19 ago 2011

Rookie do ano

Hai pouco máis dun ano Rubén pensaba que unha piragua era só un tronco de madeira, nunca tivera unha pala na man e gora xa nos pon en apretos aos máis veteranos.

A súa evolución é asombrosa e pode servir de exemplo para todos aqueles que queiran iniciarse neste deporte pero que lles impón algo de medo o feito de verse co corpo máis ou menos atrapado dentro do kayak e sumerxido cabeza abaixo.

Rubén chegou ao kayaksurf sin experiencia algunha en calquera tipo de kayak, e mesmo xa competíu en Mundaka, os que coñezan esa ola saberán que non é para calquera.






Ademáis temos a sorte de que o rookie do ano xoga no noso equipo !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario