14 ago 2013

Xtreme Pantín 2013 - Resultados

Parecía difícil superar o nivel da edición 2012 pero o certo é que este ano o Xtreme Pantín foi aínda mellor. Gran traballo de Iván e Dani ao frente da organización, noraboa tamén ao equipo de xuíces e demais colaboradores.
De seguir así o Xtreme Pantín convertirase nunha das mellores probas de Europa.


En cuanto a competición en sí hai que destacar o gran nivel dos deportistas, tanto en kayaksurf co equipo vasco, a pesar de ter notables ausencias, como en waveski cos tres competidores franceses.
Creo que de todos os demáis o único que se mantivo en un nivel similar aos anteriores foi o portugués André Pinto.

Polo que toca aos galegos hai de todo un pouco. En HP chegamos tres surfistas a semifinais pero non conseguimos colocar a ninguén na final.
En IC dous podiums, con Juan Teijeiro en 3ª posición e Iván Pena 4º.
En Waveski tampouco chegamos a final, pero Dani Pérez quedou moi cerca, facendo a súa semifinal con unha puntuación moi boa, e unha última onda con un aéreo que lle dou o trofeo Onada Brava.
En SOT gran actuación de Edu Pérez facendo 3º na final.
Respecto ao Club Razo Kayaksurf deportivamente nada destacable, só alcanzamos unha semifinal, pero pasámolo pipa.

Os resultados finais (puntuables para Copa Ibérica) son estes:
Kayaksurf HP
1.- Edu Etxeberria
2.- Xabi Olano
3.- Odei Etxeberria
4.- André Pinto


Kayaksurf IC
1.- Xabi Olano
2.- Oier Uruburu
3.- Juan Teijeiro
4.- Iván Pena


Waveski
1.- Nathan Le Bars
2.- Maxime Gaborit
3.- Clément Guilbert
4.- Edu Etxeberría



SOT
1.- Franccesco Socci
2.- Diogo Melo
3.- Edu Pérez
4.- Gil Melo


Kayaksurf HP Feminino
1.- Iranzu Zorzabalbere
2.- Enara Ibarburu
3.- Olatz Garmendia
4.- Isabel Arbide


Kayaksurf HP Junior
1.- Eduardo Espinosa
2.- Odei Etxeberría
3.- Gorka Martín
4.- Oier Uruburu


Waveski Junior
1.- Maxime Gaborit
2.- Nathan Lebars
3.- Diogo Melo
4.- Odei Etxeberria


Best Wave (Trofeo Kayaksurf.net)
Nathan Le Bars 


Expresion Session Best Wave
Clément Gilbert


Onda Brava
Daniel Pérez


Best Wipeout
Bruno Melo


Equipos
1.- Real Club Náutico San Sebastián 
2.- Grupo Xuvenil As Pontes
3.- X-Ride


Fotos Chus:

Polo demáis, todo o que rodea a propia competición foi de nota alta, o tempo, o mar, a cea no lago, o concerto dos Bourbon Queen, o autobús "das bodas", os regalos, a xente de aquí e a que veu de fora, portugueses, vascos, franceses, italianos, ... así da gusto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario