10 nov 2010

2011 World Championship Surf Kayaking

A temporada 2010 xa casi está rematada e hai que empezar a pensar no 2011.

Igual que no 2010, hai unhas cuantas citas ineludibles tales como Mundaka, a Kayaksurf Session Figueira da Foz, o Santa Cruz Ocean Spirit ... (aínda hai máis pero non se pode estar a todo) ... pero sobre todo o prato forte do próximo ano será o Mundial de Kayaksurf en EE.UU.

Non sei se conseguiremos ir, véxoo dificíl ... sí, está moi moi difícil ... pero non quero decir imposible porque se non xa non sigo escribindo.

En Setembro de 2009 a WSKA (World Surf Kayak Association) otorgou a organización do evento ao US East Team e a ESKA (Eastern Surf Kayaking Association), e está programado para disputarse na primeira metade do mes de Outubro de 2011.

Terá lugar en Cape Hatteras, Outer Banks, estado de North Carolina, na costa este dos EE.UU.


O pasado mes de Outubro disputouse alí mesmo o 2010 US National Surf Kayaking Championships (última proba puntuable para a Copa do Mundo 2010) e tamén o Battle for Hatteras.
O equipo de Euskadi aproveitou a ocasión e desprazouse hasta alí para coñecer de antemán o lugar onde será o Mundial 2011.
Por suposto os vascos non fixeron a viaxe en balde e viñeron cargadiños de trofeos, subiron ao podium en case todalas categorías.

Ver aquí a reportaxe de Kayaksurf.net:

Vídeo promocional do Mundial 2011



Sitio oficial:

No hay comentarios:

Publicar un comentario