Por fin hai un sitio web (www.surfkayakskills.com) que nos ensina cómo dominar as técnicas do kayaksurf. O equipo inglés de kayaksurf, campión do mundo en Portugal 2009, é o promotor da iniciativa e seguro que seremos moitos os que lle agradecemos o esforzo.
Da man de algún dos mellores kayaksurfers do circuito poderemos aprender a facer todas esas manobras que nos parecen imposibles ... eso sí, non é suficiente con saber a teoría, despois de comprender o que aquí nos explican hai que mallar e mallar hasta que un día, por fin, conseguimos facer algo que nunca fixemos e que tantas veces vimos nos moitos vídeos que devoramos unha e outra vez.
O texto está escrito en inglés, así ademáis de aprender a facer o take off ou o bottom turn tamén aproveitamos para mellorar o noso nivel de inglés.
Os amigos brithis téñeno todo ben pensado e aproveitan o sitio como fonte de financiación para o equipo, e así sufragar os gastos para asistir ao próximo mundial de EE.UU.
Parte da financiación baséana na venda de calendarios, con moi boas fotos de Alejo Pacheco, Phill Watson, Chris Hobson e outros.
Se no Mundial 2011 o England Surf Kayak Team volve a proclamarse campión do mundo, eu "terei parte" porque ¡¡¡ xa teño o calendario !!! ... moi chulo por certo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario