Novo vídeo dos irlandeses competindo na súa liga nacional.
O equipo de Irlanda do Norte é seguramente xunto co equipo de Inglaterra e o de Euskadi un dos favoritos para gañar o próximo mundial de kayaksurf, que se celebrará en USA no mes de Outubro de 2.011 (pronto teremos máis noticias do mundial).
A maioría dos campións do mundo e finalistas dos últimos anos son británicos, tanto en categoría masculina como feminina, senior e junior, HP e IC.
Os dous equipos USA, costa Este e costa Oeste, xogarán na casa o próximo ano pero a pesar disto e de ter tamén varios campións mundiais, non teñen unha canteira de xente nova que lles permita aspirar fácilmente a novas victorias.
Os británicos e os vascos teñen moitos e moi bos juniors, e tamén seniors xóvenes, con moita experiencia en competición, isto asegúralles máis títulos para os próximos anos.
Para saber máis do kayaksurf irlandés:
http://www.nisurfkayak.com/index.htm
http://www.paddlesurf.ie/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario