14 ago 2013

Xtreme Pantín 2013 - Resultados

Parecía difícil superar o nivel da edición 2012 pero o certo é que este ano o Xtreme Pantín foi aínda mellor. Gran traballo de Iván e Dani ao frente da organización, noraboa tamén ao equipo de xuíces e demais colaboradores.
De seguir así o Xtreme Pantín convertirase nunha das mellores probas de Europa.


En cuanto a competición en sí hai que destacar o gran nivel dos deportistas, tanto en kayaksurf co equipo vasco, a pesar de ter notables ausencias, como en waveski cos tres competidores franceses.
Creo que de todos os demáis o único que se mantivo en un nivel similar aos anteriores foi o portugués André Pinto.

Polo que toca aos galegos hai de todo un pouco. En HP chegamos tres surfistas a semifinais pero non conseguimos colocar a ninguén na final.
En IC dous podiums, con Juan Teijeiro en 3ª posición e Iván Pena 4º.
En Waveski tampouco chegamos a final, pero Dani Pérez quedou moi cerca, facendo a súa semifinal con unha puntuación moi boa, e unha última onda con un aéreo que lle dou o trofeo Onada Brava.
En SOT gran actuación de Edu Pérez facendo 3º na final.
Respecto ao Club Razo Kayaksurf deportivamente nada destacable, só alcanzamos unha semifinal, pero pasámolo pipa.

Os resultados finais (puntuables para Copa Ibérica) son estes:
Kayaksurf HP
1.- Edu Etxeberria
2.- Xabi Olano
3.- Odei Etxeberria
4.- André Pinto


Kayaksurf IC
1.- Xabi Olano
2.- Oier Uruburu
3.- Juan Teijeiro
4.- Iván Pena


Waveski
1.- Nathan Le Bars
2.- Maxime Gaborit
3.- Clément Guilbert
4.- Edu Etxeberría



SOT
1.- Franccesco Socci
2.- Diogo Melo
3.- Edu Pérez
4.- Gil Melo


Kayaksurf HP Feminino
1.- Iranzu Zorzabalbere
2.- Enara Ibarburu
3.- Olatz Garmendia
4.- Isabel Arbide


Kayaksurf HP Junior
1.- Eduardo Espinosa
2.- Odei Etxeberría
3.- Gorka Martín
4.- Oier Uruburu


Waveski Junior
1.- Maxime Gaborit
2.- Nathan Lebars
3.- Diogo Melo
4.- Odei Etxeberria


Best Wave (Trofeo Kayaksurf.net)
Nathan Le Bars 


Expresion Session Best Wave
Clément Gilbert


Onda Brava
Daniel Pérez


Best Wipeout
Bruno Melo


Equipos
1.- Real Club Náutico San Sebastián 
2.- Grupo Xuvenil As Pontes
3.- X-Ride


Fotos Chus:

Polo demáis, todo o que rodea a propia competición foi de nota alta, o tempo, o mar, a cea no lago, o concerto dos Bourbon Queen, o autobús "das bodas", os regalos, a xente de aquí e a que veu de fora, portugueses, vascos, franceses, italianos, ... así da gusto.



5 ago 2013

Xtreme Pantín 2013

Segunda edición do Xtreme Pantín o próximo fin de semana, puntuable para a 3ª etapa da Copa Ibérica.
Despois do éxito do ano pasado todos esperamos con ganas a proba de Pantín.


A organización puxo o listón moi alto na primeira edición, pero de momento o que se prevee é que todo vaia igual de ben que en 2012, para eso están traballando Iván e Dani desde hai algúns meses, e xa está confirmada a presencia de varios surfistas de primeira, ademáis de algunha novedade como a dinner-party no lago de As Pontes, con servicio de autobús gratuito para os competidores.


Vídeo promocional Xtreme Pantín 2013


O Club Razo Kayaksurf entrará en competición con Manuel Andrade, Luis Veira, Rubén Añón, Alex Moure e José Piñeiro.

2 ago 2013

Copa Ibérica 2013 2ª Etapa - Santa Cruz Ocean Spirit - Resultados

Excelente fin de semana en Santa Cruz. Como sempre o Ocean Spirit non defrauda e a proba portuguesa foi do mellor que podemos atopar "around the world" ... e decir, que en ningún outro sitio hai nada parecido ao Ocean Spirit.

Foto Edu

Condicións de mar moi duras, con unha orillera moi potente que fixo estragos no material con varios barcos e waveskis rotos, e tamén provocou algunha que outra lesión. Esto non é sorpresa ningunha pois as praias de Santa Cruz son ben coñecidas precisamente por esto, ademáis de que as ondas, sexan mellores ou peores, están garantizadas durante casi todo o ano.



Desde Galicia desprazámonos un numeroso grupo de competidores e acompañantes, algo que se botaba de menos en viaxes anteriores, e sería bo que a partir de agora se faga habitual.


En cuanto aos resultados de todo un pouco, Iván e Dani chegaron a semis, os demáis caeron nas rondas previas e pola miña parte eu fixen unha boa proba conseguindo a victoria nunha bonita final con Bruno Melo, André Pinto e Luis Vieria.


Resultados:
Sit On Top
1.- Rui Ribeiro
2.- José Forte
3.- Gonçalo Marçalo
4.- Francisco Carvalho

Kayaksurf IC
1.- Henrique Frazao
2.- Iván Pena (Club Xuvenil As Pontes)
3.- Eurico Viana

Waveski
1.- Bruno Melo
2.- Julen Seco
3.- Rui Ribeiro
4.- José Forte

Kayaksurf HP
1.- José Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Bruno Melo
3.- André Pinto
4.- Luis Vieira

Best Wave trofeo Kayaksurf.net
André Pinto

Fotos Dani/Sandra:
Rubén

Jose

Iván

Dani

Edu

Alex

Fiz (Foto Gus Presa)


Zumba Fitness e Harlem Shake na piscina da Aldea Neptuno ... Long live Ocean Spirit !


12 jul 2013

Copa Ibérica 2013 2ª Etapa - Santa Cruz Ocean Spirit

Despois de dous anos de ausencia en Santa Cruz por fin volvemos ao Ocean Spirit, ainda que esta vez para mín será só en versión reducida xa que desgraciadamente non irei a proba internacional do 22 ao 26, senón só a 2ª etapa da Copa Ibérica o 27 e 28 de xullo, acompañado de Rubén Añón e Alex Moure do Club Razo Kayaksurf.
Tamén confirmaron asistencia Iván Pena, Daniel Pérez e Eduardo Pérez do Club Xuvenil As Pontes.



Esta vez a Aldea Neptuno instalarase na Praia do Mirante, onde a animación nocturna e diurna está asegurada.



Vídeo Ocean Spirit 2012

Seguir en Facebook:

8 jul 2013

CNKW 2013 - 2ª Etapa - Vila Nova de Gaia - Resultados

Rematada a segunda etapa do CNKW 2013 en Vila Nova de Gaia, con moito sol e medio metro ben ordenado.

Fotos João Vaz



Resultados:
Kayaksurf HP
1.- Bruno Melo
2.- Ivan Pena
3.- Ricardo Ribeiro
4.- Eurico Viana


Kayaksurf IC
1.- Ivan Pena
2.- Henrique Frazão
3.- Eurico Viana 


Waveski
1.- Luis Vieira
2.- Bruno Melo
3.- Diogo Melo
4.- José Forte 


Sit on Top
1.- Diogo Melo
2.- Ricardo Ribeiro
3.- Francisco Carvalho
4.- Eurico Viana


Best Wave Trophy (Kayaksurf.net)
Bruno Melo


O único participante galego foi Iván Pena con resultados excelentes, primeiro en IC e segundo en HP.
Tamén hai que destacar a presencia de Diogo Melo en dous podiums, algo que ultimamente xa non é sorpresa, o pequeno Melo segue os pasos do pai e en calquer momento quitaralle o trofeo Best Wave, dos que xa teñen na casa unha caixa chea.

1 jul 2013

CNKW 2013 - 2ª Etapa - Vila Nova de Gaia

Segunda etapa do CNKW 2013 integrada no Atlantic Surf Fest, este fin de semana na praia do Grão D`Areia, en Canidelo, Vila Nova de Gaia.




II ETAPA CNKW 2013 Vila Nova de GAIA from JoZeDuMar on Vimeo.

A esta segunda etapa do CNKW non irei, reservo o tiro para a segunda proba da Copa Ibérica no Ocean Spirit a finais de mes.

28 jun 2013

26 jun 2013

Xuntanza Kayaksurf-Waveski en Razo 07-07-2013

Este ano non hai competición en Razo, pero o que sí teremos será unha xuntanza para todos os que queiran vir a disfrutar dunha xornada de surf na que faremos algunha cousa novedosa e diferente.


O evento non é competitivo e a participación é gratuita.


Seguir o fío en:

13 jun 2013

Surf Kayak World Championships 2013

Xa falta menos de un mes para o inicio do Mundial 2013 en Sunshine Coast, Queensland, na costa este de Australia, .... moooooi lonxe de aquí.


Do 9 ao 21 de Xullo disputarase o campionato en Mudjimba Beach, nunca me coincidíu de pasar por alí (...) pero parce un sitio moi chulo.


WorldSurfKayakPromo from Stephen Worley on Vimeo.

A elección de Australia para organizar o mundial  fará que deixen de asistir moitos top surfers (precísanse moitos cartos para ir alí, e este deporte non é profesional) que lle darían moito máis nivel a proba, pero é o que hai, quen queira ser en 2013 campión do mundo ten que ir a Australia, e só de entre os que alí vaian saldrá o number one.

Vou a facer unha quiniela, eu aposto que os vencedores serán:
Grand Master: Txema Carreto
Master HP: Steve Farthing
Master IC: Darren Bason
Women HP: Kate Duncan
Women IC: Garazi Iturralde
Men HP: Edu Etxeberría
Men IC: Xabi Olano
Junior HP: Odei Etxeberría
Junior IC: Odei Etxeberría
Team Champion: Euskadi


Por favor, o mundial 2015 que caiga a tiro de furgo.

10 jun 2013

Alejo Pacheco

Conocido como Mr. Big Wave é un dos poucos que se atreven con tombos dos que dan medo, Alejo Pacheco (Costa Rica) é especialista en baixar ondas de tres ou catro metros ben medidos... e incluso algo máis grandes.

Esta "dropada campal" creo que é das máis bestias que nadie pode facer con un kayaksurf:
(Foto Jan Glenn)

Estas son outras olitas de Alejo:





Foto Stonefish

Como din en Costa Rica ... ¡¡ Pura vida !!