29 dic 2009

Ano I da nova era

O 2.009 acabouse, para todos nós será un ano que non olvidaremos, naceu o "Equipo Galicia" e confirmouse que o kayaksurf en Galicia ten un futuro prometedor.

Hai moitos proxectos para o 2.010, e tamén para o 2.011 (Mundial USA). De nós depende que consigamos sacar todo isto adiante.

¡¡¡ Ou vai ou racha !!!


27 dic 2009

Así foi o Kayaksurf Praia de Baldaio

O mellor da xornada foi a asistencia de un número importante de kayakeiros, a lista previa de participantes chegou a 41 inscritos e na praia xuntámonos case todos a excepción de un par de baixas de última hora.

Lamentablemente as condicións do mar en Pedra do Sal obligáronnos a non celebrar a competición, tiña moi mala pinta e era previsible que se tivese que facer máis de un rescate.

Despois de debatilo entre os organizadores e tamén despois de pedir a opinión dos deportistas, decidimos a suspensión da proba e desplazarnos a zona da canle que comunica a Lagoa de Baldaio co mar, e alí facer una pequena sesión para aqueles que se encontraran con ganas de meterse na auga. Aquí as condicións non eran moito mellores pero contabamos coa ventaxe de que a maior amplitude da praia evitaba o risco das rochas que tiñamos na Pedra do Sal, e aínda así houbo quen saíu nadando a poucos metros da zona de rochas, non me acordo quen era pero tiña un Reflex de cor laranxa e casco negro … hai sí … era eu.

Finalmente a xente foise animando e chegou a haber uns 15 kayaks na auga, entre waveskis, kayaksurf e freestyles, poden parecen poucos, pero visto como estaba o panorama non está nada mal.

A medida que avanzou a mañán o mar foi baixando e o equipo Watertech conseguiu facer as mellares ondas do día.


Non houbo competición pero sí que houbo premiados, e foron estes:

Mellor Waveski: Francisco Saraiva

Mellor Onda Waveski: Nuno Borges

Mellor Kayaksurf: Miguel Carvalho

Mellor Onda Kayaksurf: Joaquín Rivas

Mellor Freestyle: Jose (Amextreme)

Mellor Zoupada: Jose Piñeiro


Agradecemos a colaboración de Protección Civil de Carballo, Kayaksurf.net, Bar-Restaurente “Os Delfíns” e Vazva … e como non a todos os asistentes.


Fotos de Esther Otero.













Equipo Watertech - Fotos de Rui Calado


Volveremos.

24 dic 2009

Peche de inscripcións

Péchase a inscripción para o Trofeo Nadal de Kayaksurf cun total de 41 deportistas procedentes de Galicia e Portugal. O restaurante Os Delfíns vai a ser a nosa despensa en Baldaio con prezos especiais para os asistentes: bocata e refresco por 2,00 € e menú por 18,00 €. Contamos tamén coa colaboración de VAZVA. http://www.vazva.es/

Recordamos que o control de barcos e a formalización da inscripción será as 10:00 e a competición comenzará as 11:00, rogamos puntualidade.

Tamén recordamos que é obrigatorio o uso de casco, chaleco e elementos de flotación nos kayaks. Os participantes que por calquer motivo non podan asistir rogamos o comuniquen con antelación.

10 dic 2009

Kayaksurf Praia de Baldaio 2.009

Autor do cartel: Luis Pedro Abreu

O próximo domingo 27 de decembro celebrarase na Praia de Baldaio (Carballo) unha proba competitiva de kayaksurf, a competición estará aberta a todo tipo de kayaks, se ben o que valorará o xurado da proba serán os movementos de surf.

A cuota de inscripción será de 5,00 € e a data límite de inscripción e abono da cuota será o 23 de decembro.

Haberá trofeos para a clasificación xeral, tamén se premiará a mellor onda e a mellor maniobra.

Colaboran o Padroado Deportivo Municipal, Protección Civil de Carballo, Kayaksurf.net, Bar-Resaturnate "Os Delfíns" e Vazva.

Contacto e inscripcións:
Manuel Andrade
administrador@kayaksurfgalicia.com
(http://www.kayaksurfgalicia.com/)
Indicar: nome, apelidos, data de nacemento e tipo de kayak.
Equipamento obligatorio de seguridade: casco, chaleco e elementos de foltabilidade dos kayaks.
Control de barcos as 10:00.
Inicio do torneo as 11:00.

Ao remate da sesión comeremos no restaurante "Os Delfíns" a 200 m da praia, por favor indicade no e-mail si queredes asistir a comida e cantos acompañantes traedes.


Praia de Baldaio



Visualizar o mapa ampliado

As orilleiras tamén se surfean

Ao equipo de Irlanda do Norte válelle todo, ondas pequenas, tombos campales ou mesmo orilleiras como as do vídeo, onde vemos entre outros a Jonny Bingham, Chris Hobson e Andy McClelland afiando as quillas na area.

8 dic 2009

De Razo a Malpica

Martes 8 de decembro, as 11:00 chegamos a Razo, Manuel, Chisco, Juan Carlos, Javi, Esther, Maite e eu. O mar fai boas ondas, moi chulas, pero algo amenazantes.
As previsión para hoxe en Razo rondaban os 4 m, non había tanto como eso pero algún tombo de 3 m si que caeu.

Desde terra víase que o mar estaba forte pero parecía que se podía entrar esperando o momento oportuno. Non o tiñamos moi claro pero despois de uns minutos de reflexión (¿?) decidimos baixar a praia Chisco,Manuel e eu, Juan Carlos quixo esperar a ver que pasaba. Como tantas veces vimos o que queríamos ver e non o que había. Javi animaba.

… Alá vamos Chisco e máis eu … al ataque. Chisco conseguiu chegar adiante, baixou unha onda e saíu nadando; eu despois de facer uns 540 esquimotaxes non pasei da reventaçao, collín unha espuma e “pa terra”. Manuel “visto el panorama” non mollou os escarpíns, qué ben fixo.
Cómo petaba, foi a baño máis corto que recordo.

Así que nada …. tiramos para Malpica. Alí o mar estaba moito máis baixo, con ondas ben ordenadas e que non pasaban de 2 m, pero claro tamén había uns 30 surfeiros, en Razo non había nin o primeiro.
Agora sí nos metemos os catro e baixamos unhas boas e longas ondas, de esquerda, que é o que che da esta praia, onda de esquerda e remontada pola “corrente do Caldeirón”.
O malo é que cando hai moito mar esta é unha “praia refuxio”, e xúntase aquí moita xente, para o pequena que é a praia.
Desde terra Javi, Esther e Maite poideron “disfrutar da nosa actuación” e tamén aproveitaron para facer unhas fotos e grabar uns videos.

Para rematar a xornada e agradecer a paciencia dos “parteners de terra” tomamos unhas racións "al uso".

E así, entre pulpo e chipiróns parimos a primeira competición de kayaksurf que organizaremos en breve e da que informaremos próximamente. Estade atentos.

Fotos de Esther Otero.

Manuel







Chisco


Chisco e Jose



Jose




Jose, e Juan Carlos remontando.



Razo



Malpica



30 nov 2009

Un entreno e unha comida

O mar segue a “botarse por fora”, xa levamos unhas semanas con ondas que non baixan dos 3-4 m, e parece que vai a seguir así. Así que optamos por buscar unha praia onde non entre moito mar, Bastiagueiro.


Cando cheguei xa estaban na auga Joaquín (RPF Rapa Nui) , Nef (RPF Shark), Manuel (Mega Scarab) e Luis Pedro Abreu (Mega Neutron), tamén viñeron Javi e Juan pero quedadon en “terra”, como reporteiras gráficas contamos con Esther e María.
O mar tiña unha pinta algo fea, de cor café con leite. Entramos no lado dereito da praia, as ondas aquí non tiñan moito recorrido, máis ao centro da praia parecía que rompían algo mellor, fixen un intento de meterme alí pero había bastante “surfeiro” e volvín para a dereita. Cando viña a serie caía algún bo tombo, pero non conseguín facer nada bo.
Era a primeira vez que me metía en Bastiaguerio e como “recurso de urxencia” para días de moito mar está ben, pero non creo que dea para moito máis.
..... Cómo chovía cando saímos.

Nef

Manuel

Luis Pedro Abreu
Joaquín

Jose

Despois fumos a comer e viñeron tamén Xosé Miguel, Andrés e Peteiro coas súas respectivas.
Luis Pedro aproveitou a ocasión para facer entrega ao Equipo Galicia dun trofeo conmemorativo pola participación no Mundial de Kayaksurf´09, celebrado en Santa Cruz, Portugal.








Desde que viñemos do mundial foi a primeira vez que nos reuníamos, pero a partir de agora teremos que empezar a preparar o calendario do 2.010, con tres probas do Campeonato Galego, a Session Figueira da Foz, Mundaka e pode que alguna proba do campeonato de Portugal.

16 nov 2009

O Demo tamén fai kayaksurf

No kayakasurf.net Luis Pedro preséntanos ao Demo en persoa:

Foto: Pete Copp
"Foi avistado em águas britânicas e, a última vez, surfava algures por Cornwall (SW). É agressivo, feio que se farta e tem a mania que é o maior. Não respeita prioridades e julga-se o proprietário em qualquer spot por onde surfe. Se o avistar, comunique às autoridades! Não vá o bicho descer até à nossa costa..."

11 nov 2009

"News Team"

Desde hai uns días o “Costa da Morte Kayaksurf” forma parte da sección “News Team”, na web http://www.kayaksurf.net/, do noso amigo o portugués Luis Pedro Abreu, onde kayaksurfistas de todo o mundo publican noticias, fotos, videos, eventos e todo aquelo relacionado co noso deporte.
Tamén é posible acceder a web recentemente creada polo noso compañeiro Manuel Andrade, http://www.kayaksurfgalicia.com/.
O Equipo Galicia aumenta así a súa presencia no principal website do kayaksurf, pois desde hai algún tempo xa formaba parte de esta sección Javi Díaz, o que foi capitán do Equipo Galicia no pasado Mundial´09 celebrado en Portugal.





O http://www.kayaksurf.net/ é sen ningunha dúbida o maior portal de promoción e seguimento do kayaksurf a nivel mundial, sitio de referencia para todos nos, onde Luis Pedro da cabida o todo tipo de información, desde a historia do kayaksurf hasta as máis recentes noticias, reportaxes, entrevistas, encontros e viaxes, regras, maniobras, calendario de eventos e competicións, e tamén multitude de enlaces de clubes, portais, blogs, festivais e competicións, fabricantes de kayaks e accesorios, webs de previsións meteorolóxicas … e moito máis.

En nome de tódolos compoñentes do “Equipo Galicia” agradecémoslle a Luis Pedro todo o que está a facer por promocionar este deporte, e polo seu incondicional apoio para impulsar o crecemento do kayaksurf en Galicia.

Obrigado Luis !!!

7 nov 2009

Cálzate ben

Pés, xeonllos e cadeiras deben estar o máis axustados que sexa posible, sen que cheguemos a estar incómodos dentro do kayak, é a maneira de que o kayak responda inmediatamente aos movementos do corpo.
Para eso utilazaremos tacos ou pranchas de espuma ou “foam”, que son moi doados de traballar e que se amoldan ben as formas do kayak e do noso corpiño serrano.

Calzos dos pés
Recortaremos o foam dándolle a forma do interior do kayak, colocando tantas pranchas como necesitemos para cada pé.

No meu caso teñen forma de aleta de tiburón :)

Colocadas no seu sitio, aos dous lados do tabique central


Calzos das cadeiras
Xunto cos calzos dos pés penso que son os máis necesarios. Poñemos un en cada lado do asento de maneira que unha vez sentados sintamos unha certa presión nas cadeiras.
Pódense fixar con cola, pero eu utilizo cinta americana porque son as pezas que máis sufren e necesitan recolocarse con máis frecuencia.





Calzos dos xeonllos
Van pegados con cola pola cara interior do kayak a altura dos xeonllos, non son imprescindibles pero axudan a ir máis cómodo.


Musleiras
Para forrar a cara interior das musleiras utilicei retales de neopreno dos traxes vellos de buceo. Contra estas pezas faise moita forza coas pernas, por iso é importante ter un apoio cómodo.


O seguinte paso e calzar o cú …. qué mal soa isto …. pero non non, en este caso calzar o cú non significa o que se entende normalmente por calzar o cú. Refírome a poñer unhas pranchas de foam encima do asento para levantar o centro de gravidade, o cal permite cambiar os apoios de un lado a outro con mayor rapidez e menor esforzo, así melloramos os cambios de dirección do kayak e os xiros bruscos. O feito de ter o asento máis alto tamén nos axuda a manter as pernas máis apretadas contra as musleiras.

Unha prancha de "esterilla" de camping de 1 cm de espesor

Unha segunda prancha de foam de 3 cm de spesor

Terceira prancha de 1 cm


A cuarta e última prancha é unha peza que fai ao mesmo tempo de asento e de respaldo, e que se apoia tamén por detrás dos calces das cadeiras, de maneira que axuda a manter o conxunto máis firme.


O espesor total quedará reducido un par de cm despois de sentarnos encima.
Unha vez rematado o chollo intentamos entrar no kayak, e si podemos entrar sen dificultade … malo malo, hai que meter máis foam. É necesario ter que vencer un mínimo de resistencia para poder entrar, entón estaremos ben suxeitos.
O foam é un material que pouco a pouco vai perdendo volume coa presión do noso corpo, por iso é mellor calzar un pouco en exceso e despois de uns cuantos días de uso xa estará adaptado ao noso volume.

O resultados deixaranse ver desde o primeiro día.

Pois nada … a calzarse.