: Mundaka
Portugal: Foz do Arelho, Baleal, Afife e Praia da Cova

Horas de surf: 144

Os barcos que usei: Reflex, Neutron, Boost, Blast, Evolution

Competicións: 
IX Mundaka Txapelketa
CNKW Foz do Arelho
II Open Kayaksurf & Waveski Razo
CNKW Figueira da Foz
II Open Kayaksurf & Waveski Bastiagueiro

E sempre en boa compañía:

Make your own slide show at Animoto.

Non está mal, pero seguro que o 2012 será moito mellor !!!

FELIZ 2012 !!!

18 dic. 2011

A la mierda la crisis

Despois de casi catro anos coa Reflex decidín cambiar de barco. Pensei en varias opcións e finalmente escollín a Random Evolution, a marca australiana fabricada en Inglaterra por Future Kayaks



Desde que comprei a Reflex tiven con ela unha relación de amor-odio. Fíxome disfrutar e sufrir a partes iguais. Creo que foi este último ano cando máis partido lle saquei, e sei pode dar moito más de sí pero hai que saber exprimila, é moi exixente e si non estás totalmente concentrado non perdoa é túmbate. Aínda con eso creo que é unha auténtica surf machine.

A Evo é un pouco máis longa, ten os cantos máis suaves, menos rocker e sobretodo é moito máis lixeira.
Creo que a escola que traigo da Reflex serviráme de moito porque a Evo é moito máis fácil de manexar e espero facer cousas que coa Reflex non creo que fose capaz.




11 dic. 2011

7 dic. 2011

Calendario KS e WS Portugal 2012

Os amigos portugueses xa teñen preparado o calendario para o próximo ano. En total son catro as citas para o 2012, sendo tres probas as que forman o circuito nacional de kayaksurf e waveski e a gran reunión non competitiva da Session.


Circuito nacional:
1ª Proba
Peniche - 5 e 6 de Maio
Organiza: FPC

2ª Proba
Santa Cruz, Torres Vedras - Xuño/Agosto (a definir)
Organiza: Ocean Spirit

3ª Proba
Figueira da Foz - 22 e 23 de Setembro
Organiza: Figueira Kayak Clube

Evento non Competitivo:
2 de Xuño - Kayaksurf Session
Organiza: kayaksurf.net + Figueira Kayak Clube