30 oct 2011

II Open Bastiagueiro 2011 - Día 2

Na xornada final do II Open Kayaksurf e Waveski Bastiaguerio 2011 disputáronse os cuartos de final, semifinais e finais.

Hoxe as condicións melloraron moito respecto as de onte, con ondas de maior tamaño e un periodo máis alto o que fixo a proba moito máis vistosa e permitíu ver manobras máis arriscadas, pois en moitas ocasións caían uns bos barrotes.

Para o CKSG foi unha boa proba pois colocou a catro integrantes nas finais.

Os resultados finais foron estes:

SOT:
1º Hugo Paz
2º José Ratinho
3º José Forte
4º Rui Fonseca


Waveski:
1º Bruno Melo
2º Javier Díaz
3º Luis Vieira
4º Daniel Pérez


Kayaksurf IC:
1º Paulo Simoes
2º Nuno Fernandes


Kayaksurf HP:
1º Jose Piñeiro
2º Bruno Melo
3º Luis Vieira
4º Rubén Añón


Mellor onda:
Bruno Melo (Waveski)


Destacable o bo traballo da organización e do equipo de xuíces, sempre coa mellor disposición para facer unha boa proba.

Ricardo, "o maluco" das ondas

II Open Bastiagueiro 2011 - Día 1

Primeiro día do II Open Kayaksurf e Waveski Bastiagueiro 2011 con mar muy pequeno, o que fixo que non comenzase a competición hasta as 14:00 esperando que subise un pouco.

Aproveitamos a mañán para facer una sesión de free surf en Sabón, alí entraba algo máis de mar e apañamos algunha boa onda.

Pola tarde disputáronse as mangas de clasificación e as repescas, quedando para o domingo as semifinais e as finais.

Javi, Juan e Manu

Manuel Andrade

Ricardo Fernandes

Chisco






16 oct 2011

8 oct 2011

World Championship of Surf Kayaking 2011 - Resultados

Estes son tódolos novos campíons mundiais de kayaksurf:

Masculino HP: Chris Hobson

Masculino IC: Edu Etxeberría

Master HP: Dave Johnston

Master IC: Darren Bason

Grand Master HP: Luis Abando

Grand Master IC: Buck Johnson

Junior HP: Julen Arrizabalaga

Junior IC: Andy McClelland

Feminino HP: Tamsin Green

Feminino IC: Emma Winter

Equipos: Euskadi

Clasificacións de tódalas categorías cos cuadros completos e puntuacións:



6 oct 2011

World Championship of Surf Kayaking 2011

Xa hai vencedores no Mundial 2011.

O equipo campión foi Euskadi, a canteira vasca está triunfando desde o Mundial do 2007 onde tamén foron campións e no ano 2009 segundos detrás de Inglaterra.


En HP masculino o vencedor foi Chris Hobson, nunha final totalmente británica con Speller, Darren Bason e Glyn Brackenbury


Esperamos máis resultados.

4 oct 2011

World Championship of Surf Kayaking 2011 - Fotos e resultados 1/4 final

Algunhas das mellores fotos que están saíndo do mundial en USA.

Dave Speller
Darren Bason

Edu Etxeberría

Steve Farthing

O nivel está sendo moi alto, nas mangas de 1/4 de final a puntuación máis baixa foi un 9.1. Esto casi asegura un podium en calquera outra proba, pero aquí non é suficiente.
Proba do gran nivel é que Edu Etxeberría quedou eliminado con unha punuación de 10.5 !! ... e André Pinto tamén quedou fora con 11.2 !!

1 oct 2011