25 jun 2012

Xtreme Pantín Kayaksurf & Waveski

A segunda proba da Copa Ibérica 2012 será en Pantín os días 25 e 26 de agosto.


Por primeira vez virán a competir a Galicia dous fenómenos do surf sentado como son Chris Hobson en kayaksurf e Mathieu Babarit en waveski.

Os dous son campións do mundo e os dous son especialistas en facer manobras aéreas, e xa confirmaron a súa presencia en Pantín, unha boa oportunidade para ver de cerca aos dous xuntos pelexando polo trofeo Best Wave.




Chris Hobson

Mathieu Babarit

22 jun 2012

Véndese Watertech Lucifer

Véndese Watertech Lucifer do 2008, construcción en fibra de vidrio e resina epoxy. Bo estado. Ideal para iniciación ao kayaksurf.

Precio 450,00 €
Incluso cubre e chaleco.

Contacto:
Pablo Periscal
peibol231@hotmail.com



12 jun 2012

Véndese Mega Neuton RV

Véndese Mega Neutron RV do 2010, construcción en carbono-kevlar.

Precio 800,00 €.
Con cubre e chaleco 850,00 €.

Contacto:
Rubén Añón
rubenanon@live.com



1 jun 2012

Mauricio Borsari en Maldivas

O pasado mes de abril en Mundaka Mauricio Borsari fixo a presentación do vídeo do seu último viaxe a Maldivas, foi na cea que a organización da proba ofrece a todos os participantes o sábado no Casino de Mundaka, e a todos se nos fixo a boca auga, ... o brasileiro disfrutou en pleno océano Índico de once días de luxo con perfectas ondas de esquerda.
....  si yo fuera riiico lará lará lará lará ....

27 may 2012

III Open Kayaksurf - Waveski Razo 2012 - Resultados

Rematou a terceira edición do Open Razo con unha asistencia de participantes un tanto escasa pero suficiente para celebrar a proba.


O sábado presentouse con un mar moi baixo, con algunha racha de vento forte e algún pequeno chuvasco. Disputáronse as series de HP, IC e Waveski e os participantes fixeron todo o que se podía facer con tan pouco mar, pero en poucos minutos todo cambiou e xusto no momento de disputarse a final de HP comenzou a bombear e chegaron as ondas que estivemos esperando todo o día.

Despois a sesión de free-surf foi boísima e disfrutamos de un par de horas de luxo. Algo que se repetíu esta mañán con outra sesión de tres horas con perfectas ondas de 1 m.

El Presi

O rapaces do Quixós e o mastín de Ñeques

Resultados:
Kayaksurf HP
1º José Piñeiro
2º Joaquín Rivas
3º Daniel Pérez
4º Manuel Andrade


Kayaksurf IC
1º Juan Teijeiro
2º Iván Pena


Waveski
1º Daniel Pérez
2º Jaoquín Rivas
3º Iván Pena



Algúns dos mellores momentos da proba, con fotos de Alex Moure:

Daniel Pérez


Manuel Andrade


Juan Teijeiro

Luis Veira

Iván Pena

Joaquín Rivas


Jose Piñeiro

11 may 2012

Kayaksurf Session 2012 - Figueira da Foz

Unha nova edición da Kayaksurf Session de Figueira da Foz xa está ahí, organizada por Kayaksurf.net e Figueira Kayak Clube, será o próximo 2 de Xuño na praia da Tamargueira.



Xusto unha semana despois do III Open Kayaksurf e Waveski de Razo que será os días 26 e 27 de Maio, toca outra viaxe a Portugal, será a segunda das catro previstas para a temporada 2012.

8 may 2012

III Open KS e WS Razo 2012 - Colaboracións

Por segundo ano consecutivo contamos coa colaboración de Teirón e Art Surf Camp para o III Open de Kayaksurf e Waveski Razo 2012




7 may 2012

I Etapa CNKW Peniche 2012

A primeira etapa do CNKW, e tamén da Copa Ibérica de Kayaksurf e Waveski, disputouse o pasado fin de semana en Peniche. A proba trasncurríu con unhas condicións de mar moi pobres, o sábado en Baleal con mar moi pequeno e desordenado e o domingo en Almagreira con un pouquiño máis de mar e algo máis ordenado.


O importante foi que de novo disfrutamos de un finde na praia rodeados de kayaks e waves, con sol e moita xente que volveu a responder en gran número con un total de 43 participantes.

Como sempre hai que repetir os parabéns aos portugueses polo ben que saben facer estas cousas, a organización da proba foi perfecta, incluso con envio cada día a primeira hora da mañán de un sms aos participantes para anunciar a praia e hora de inicio da proba, e ademáis con emisión en directo de toda a proba a través de www.ustream.tv.


Desde Galicia viaxamos Iván Pena (Club Xuvenil As Pontes), Daniel Pérez e Javier Díaz ( Club Kayaksurf Galicia) e Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf).

Daniel e Iván

Para Daniel e para mín a nota máis baixa do grupo, ningún dos dous conseguimos pasar da primeira ronda, polo que o domingo tivemos sesión de free surf, que eu aproveitei para probar o Fly de W e despois o Bullit.

Iván puntuou segundo na súa manga, pero tivo a mala sorte de sufrir unha rotura fibrilar que lle fixo pasar polo servicio médico e non pudo seguir en competición.

Javier foi o que mellor supo aproveitar as condicións que o mar nos daba e conseguíu chegar as semifinais de HP e tamén entrou na final de Waveski onde finalmente quedou en terceira posición.

Todos os resultados:


2 may 2012

III Open Kayaksurf, Waveski e Sit on Top - Razo 2012

Con esta xa será a terceira edición da proba Open Kayaksurf de Razo, será os días 26 e 27 de Maio.
Como en anos anteriores esperamos a asistencia de todos aqueles amantes de este deporte que queiran compartir un bo fin de semana de surf.


As inscripcións pódense facer no enlace habilitado na web Razo Kayaksurf 
Cuota de 30,00 € a abonar o sábado na confirmación de inscripcións.

O sábado disputaranse as clasificacións e ao remate destas sesión de free surf , despois cea no Bar Cordobés. O domingo teremos as semifinais e finais.

Praia de Razo

                         Como chegar:

23 abr 2012

Mundaka 2012

Un ano máis estivemos en Mundaka e como sempre foi un gran finde, esta vez con unha participación moi amplia e de calidade, con varios campeóns mundiais, que sempre lle dan un pouco máis de lustre a proba.


A onda de Mundaka non fallou, con máis forza o venres e baixando un pouco o sábado e domingo, pero suficiente para levar unhas boas lapadas cando te pilla, viñemos de volta con un par de moratóns, Manuel no nariz e eu nunha man, ... sarna con gusto non pica.
Outros como o portugués Paulo Simoes ou o británico Adam Harvey tiveron menos sorte e romperon os barcos.

Representando ao Club Razo Kayaksurf competimos Manuel Andrade, Rubén Añón e José Piñeiro, e o balance e moi bo, eu con un primeiro posto en Master HP e Manuel chegando a semifinais. En categoría Open HP non foi tan ben e os tres quedamos fora na primeria ronda.

Fotos Glyn Brackenbury
Manuel

Rubén

Jose

Por parte do Club Kayaksurf Galicia Javier Díaz estrenou o novo Spin de RPF e chegou a cuartos de final en Open HP.

Foto Kayaksurf.net

Como sempre que vamos a Mundaka a acollida foi excelente por parte da organización, e xa estamos pensando en volver en 2013 !!

Todos os resultados en Kayaksurf.net.

18 abr 2012

Kayaksurf en V Televisión

Pequena reportaxe sobre o kayaksurf emitida en V Televisión con Javier Díaz e Iván Pena dando a coñecer o noso deporte favorito.

 

14 abr 2012

CNKW 2012 - I Etapa Peniche

Comenza unha nova temporada do circuito portugués de kayaksurf e waveski. Este ano a primeira proba será en Peniche os días 5 e 6 de Maio.


Ademáis esta proba será valedeira para a Copa Ibérica, que consta de catro probas, dúas en Portugal e dúas en España, e que se organiza por primeira coa colaboración entre as federacións de ambos países.

André Pinto - CNKW 2011 - Peniche - Foto Joao Rosa

Peniche - Foto Kayaksurf.net

Este ano vai a ser movido, a semana próxima Mundaka, despois Peniche, a Session de Figueira, Ocean Spirit, outra vez Figueira, e por suposto as probas de aquí, Razo, Bastiagueiro, ... a furgo vai pedir papas !!

4 abr 2012

Mundaka Kayaksurf Txapelketa 2012

Xa está en marcha a 10ª edición da Mundaka Kayaksurf Txapelketa, será os próximos días 21 e 22 de Abril.
Por cuarto ano consecutivo estaremos alí para disfrutar da famosa onda de Mundaka.


Dessie McGlinchey - Mundaka 2009 - Foto Gerry McGahey

21 mar 2012

Santa Cruz Paddlefest 2012 - Resultados

Estas son as clasificacións finais en todas as categorías do SCPF 2012:

Kayaksurf HP:
1 Darren Bason
2 Mathew Hoff
3 Eric Connor
4 Dave Johnston


Kayaksurf IC:
1 Stefano Bellotti
2 Jim Grossman
3 Mathew Hoff
4 Darren Bason


Masters Open:
1 Ken King
2 Dennis Judson
3 Ed King
4 Dave Johnston


Kayaksurf HP feminino:
1 Kate Duncan
2 Devon Barker
3 Roberta Borsari
4 Julie Mitravich


Kayaksurf IC feminino:
1 Devon Barker
2 Kristie Koski
3 Julie Mitravich

Waveski Open:
1 Ken King
2 Tyler Lausten
3 Ed King
4 Jason Kozun

Fotos Javier Díaz

As clasificacións finais completas e puntuacións de cada manga pódense ver na web de Adventure Sports Unlimited: http://www.asudoit.com/paddle_fest/results.html