Cando cheguei xa estaban na auga Joaquín (RPF Rapa Nui) , Nef (RPF Shark), Manuel (Mega Scarab) e Luis Pedro Abreu (Mega Neutron), tamén viñeron Javi e Juan pero quedadon en “terra”, como reporteiras gráficas contamos con Esther e María.
O mar tiña unha pinta algo fea, de cor café con leite. Entramos no lado dereito da praia, as ondas aquí non tiñan moito recorrido, máis ao centro da praia parecía que rompían algo mellor, fixen un intento de meterme alí pero había bastante “surfeiro” e volvín para a dereita. Cando viña a serie caía algún bo tombo, pero non conseguín facer nada bo.
Era a primeira vez que me metía en Bastiaguerio e como “recurso de urxencia” para días de moito mar está ben, pero non creo que dea para moito máis.
..... Cómo chovía cando saímos.
Nef
Manuel
Luis Pedro Abreu
Joaquín
Joaquín
Jose
Despois fumos a comer e viñeron tamén Xosé Miguel, Andrés e Peteiro coas súas respectivas.
Luis Pedro aproveitou a ocasión para facer entrega ao Equipo Galicia dun trofeo conmemorativo pola participación no Mundial de Kayaksurf´09, celebrado en Santa Cruz, Portugal.
Despois fumos a comer e viñeron tamén Xosé Miguel, Andrés e Peteiro coas súas respectivas.
Luis Pedro aproveitou a ocasión para facer entrega ao Equipo Galicia dun trofeo conmemorativo pola participación no Mundial de Kayaksurf´09, celebrado en Santa Cruz, Portugal.
Desde que viñemos do mundial foi a primeira vez que nos reuníamos, pero a partir de agora teremos que empezar a preparar o calendario do 2.010, con tres probas do Campeonato Galego, a Session Figueira da Foz, Mundaka e pode que alguna proba do campeonato de Portugal.
Grande José ;)
ResponderEliminarEm cima do acontecimento! Em breve nas NEWS. abrazo e vamos ver se surfamos com sol!!!
A miña noraboa ó Team Galicia. En especial a Jose. Un abrazo.
ResponderEliminarPena de non poder estar! Xa me contaron que o pasachedes ben ainda que os da barrera un pouco pasados por auga non? Hai ocasións nas que merece a pena mollarse... Saudos aos que viñeron de tan lonxe.
ResponderEliminar