31 mar 2015

Bañazo

O último gran baño que recordo foi no mes de Outubro de 2014 en Razo. Despois pasamos unha mala racha, con días de vento, mar desordenado ou desfasado, incluso un parón de uns dous meses sin apenas mollarnos.

E por fín este finde encontramos o sitio e o momento adecuado, sobre todo Muanuel, Luis e Rubén porque eu gracias a un amago griposo só puden facer as fotos.

Manuel





Rubén





Luis






 Os tres afortunados

O que mellor o pasou de todos

Álbum completo no caralibro

19 mar 2015

Santa Cruz Paddlefest 2015

Os afortunados que foron a Santa Cruz pasárono ben.
Steamer Lane funcionou como se esperaba e nas fotos pódense ver as ondas de parede cristalina típicas de Santa Cruz.


Este ano a inscripción non foi moi amplia, tanto por parte dos americanos como dos que viaxaron de fóra, será que a xente está reservando o tiro para o mundial de Pantín.

Fotos de Vincent Shay:





Fotos de Mark Boyd:







Resultados AQUÍ

15 mar 2015

2 months later

Por fin terminou a sequía, despois do último baño do lonxano día 18 de xaneiro hoxe volvín a mollarme.
Non recordo parón como este, dous meses sin meter auga con sal no corpo non pode ser bo.

As condicións de mar non foron as mellores, nin as miñas tampouco despois de tanto tempo parado, pero hoxe valía todo por malo que fose, había que mollarse sí o sí sí sí.

Luis tamén leva moito tempo parado, pero decidíu esperar unha semana máis e coller hoxe a cámara, ... alguén ten que facer as fotos.