SCPF 2012


Entrada 13/02/2012
De Razo a California

Esta vez sí !!!, despois do fiasco do 2010 agora parece que vai a boa e este ano viaxo a Santa Cruz, California.

Do 16 ao 18 de Marzo, será a vixésimo sexta edición da proba, que se disputa en Steamer Lane, o mítico spot californiano.



En 2009 xa me din un paseo por alí, foi despois do mundial de Portugal onde fixen migas cos integrantes do equipo Usa West Coast, non cheguei a surfear en Steamar Lane (spot imposible para o kayaksurf fora das datas da proba) pero sí en Davenport, moi perto de Santa Cruz.


Ademáis este ano tamén confirmaron a viaxe outros dous compañeiros galegos, Javier Díaz e Iván Pena.
A ver que facemos.

Rusty Sage, SCPF 2008, foto Gary Luhm 


Entrada 07/03/2012
De Razo a California, xa falta pouco !!

Xa entramos na conta atrás. Este finde será a última oportunidade para poder entrenar algo antes de voar a California, pero as previsións non son moi boas, así que igual a próxima vez que me molle xa será en augas do Pacífico.

                                          Steamer Lane

O martes 13 xa estarei en Santa Cruz, con dous días por diante para entrenar un pouquiño antes do venres que é cando empeza a proba.

Esperemos que este ano as condicións sexan mellores que no 2011, que coincideu co tsunami que arrasou Xapón e que fixo que a proba se suspendese o domingo.
De momento as previsións son estas:

Long Range Regional Forecast (Santa Cruz Town - West Side)
Wed
14/03  
6am
StarGrey StarGrey StarGrey StarGrey Star
Warning55%2m13secs293°
37
kph
S - Onshore - 172°Mostly Clear11c
Noon
StarGrey StarGrey StarGrey StarGrey Star
Warning71%2.3m12secs296°
46
kph
S - Onshore - 186°Mostly Cloudy14c
6pm
StarStarStarGrey StarGrey Star
Warning71%3.3m12secs285°
16
kph
SSW - Onshore - 208°Showers13c
Thu
15/03  
6am
StarStarStarStarStar
Warning53%3.4m12secs292°
4
kph
SW - Onshore - 224°Rain12c
Noon
StarStarStarStarStar
51%3.8m13secs296°
25
kph
N - Offshore - 358°Brief Showers11c
6pm
StarStarStarGrey StarGrey Star
Warning60%3.2m13secs295°
17
kph
WSW - Onshore - 257°Sunny10c
Fri
16/03  
6am
StarStarStarStarStar
Warning64%3.6m14secs306°
30
kph
NNW - Cross/offshore - 332°Clear10c
Noon
StarStarStarGrey Star
Warning72%2.6m12secs303°
36
kph
NNW - Cross/offshore - 328°Mostly Sunny11c
6pm
StarStarGrey StarGrey Star
Warning75%3.3m12secs306°
36
kph
NW - Cross shore - 315°Brief Showers11c


                                         Jim Grossman - SCPF 2011 - Foto Sean Watson



Entrada 15/03/2012
De Razo a California - Día 1

Empezamos con mal pé. O meu kayak quedou retrasado no aeroporto de Filadelfia e non mo trouxeron hasta hoxe as 21:30. Así que tiven que conformarme con ver na auga a Javi e Iván xunto cos australianos e os americanos, pola tarde chegaron tamén os dous italianos.
O mar non estaba perfecto pero se segue así para os próximos días non hai queixa. Hoxe non hai fotos porque choveu todo o santo día, a ver si mañán temos mellor tempo.



Entrada 16/03/2012
De Razo a California - Día 2

Primeira sesión en Steamer Lane as 08:00. Cando chegamos xa estaban na auga os australianos e os americanos. Os últimos en entrar a brasileira Bebeta, galegos e italianos.
Para o que nos estamos acostunbrados estas ondas son moi grandes, pero ao mesmo tempo son fáciles, levan moito volumen de auga pero rompen si violencia, excepto na primeira fase da onda.
Ondas de este tamaño en Razo serían perigosas, pero aquí parece ser que son das pequenas. Ademáis compartíamos series coa fauna local, leóns mariños, golfinos, nútrias e algún surfista.


Pola tarde presentación do evento, confirmación de inscripcións, BBQ de benvida con música en directo e tamén moita choiva.
Mañán comenza a competición as 06:00 (si,as 06:00) coas mangas SUP. Nos entramos a partir das 14:00 con Javi na manga 24, eu na 27 e Iván na 28. A previsión para mañán e que vai a entrar máis mar, a ver si temos sorte e non subimos polo "cliff" arriba.




Entrada 17/03/2012
De Razo a California - Día 3

Primeiro día de competición con condicións de mellor a peor ao largo do día, a peor parte tocounos a Iván e a min, nas dúas últimas mangas con moito vento e mar forte. Aínda así aquí teñen unha onda que se aguanta con tan malas condicións.

Javi e eu conseguimos un segundo posto nas nosas mangas e temos opcións para mañán seguir adiante e clasificarnos para o domingo, aínda que temos rivais dificiles, Javi co campeón aquí dos dous anos anteriores en HP e eu con Darren Bason.
Iván non tivo sorte e na primeira onda abríuselle o cubre e xa non pudo facer apenas nada.





Entrada 18/03/2012
De Razo a California - Día 4

Espectacular día de ondas hoxe en Steamer Lane !!!. Sin vento, con ondas de 3/3,5 m toda a mañán, con unhas paredes larguísimas de esas que sabes que non van a cerrar e que subes e baixas unha e outra vez ... paseino bomba.
Fixen unha boa manga quedando segundo, primeiro foi Darren Bason, terceiro un americano e cuarto un canadiense.


Con este segundo posto e o segundo de onte quedei fora das semifinais por só unha posición, finalmente son 9º.



Entrada 19/03/2012
De Razo a California - Día 5

Último día de competición para disputar semifinais e finais. As previsións non fallaron e hoxe as ondas eran moi moi grandes, moito.

Na final HP venceu Darren Bason e en IC Stefano Bellotti.

Despois da última final Iván e eu entramos no "free surf" para coller as últimas ondas antes de regresar. Non estivemos moito tempo porque facía bastante vento e aquelo xa estaba empezando a "petarse", foi acabar a proba e aparecer táboas por todas partes.


 Acabouse a aventura e foi un acerto vir, collimos ondas boísimas, e moi diferentes as que temos en Razo, e pasámolo ben. Tiña moitas ganas de vir e agora xa teño moitas ganas de volver outro ano !! ... a ver cando pode ser..




Entrada 21/03/2012
Santa Cruz Paddlefest 2012 - Resultados

Estas son as clasificacións finais en todas as categorías do SCPF 2012:

Kayaksurf HP:
1 Darren Bason
2 Mathew Hoff
3 Eric Connor
4 Dave Johnston


Kayaksurf IC:
1 Stefano Bellotti
2 Jim Grossman
3 Mathew Hoff
4 Darren Bason


Masters Open:
1 Ken King
2 Dennis Judson
3 Ed King
4 Dave Johnston


Kayaksurf HP feminino:
1 Kate Duncan
2 Devon Barker
3 Roberta Borsari
4 Julie Mitravich


Kayaksurf IC feminino:
1 Devon Barker
2 Kristie Koski
3 Julie Mitravich

Waveski Open:
1 Ken King
2 Tyler Lausten
3 Ed King
4 Jason Kozun

Fotos Javier Díaz

As clasificacións finais completas e puntuacións de cada manga pódense ver na web de Adventure Sports Unlimited: http://www.asudoit.com/paddle_fest/results.html



Entrada 23/03/2012
Santa Cruz Paddlefest 2012 - Vídeo by Buck Johnson




Entrada 26/03/2012
Santa Cruz Paddlefest 2012 - Vídeo Kayaksurf HP




Entrada 07/04/2012
Santa Cruz Paddlefest 2012 - Vídeo Kayaksurf IC




                        Santa Cruz Paddlefest 2012 - Vídeo Iván Pena




Máis información (reportaxes, fotos, resultados):


No hay comentarios:

Publicar un comentario