19 mar 2012

De Razo a California - Dia 5

Último día de competición para disputar semifinais e finais. As previsións non fallaron e hoxe as ondas eran moi moi grandes, moito.

Na final HP venceu Darren Bason e en IC Stefano Bellotti.

Despois da última final Iván e eu entramos no "free surf" para coller as últimas ondas antes de regresar. Non estivemos moito tempo porque facía bastante vento e aquelo xa estaba empezando a "petarse", foi acabar a proba e aparecer táboas por todas partes.


 Acabouse a aventura e foi un acerto vir, collimos ondas boísimas, e moi diferentes as que temos en Razo, e pasámolo ben. Tiña moitas ganas de vir e agora xa teño moitas ganas de volver outro ano !! ... a ver cando pode ser..

No hay comentarios:

Publicar un comentario