23 abr 2015

Mundial Kayaksurf Pantín 2015 - Inscripcións

Xa se vai enchendo a listaxe de inscritos para o Mundial Kayaksurf Pantín 2015.
Falta aínda moita xente que confirmou a súa participación pero aínda non formalizou a inscripción, case tantos ou máis como os que xa o fixeron, polo que a listaxe definitaiva supoño que rondará os 100 inscritos, ... la bomba !


As inscripcións individuais e por equipos pódense facer AQUÍ

Entre os ilustres que virán a Pantín podemos destacar de momento a :









Listaxe provisional AQUÍ


21 abr 2015

Mundaka XIII Kayaksurf Txapelketa - Resultados

A edición nº 13 non será recordada pola calidade das ondas, as de este ano foron as ondas máis pobres que recordo desde que fun a Mundaka por primeira vez en 2009.
Pero cando se fan centos de km para ir a unha competición, e por moi boas que sexan as ondas, seguramente o que queda no recordo son outras cousas.
De feito antes de sair para Euskadi xa sabiamos que non teriamos un gran swell nin moito menos, pero aínda así tiña que ir a Mundaka. Isto demostra que finalmente o obxetivo non é coller unhas bonitas ondas, senon disfrutar da viaxe, os compañeiros e amigos e o ambiente que rodea a cada proba, e si por riba diso hai dous metros glass entón xa é a rehostia.


As finais quedaron así:

Open HP
1.- Edu Etxeberría
2.- Alfonso de Juana
3.- Julen Seco
4.- Xabi Olano

Open IC
1.- Edu Etxeberría
2.- Xabi Olano
3.- Oskar Martínez
4.- Xanti Ubera

Chicas HP
1.- Enara Ibarburu
2.- Garazi Iturralde
3.- Iranzu Zorzabalbere
4.- Teresa Carranza

Chicas IC
1.- Enara Ibarburu
2.- Teresa Carranza
3.- Garazi Iturralde
4.- Olatz Garmendia

Junior HP
1.- Gorka Martín
2.- Odei Etxeberría
3.- Oier Uruburu
4.- Juan Oiarzabal

Junior IC
1.- Odei Etxeberría
2.- Oier Uruburu
3.- Gorka Martín
4.- Hodei Crujeiras

Master HP
1.- Txema Carreto
2.- Oskar Martínez
3.- José Piñeiro
4.- Luis Abando

Master IC
1.- Oskar Martínez
2.- Luis Abando
3.- Xanti Ubera

Eu trouxen outro podium, xa van catro consecutivos en Mundaka na categoría Master HP, esta vez quedei terceiro por detrás de Txema Carreto e Oskar Martínez.


En categoría Open, tamén por segunda vez consecutiva, sacudíronme na primeira manga.

Xa empecei a conta atrás para Mundaka 2016.

12 abr 2015

Mundaka XIII Kayaksurf Txapelketa

Primeira saída do 2015 e séptima viaxe a Mundaka. A unha semana vista a previsión é de ondas de 1 m ou 1,5 como máximo, pero a cousa aínda pode cambiar. Si cambia a máis imos ter pal pelo.


O brasileiro Mauricio Borsari xa leva uns días en Mundaka, sempre é o primeiro en chegar, e colgou esta foto para poñernos os dentes largos.

Vídeo Mundaka 2013