16 feb 2015

Mundial Kayaksurf Pantín 2015 - Equipo de Rescate

A seguridade no Mundial de Pantín estará cuberta polo equipo de Jet Galicia, empresa especializada en seguridade e rescates acuáticos.


Normalmente en competición non se producen emerxencias importantes pero si hai un equipo de profesionais de salvamento na praia todos estamos máis tranquilos, sobre todo cando o mar peta por encima de 2 ou 2,5 m, a partir de ahí é cando a cousa se pon seria e o canguelo xa non se disimula.