12 jul 2013

Copa Ibérica 2013 2ª Etapa - Santa Cruz Ocean Spirit

Despois de dous anos de ausencia en Santa Cruz por fin volvemos ao Ocean Spirit, ainda que esta vez para mín será só en versión reducida xa que desgraciadamente non irei a proba internacional do 22 ao 26, senón só a 2ª etapa da Copa Ibérica o 27 e 28 de xullo, acompañado de Rubén Añón e Alex Moure do Club Razo Kayaksurf.
Tamén confirmaron asistencia Iván Pena, Daniel Pérez e Eduardo Pérez do Club Xuvenil As Pontes.



Esta vez a Aldea Neptuno instalarase na Praia do Mirante, onde a animación nocturna e diurna está asegurada.



Vídeo Ocean Spirit 2012

Seguir en Facebook:

8 jul 2013

CNKW 2013 - 2ª Etapa - Vila Nova de Gaia - Resultados

Rematada a segunda etapa do CNKW 2013 en Vila Nova de Gaia, con moito sol e medio metro ben ordenado.

Fotos João Vaz



Resultados:
Kayaksurf HP
1.- Bruno Melo
2.- Ivan Pena
3.- Ricardo Ribeiro
4.- Eurico Viana


Kayaksurf IC
1.- Ivan Pena
2.- Henrique Frazão
3.- Eurico Viana 


Waveski
1.- Luis Vieira
2.- Bruno Melo
3.- Diogo Melo
4.- José Forte 


Sit on Top
1.- Diogo Melo
2.- Ricardo Ribeiro
3.- Francisco Carvalho
4.- Eurico Viana


Best Wave Trophy (Kayaksurf.net)
Bruno Melo


O único participante galego foi Iván Pena con resultados excelentes, primeiro en IC e segundo en HP.
Tamén hai que destacar a presencia de Diogo Melo en dous podiums, algo que ultimamente xa non é sorpresa, o pequeno Melo segue os pasos do pai e en calquer momento quitaralle o trofeo Best Wave, dos que xa teñen na casa unha caixa chea.

1 jul 2013

CNKW 2013 - 2ª Etapa - Vila Nova de Gaia

Segunda etapa do CNKW 2013 integrada no Atlantic Surf Fest, este fin de semana na praia do Grão D`Areia, en Canidelo, Vila Nova de Gaia.




II ETAPA CNKW 2013 Vila Nova de GAIA from JoZeDuMar on Vimeo.

A esta segunda etapa do CNKW non irei, reservo o tiro para a segunda proba da Copa Ibérica no Ocean Spirit a finais de mes.