14 oct 2017

Mundial de Kayaksurf en Irlanda do Norte

Falta unha semana para o inicio do mundial en Irlanda do Norte e xa temos todo preparado para voar hasta Dublín e despois conducir pola esquerda un par de horas hasta chegar a Portrush,


Vamos con unha semana por diante antes de que empece a competición para ir collendo a temperatura da auga, estes días aquí temos a auga rondando os 18ºC pero en Portrush non pasa de 13ºC.

De Galicia viaxamos José M. Bouzamayor, Víctor Ansedes e eu mesmo, somos poucos competidores galegos pero acompañantes levamos bastantes máis, en total fixemos un grupo de 14, pequerrechos incluidos, moitos máis que en algunha quedada das que facemos por aquí !

A equipación do Team Galicia está patrocinada por Orixen e Watertech Surf Machines

Para ver o programa, relación de inscritos e noticias do evento visitar a web oficial:


Aló imos !!


6 oct 2017

Oferta Watertech Surf Machines

Interesante oferta para todos os modelos de Watertech Surf Machines, 225 € de desconto para pedidos hasta o 31 de novembro, a única condición para aproveitar a oferta é recoller o kayak directamente da fábrica.


Consulta aquí a web de W:

Contacto: watertechsurfmachines@gmail.com


18 jul 2017

Véndese surfkayak W_ONA

Watertech ONA ShockTech (carbono-kevlar) totalmente novo, usado so como demo boat no Kayaksurf Open Peniche 2017.

P.V.P. 1.300 €
Precio de oferta 850 €


Contacto:
watertechsurfmachines@gmail.com

29 may 2017

Este finde primeira proba da Copa Open de Portugal en Peniche.


Watertech Surf Machines estará en Peniche con unha demo boat ONA para quen quiera probala.
Será unha ONA ShockTech totalmente nova e con un precio especial de 950 € (P.V.P. 1.300 €)


15 may 2017

Mundaka 2017

Un ano máis preséntase a proba de Mundaka. 
Despois de varias semanas en espera da mellor previsión de ondas será o próximo fin de semana a data elexida.


É a primeira competición da temporada e unha das máis esperadas.

9 may 2017

Circuito Open Portugal 2017

Este ano o Copa de Portugal de Kayaksurf e Waveski conta con tres probas abertas a competidores foráneos. Paralelamente o Campeonato Nacional ten outras tres probas só para deportistas portugueses.

As probas open son as de Peniche, Santa Cruz, e Nazaré.



24 abr 2017

Watertech Surf Machines xa está na Costa da Morte

Recentemente Rui Calado puxo en venta a marca portuguesa de surfkayaks e waveskis Watertech Surf Machines.
Últimamente a marca estaba un pouco parada debido a que Rui estaballe dedicando maís tempo a outra sección do seu negocio (watertechkayaks.com) de venta online, cursos, paseos en kayak e viaxes dirixidas e a tenda de Aveiro, e non podía atender como el quixera a W Surf Machines.


Pois ben, despois de cruzar un par de correos con Rui e facer unha viaxe a Portugal para aclarar algúns detalles e tamén visitar a fábrica de Nelo, pechamos o trato e agora a Watertech Surf Machines está en Galicia !
O que ven para a Costa da Morte é só a marca de surfkayaks e waveskis, a web online watertechkayaks.com/shop así como a tenda de Aveiro continúa en mans de Rui Calado.

Polo de agora non vai a haber grandes cambios no funcionamento da marca, seguiremos co mesmo fabricante (Nelo) e cos mesmos modelos de kayaks (ONA, The Fly, Bandit, 666 e Rampage) e o waveski Easy.

Agradecer a Rui Calado as facilidades que me dou para facerme ca W e tódolos seus consellos, ... e agora esperemos que a cousa rode ben !

https://www.watertechsurfmachines.com/
Contacto: watertechsurfmachines@gmail.com




29 mar 2017

Que vienen los chinos

O barato non sempre sae caro. Por moitos moitos menos cartos do que custa a famosa cámara "gopro", ou outras similares, merquei unha de marca china que para o tipo de uso que lles damos a este tipo de cámaras vai que chuta, e ademáis trae accesorios compatibles.

Si aguanta máis de tres baños sin petar xa será máis do que aguantou outra cámara que usei o verán pasado de PVP 240,00 €. .... De momemto van dous baños y todo bien.







3 ene 2017

Club Razo Kayaksurf 2017

Comenzamos a sexta temporada do Club Razo Kayaksurf con oito xóvenes promesas deste deporte:

Manuel Andrade (agarrando o toro polos .... polas orellas)

Luis Veira Castro (ofrecendo amor)

Rubén Añón (en período de excedencia)

Alex Moure (fáltalle a guitarra)

J.M. Bouzamayor (non sabía qué poñerse)

Joaquín Rivas (buscando a GoPro)

Juan Teijeiro (qué pasa wein !!)

Jose Piñeiro (pedindo unha caña)

Un equipo con estilo !! ... calificádeo vós mesmos.



1 ene 2017

Resumen 2016

Temporada diferente, con dous meses eternos sin tocar auga por unha lesión muscular, poucas viaxes e poucas competicións. O mellor de todo foi poder seguir facendo o que me gusta, enchouparme de auga salgada !

Spots:
Galicia: Razo, Baldaio, Traba de Laxe, Beo, Seaia, Vilarrube, Pantín, O Pedrido.
Euskadi: Mundaka.
Portugal: Pico da Mota (Peniche)

Horas de surf: 75

Competicións e resultados en Kayaksurf HP:
XIV Mundaka Txapelketa: Eliminado en ambas semifinais Open e Master.
Xtreme Pantín: Open, Master.
Open Peniche: Open, Master.






Este ano non deu para máis, pero esto non para e en 2017 hai un reto importante, viaxar a Irlanda do Norte para participar no World Surf Kayak Championships

Resumen 2015
Resumen 2014
Resumen 2013
Resumen 2012
Resumen 2011