30 dic 2013

Resumen 2013

Finalizado o ano imos a repasar como foi.

Spots:
Galicia: Razo, Baldaio, Nemiña, Vilarrube, Bastiagueiro, Pantín, O Pedrido.
Euskadi: Mundaka.
Portugal: Supertubos-Peniche, Baleal-Peniche, Praia do Navio-Santa Cruz, Praia do Hospital-Figueira da Foz

Horas de surf: 115

Competicións e resultados en Kayaksurf HP:
XI Mundaka Txapelketa: Open, Master
Copa Ibérica Peniche: 4º Open
Copa Ibérica Santa Cruz Ocean Spirit: Open
Copa Ibérica Xtreme Pantín: Open
CNKW Figueira da Foz: Open
Copa Ibérica Bastiaguerio: Open, Master
Ranking Copa Ibérica: Open, Master

Peniche (foto Dani)

Destacable o mes de Outubro e sobre todo Marzo polas excelentes sesións que tivemos en Razo, por exemplo este man a man entre Rubén e eu:


O balance xeral é bastante bo tendo en conta que a finais do 2012 naceu o pequeno Mauro e aínda así o tempo adicado ao kayaksurf é certo que sufríu algún recorte pero nada parecido ao que se podía esperar con un pequerrecho recién chegado a casa, ... gracias mami.

Resumen 2012
Resumen 2011

FELIZ 2014 !!

29 dic 2013

Cabeceiras 2013

Durante todo o ano foron moitas e moi boas as fotos que tivemos ocasión de ver en redes sociais e en outros portais de kayaksurf e waveski.
Estas son as fotos que durante o 2013 ocuparon a cabeceira do blog.
Gracias a tódolos fotógrafos que están ahí no momento preciso.

20 dic 2013

Moito "power"

Parece que non podremos acabar o ano cunha boa sesión, ao peor nin siquera cunha pobre sesión.  As previsións son de maretón e de ahí para arriba.

Modelo numérico de predicción de altura de ondas de Meteogalicia:


E na seguinte captura de Windguru vemos que 3.8 m con período de 14 é o máis pequeno que se espera na praia de Razo nos seguintes sete días !!


Hoxe pola tarde en Riazor-Orzán a cousa estaba así de brava



Así que só nos queda esperar que Neptuno levante o pé e o 2014 empece algo máis suave.

10 dic 2013

Pantín Surfkayaking World Championships 2015

BREAKING NEWS !!! ... NOTICIÓN !!!
A Asociación Mundial de Kayaksurf acaba de confirmar que o próximo Mundial de Kayaksurf 2015 será en Pantín !!!



A WSKA non pasou por alto o excelente traballo de Iván Pena e Daniel Pérez ao frente da organización nas dúas primeiras edicións do Xtreme Pantín, e despois de descartar outras candidaturas finalmente decidíu que sexa Pantín a sede do Mundial 2015.

Gran noticia para o kayaksurf galego, podremos disfrutar ao lado da casa dun evento de luxo, os mellores do mundo virán a Pantín e teremos a oportunidade de surfear e aprender con eles durante toda unha semana.

A oportunidade é única e por diante temos casi dous anos para poñernos as pilas ... Al tomate !!.

https://www.facebook.com/worldsurfkayakassociation


3 dic 2013

Ranking Copa Ibérica 2013

Despois das catro probas disputadas (Peniche e Santa Cruz Ocean Spirit en Portugal, Xtreme Pantín e Ice Waves Bastiaguerio en Galicia) xa temos os nomes dos vencedores en cada categoría.



Nesta segunda edición da Copa Ibérica ningún dos anteriores campións conseguíu revalidar o título, e a competencia foi moito máis forte que no ano anterior debido sobre todo a participación do equipo de Euskadi, actuais campións do mundo.
A representación galega obtivo bos resultados con dúas victorias parciais, Dani Pérez en Peniche e eu en Santa Cruz, e nas clasificacións finais Iván Pena termina 4º en Kayaksurf IC e repite o resultado de 2012, Dani Peréz remonta de 3º a 1º en Waveski, tamén en Waveski clasifica 3º Javier Blanco, e eu mantéñome no podium baixando de 2º a 3º en kayaksurf HP e consigo a mellor clasificación en Master.




Consultar máis info en Kayaksurf.net

A ver si en 2014 conseguimos manter o nivel.

21 nov 2013

Ice Waves Bastiagueiro - Resultados

Fin de fiesta, Ice Waves Bastiagueiro foi a última proba da Copa Ibérica e tamén cerra a temporada 2013.

Edu Etxeberría, foto Pedro Matos

A participación foi numerosa, sobre todo a expedición vasca con cerca de 20 competidores de varios clubs diferentes (junior, open, master e féminas, competindo en HP, IC e waveski, ... máis completo imposible) tamén viñeron un grupo de portugueses e o brasileiro Mauricio Borsari. A participación galega non foi tan numerosa como se podría esperar, e por parte do Club Razo Kayaksurf competimos Alex Moure en Waveski Open e eu en Kayaksurf HP Open e Master.

Xabi Olano, foto Chus

Henrique Frazão, foto Pedro Matos

Jose Piñeiro, foto Pedro Matos

Edu Montero, foto Chus

Ibón Aguirrezabala, foto Pedro Matos

O mar funcionou medianamente ben con un metro o sábado, pero o domingo baixou moito, ... non digo que non o teña pero eu sigo sin encontrarlle o encanto a esta praia.

Resultados:
Kayaksurf HP Open
1.- Edu Etxeberría
2.- Xabi Olano
3.- Ibón Aguirrezabala
4.- Julen Arrizabalaga

Kayaksurf IC Open
1.- Xabi Olano
2.- Julen Arrizabalaga
3.- Oier Uruburu
4.- Julen Seco

Waveski Open
1.- Edu Etxeberría
2.- Julen Arrizabalaga
3.- Julen Seco
4.- Ibón Aguirrezabala

SOT
1.- Diogo Melo
2.- Rui Ferreira
3.- Gil Melo
4.- Ricardo Fernandes

Kayaksurf HP Master
1.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Henrique Frazao
3.- Txema Carreto
4.- Iranzu Zorzabalbere

Kayaksurf HP Women
1.- Garazi Iturralde
2.- Enara Ibarburu
3.- Teresa Carranza
4.- Iranzu Zorzabalbere

Kayaksurf HP Junior
1.- Edu Espinosa
2.- Oier Uruburu
3.- Gorka Martín
4.- Hodei Crujeiras

Waveski Junior
1.- Diogo Melo
2.- Gil Melo
3.- Hodei Crujeiras
4.-.Enara Ibarburu

Waveski Women
1.- Enara Ibarburu

Waveski Master
1.- José Espona

Best Wave (Trofeo Kayaksurf.net e Jakoi Paddles)
Edu Etxeberría

Best Wipeout
Edu Pérez e Fiz Fernández

Galería de fotos:
Fotos Chus
Fotos Pedro Matos Abreu, Album I
          Pedro Matos Abreu, Album II

O exemplo a seguir, Edu Etxeberría, vencedor Kayaksurf HP, Waveski e Best Wave

6 nov 2013

Tombos XXL, A Tremosa


Nazaré-Portugal ? ... Mavericks-California ? ... Jaws-Hawaii ? ... Shipstern Bluff-Tasmania ? ... Tehaupoo-Tahití ?... non non non ... é A Tremosa, na Costa da Morte !!! 

Ben coñecida polos mariñeiros da zona de Corme, este super tombo foi recentemente descuberto para o mundo das Big Waves, e non é esta a única onda xigante que hai na Costa da Morte, que está empezando a coller sona como destino internacional para o surf extremo.

Tombos en Fisterra


Ver máis info en JetGalicia.

Polo momento estes tombos están fora do alcance do kayaksurf, e penso que seguirá sendo así por moito tempo, pero quen sabe se algún día haberá alguén que se atreva con eles. 
Existe o precedente de Tao Berman cando baixou unha XXL en Nelscott Reef, Oregón, ainda que sin quitarlle mérito a mín paréceme que foi máis ben unha operación de marketing que unha verdadeira surfada de kayaksurf en big waves.

30 oct 2013

Ice Waves

Será a última proba da Copa Ibérica e tamén pondrá fin a temporada 2013. Os días 16 e 17 de Novembro na praia de Bastiagueiro.


En ningunha das categorías está aínda decidido quén será o vencedor polo que se espera que a competición sexa ben reñida por tódolos candidatos ao podium final.
De confirmarse a presencia do equipo vasco as cousas xa se ben máis claras de cara a quenes serán os campións, con Edu Etxeberría como favorito indiscutible en HP e Xabi Olano en IC, en cambio en Waveski o galego Dani Pérez ten opcións de manterse no primeiro lugar si consigue quedar por diante do portugués Bruno Melo.

Ranking provisional da Copa Ibérica 2013 a falta da última proba:
Kayaksurf HP

Kayaksurf IC

Waveski

23 oct 2013

Mauricio en Maldivas

Outra vez Mauricio Borsari nas illas Maldivas,
    

... eu tamén quero ir !!!

Ver AQUÍ máis vídeos de Mauricio Borsari.

27 sept 2013

Vencedores CNKW 2013

Despois das catro probas disputadas durante 2013 nas praias protuguesas (Peniche, Gaia, Santa Cruz e Figueira da Foz) xa é definitivo o ranking final do circuito nacional portugués de kayaksurf e waveski.


Por primeira vez Ricardo Ribeiro proclámase vencedor do circuito na categioría Sit on Top.
Henrique Frazão repite como vencedor en kayaksurf IC despois do título conseguido en 2011.
E unha vez máis Bruno Melo consigue o primeiro posto no podium e esta vez en dúas modalides simultáneamente. Anteriormente xa foi campión en waveski (2010, 2011 e 2012) e tamén en kayaksurf HP (2008, 2009 e 2012).

Parabén a todos eles ... e tamén ao resto da "malta".

24 sept 2013

CNKW Figueira da Foz 2013 - Resultados

Final do circuito portugués de kayaksurf e waveski en Figueira da Foz con unha proba excelente a cargo do Figueira Kayak Clube.
O finde foi un boísimo remate de verán con un tempo espectacular na Praia do Hospital, con un mar ordenado de 0,5-1 m, un pouco pequeno para o meu gusto pero suficiente para divertirse.

Resultados das finais:
Kayaksurf HP
1.- Bruno Melo
2.- André Pinto
3.- Luís Vieira
4.- José Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)


Kayaksurf IC
1.- Iván Pena (Club Xuvenil As Pontes)
2.- André Pinto
3.- Henrique Frazão
4.- Eurico Viana


Waveski
1.- Filipe Brás
2.- Gil Melo
3.- Diogo Melo
4.- Bruno Melo


Sit on Top
1.- Filipe Brás
2.- Ricardo Ribeiro
3.- Diogo Melo
4.- José Forte


Trofeo Best Wave (kayaksurf.net)
Filipe Brás


Puntuacións de tódalas mangas de cada categoría:
Kayaksurf HP

Kayaksurf IC

Waveski

Sit on Top

Fotos de Hugo Nascimento:

Iván

Jose

Albúm completo AQUÍ

Team Galicia

Con tres finais alcanzadas (4º en Peniche, 1º en Santa Cruz e 4º Figueira) esta foi o miña mellor temporada en Portugal, ... en 2014 espero volver para facer o circuito completo, este ano quedóume pendiente a proba de Gaia.

19 sept 2013

CNKW Figueira da Foz 2013

Proba final do circuito portugués en Figueira da Foz este fin de semana. Esta vez a participación galega será bastante reducida, unicamente vixamos Iván Pena e eu, a no ser que alguén máis do que non temos noticias apareza en Figueira.


A volta máis noticias sobre cómo nos foi en Portugal.

12 sept 2013

Xuntanza "O.S.N.I.s."

Para o próximo domingo temos quedada en Pantín, convocada polos locais Juan e Joaquín, bautizárona co nome de "Xuntanza O.S.N.I.s."


A previsión parece boa

A temporada 2013 está rematando e esta pode ser unha das últimas ocasións para estar todos xuntos na praia, ... así que o domingo as 10:30 alí estaremos.

29 ago 2013

CNKW Figueira da Foz 2013

Última proba do CNKW 2013 en Figueria da Foz os días 21 e 22 de setembro, organizada polo Figueira Kayak Clube.


Desta 4º etapa saldrán os campións portugueses de cada modalidade. Excepto en kayaksurf HP onde Bruno Melo ten unha clara vantaxe para volver a ser o gañador do circuito, nas outras categorías nada está decidido.
Consultar ranking provisional AQUÍ.


14 ago 2013

Xtreme Pantín 2013 - Resultados

Parecía difícil superar o nivel da edición 2012 pero o certo é que este ano o Xtreme Pantín foi aínda mellor. Gran traballo de Iván e Dani ao frente da organización, noraboa tamén ao equipo de xuíces e demais colaboradores.
De seguir así o Xtreme Pantín convertirase nunha das mellores probas de Europa.


En cuanto a competición en sí hai que destacar o gran nivel dos deportistas, tanto en kayaksurf co equipo vasco, a pesar de ter notables ausencias, como en waveski cos tres competidores franceses.
Creo que de todos os demáis o único que se mantivo en un nivel similar aos anteriores foi o portugués André Pinto.

Polo que toca aos galegos hai de todo un pouco. En HP chegamos tres surfistas a semifinais pero non conseguimos colocar a ninguén na final.
En IC dous podiums, con Juan Teijeiro en 3ª posición e Iván Pena 4º.
En Waveski tampouco chegamos a final, pero Dani Pérez quedou moi cerca, facendo a súa semifinal con unha puntuación moi boa, e unha última onda con un aéreo que lle dou o trofeo Onada Brava.
En SOT gran actuación de Edu Pérez facendo 3º na final.
Respecto ao Club Razo Kayaksurf deportivamente nada destacable, só alcanzamos unha semifinal, pero pasámolo pipa.

Os resultados finais (puntuables para Copa Ibérica) son estes:
Kayaksurf HP
1.- Edu Etxeberria
2.- Xabi Olano
3.- Odei Etxeberria
4.- André Pinto


Kayaksurf IC
1.- Xabi Olano
2.- Oier Uruburu
3.- Juan Teijeiro
4.- Iván Pena


Waveski
1.- Nathan Le Bars
2.- Maxime Gaborit
3.- Clément Guilbert
4.- Edu Etxeberría



SOT
1.- Franccesco Socci
2.- Diogo Melo
3.- Edu Pérez
4.- Gil Melo


Kayaksurf HP Feminino
1.- Iranzu Zorzabalbere
2.- Enara Ibarburu
3.- Olatz Garmendia
4.- Isabel Arbide


Kayaksurf HP Junior
1.- Eduardo Espinosa
2.- Odei Etxeberría
3.- Gorka Martín
4.- Oier Uruburu


Waveski Junior
1.- Maxime Gaborit
2.- Nathan Lebars
3.- Diogo Melo
4.- Odei Etxeberria


Best Wave (Trofeo Kayaksurf.net)
Nathan Le Bars 


Expresion Session Best Wave
Clément Gilbert


Onda Brava
Daniel Pérez


Best Wipeout
Bruno Melo


Equipos
1.- Real Club Náutico San Sebastián 
2.- Grupo Xuvenil As Pontes
3.- X-Ride


Fotos Chus:

Polo demáis, todo o que rodea a propia competición foi de nota alta, o tempo, o mar, a cea no lago, o concerto dos Bourbon Queen, o autobús "das bodas", os regalos, a xente de aquí e a que veu de fora, portugueses, vascos, franceses, italianos, ... así da gusto.