27 sept 2013

Vencedores CNKW 2013

Despois das catro probas disputadas durante 2013 nas praias protuguesas (Peniche, Gaia, Santa Cruz e Figueira da Foz) xa é definitivo o ranking final do circuito nacional portugués de kayaksurf e waveski.


Por primeira vez Ricardo Ribeiro proclámase vencedor do circuito na categioría Sit on Top.
Henrique Frazão repite como vencedor en kayaksurf IC despois do título conseguido en 2011.
E unha vez máis Bruno Melo consigue o primeiro posto no podium e esta vez en dúas modalides simultáneamente. Anteriormente xa foi campión en waveski (2010, 2011 e 2012) e tamén en kayaksurf HP (2008, 2009 e 2012).

Parabén a todos eles ... e tamén ao resto da "malta".

No hay comentarios:

Publicar un comentario