30 ago 2010

Louro

En Razo presentábase un fin de semana de nordés forte, así que decidimos poñer rumbo ao sur, buscando unha praia orientada ao oeste/suroeste.

Acertamos co lugar escollido e na praia de Area Maior, ao pé do Monte Louro, disfrutamos de un bo fin de semana de praia e kayaksurf, con ondas de 1 m con moi boa saída de dereitas no extremo norte da praia e un pico no centro da praia con ondas de dereitas e esquerdas.

Praia de Area Maior








Vídeo e fotos Maite

27 ago 2010

CNKW Figueira da Foz

Os vindeiros días 11 e 12 de Setembro disputarase en Figueira da Foz unha nova proba do Circuito Nacional Portugués de Kayaksurf e Waveski.


Organizada polo Figueira Kayak Clube será a terceira de un total de catro probas programadas para o campionato portugués 2010.

A competición ten carácter Open, polo que está aberta a particiapción a todos os interesados sexan ou non portugueses.

Si se pode o CKSG tamén asistirá a esta proba, así que veña ... a ver si imos máis de dous.

Máis información e programa do evento en :
Figueira Kayak Clube

25 ago 2010

Razo 1/2 m

Este verán está sendo de pouco mar en Razo, moitos días de nordés e tamén moitos días de 1/2 m, pero como non se pode esperar ao día perfecto temos que aproveitar o que hai ... aínda que sexa pequeno.

Vídeo de Laura García

17 ago 2010

Edu Etxeberría

O francés Fred Jonneaux entrevista para BreizhRiders TV a Edu Etxeberría, que arrasou no Ocean Spirit 2010 vencendo nas categorías de Kayaksurf HP e IC, Waveski e tamén na proba combinada Waterman.


Ademáis de Edu tamén subiron ao pódium os seus compañeiros do Real Club Náutico de San Sebastián Urko Otxoa, Xabi Olano, Jon Fernández, Julen Arrizabalaga, Julen Seco, Teresa Carranza, Ainhoa Tolosa e Garazi Iturralde.

O Real clube Náutico de San Sebastián é a base do equipo vasco de kayaksurf, que en cada competición na que toma parte copa unha boa parte dos pódiums de cada categoría.
Xa participaron como equipo en tres mundiais (Costa Rica 2005, Bakio 2007 e Portugal 2009), e foron campións por equipos en 2007 e subcampións en 2009.

Equipo de Euskadi Campión no Mundial de Bakio 2007.

A nivel individual Edu Etxeberría foi campión de Europa 2006 en Mundaka, 2º na final IC e 4º na final HP no Mundial de Bakio 2007, campión da Copa do Mundo 2008, e no Mundial 2009 de Portugal foi 2º na final HP.

Edu Etxeberría.

Agora mesmo é favorito para gañar calquera competición de kayaksurf na que participe, ten un nivel técnico que poucos ou ninguén alcanza actualmente e a súa forma de surfear é única.

Ademáis do kayaksurf ten moitos títulos individuais en outras modalidades de kayak, é entrenador da sección de piragüismo do seu clube e é colaborador do programa de aventuras de TVE "Al filo de lo imposible".

Pincha aquí para ver o seu currículum.

15 ago 2010

Ocean Spirit 2010 CKSG

Nesta edición do Santa Cruz Ocean Spirit tamén estivo presente o Club Kayaksurf Galicia. Despois da VIII Txapelketa de Mundaka e o I Campionato Galego en Razo esta foi a terceira participación oficial do clube, ademáis de asistir tamén no mes de Xuño a Kayaksurf Session de Figueira da Foz.

Manuel Andrade

José Piñeiro



Fixemos o que pudemos para quedar o máis arriba posible, pero sobre todo pasámolo ben e aprendimos algo .... ¡¡¡ hai que entrenar máis !!!

13 ago 2010

Ocean Spirit 2010 Orilleras


A Praia do Navío non o puxo fácil para entrar na auga. A pendiente bastante pronunciada da praia e o potente swell que entrou os días da competición fixeron que moitos tivésemos dificultades para superar a orillera, tanto para entrar como para sair da auga.





A quebra ou reventaçao, como dín os portugueses, foi incluso máis complicada para os waveskis, que en algúns casos necesitaron axuda da moto de auga para poder entrar.

9 ago 2010

Santa Cruz Ocean Spirit 2010

Xa regresamos da IV edición do Santa Cruz Ocean Spirit .... a ver se chega pronto a do 2011.

Para todos os que lles guste estar na praia e disfrutar desde primeira hora da mañán hasta case a posta de sol con todo tipo de deportes de ondas, tanto para ver como para practicar, este é o sitio perfecto.
Durante unha semana completa hai competicións a diario (kayaksurf, sit on top, waveski, surfski, paddelsurf, skimboard, kitesurf, surf, longboard ... ), piscina para iniciación, música, chiringuitos na area, tendas, e moita xente de todos os sitios... é algo así como o paraíso playero.



A Praia do Navío ten un perfíl con moita pendiente, por zonas con dous escalóns ben marcados, o que fai que apenas se perciba a diferencia entre marea alta e marea baixa.

A "quebra" do Navío

As condicións do mar foron moi duras, con unhas orilleras fortísimas e a primeira liña de ondas moi potente que facían a entrada moi difícil e hasta peligrosa en algúns momentos, os revolcóns na area foron moitos, algunha pala partida ... e tamén algún dente. Tan só o sábado o mar baixou e non foi tan exixente.


Despois de superada a entrada e xa no outside as ondas viñan fortes, con moita masa de auga, onde os mellores superon sacarlles proveito e facer todo tipo de manobras.

Fotos kayaksurf.net:

Urko Otxoa

Edu Etxeberría

Miguel Carvalho

Bruno Melo

André Pinto

Julen Arrizabalaga

Jose Piñeiro (Foto Joao Maya)

Así quedaron as clasificacións finais.

HP Open
1º Edu Etxeberría
2º Urko Otxoa
3º André Pinto
4º Miguel Carvalho

IC
1º Edu Etxeberría
2º Xabi Olano
3º Miguel Carvalho
4º Ed Long

Waveski
1º Edu Etxeberría
2º Mattieu Janneaux
3º Philip Watson
4º Unai Uribeondo

Waterman
1º Edu Etxeberría
2º Bruno Melo
3º Mathieu Jonneaux
4º Philip Watson
(A proba Waterman é unha combinada de tres especialidades a elixir entre todos os deportes de ondas do Ocean)

HP Master
1º Bruno Melo
2º Mauricio Borsari
3º José Piñeiro

HP Junior
1º Miguel Carvalho
2º Jon Fernández
3º Julen Arrizabalaga
4º Julen Seco

HP Feminino
1º Ainhoa Tolosa
2º Teresa Carranza
3º Garazi Iturralde

Resumindo ...
Campión HP: Edu
Campión IC: Edu
Campión Waveski: Edu
Campión Waterman: Edu

... en categoría Junior, Feminino e Master, con sorte para os demáis participantes Edu non compite.

Do CKSG estivemos alí Manuel Andrade e eu mesmo. En categoría HP Open eu conseguín superar tres rondas e cheguei a semifinais, ocupando finalmente a 7ª posición, e en categoría HP Master clasifiqueime en terceira posición.
Manuel optou pola prudencia e visto cómo estaba o mar non competíu, pero tamén pudo comprobar coa súa Scarab a potencia das orilleras do Navío.

Podium HP Master




Para ver máis:
kayaksurf.net
oceanspirit.pt
kayaksurfgalicia.com

Noraboa aos organizadores e a todo o equipo do Ocean, especialmente a Bruno Melo e tamén a Luis Pedro Abreu.


Vídeos do Ocean Spirit nos próximos días.