24 nov 2010

Surf Kayak Skills

Por fin hai un sitio web (www.surfkayakskills.com) que nos ensina cómo dominar as técnicas do kayaksurf. O equipo inglés de kayaksurf, campión do mundo en Portugal 2009, é o promotor da iniciativa e seguro que seremos moitos os que lle agradecemos o esforzo.


Da man de algún dos mellores kayaksurfers do circuito poderemos aprender a facer todas esas manobras que nos parecen imposibles ... eso sí, non é suficiente con saber a teoría, despois de comprender o que aquí nos explican hai que mallar e mallar hasta que un día, por fin, conseguimos facer algo que nunca fixemos e que tantas veces vimos nos moitos vídeos que devoramos unha e outra vez.

O texto está escrito en inglés, así ademáis de aprender a facer o take off ou o bottom turn tamén aproveitamos para mellorar o noso nivel de inglés.

Os amigos brithis téñeno todo ben pensado e aproveitan o sitio como fonte de financiación para o equipo, e así sufragar os gastos para asistir ao próximo mundial de EE.UU.

Parte da financiación baséana na venda de calendarios, con moi boas fotos de Alejo Pacheco, Phill Watson, Chris Hobson e outros.


Se no Mundial 2011 o England Surf Kayak Team volve a proclamarse campión do mundo, eu "terei parte" porque ¡¡¡ xa teño o calendario !!! ... moi chulo por certo.

15 nov 2010

Resultados Copa do Mundo Kayaksurf 2010

A Copa do Mundo de Kayaksurf e o Mundial de Kayaksurf celébranse cada ano alternativamente. Este ano 2010 tocáballe o turno a Copa do Mundo.

Diputáronse un total de cinco probas puntuables en lugares tan remotos como Australia, Santa Cruz-California U.S.A, Mundaka-Euskadi, Santa Cruz-Portugal (Ocean Spirit) e North Carolina U.S.A.

Por segunda vez consecutiva o vencedor absoluto foi Edu Etxeverría (Euskadi), en categoría xuvenil venceu Miguel Carvalho (Portugal) e en categoría feminina Garazi Iturralde (Euskadi).

Edu Etxeverría

Miguel Carvalho

Garazi Iturralde

Para o Club Kayaksurf Galicia a noticia destacada é que conseguíu colocar a un kayaksurfer entre os dez primeiros clasificados !!!

Estas son as clasificacións finais:


Ver máis en Kayaksurf.net

10 nov 2010

2011 World Championship Surf Kayaking

A temporada 2010 xa casi está rematada e hai que empezar a pensar no 2011.

Igual que no 2010, hai unhas cuantas citas ineludibles tales como Mundaka, a Kayaksurf Session Figueira da Foz, o Santa Cruz Ocean Spirit ... (aínda hai máis pero non se pode estar a todo) ... pero sobre todo o prato forte do próximo ano será o Mundial de Kayaksurf en EE.UU.

Non sei se conseguiremos ir, véxoo dificíl ... sí, está moi moi difícil ... pero non quero decir imposible porque se non xa non sigo escribindo.

En Setembro de 2009 a WSKA (World Surf Kayak Association) otorgou a organización do evento ao US East Team e a ESKA (Eastern Surf Kayaking Association), e está programado para disputarse na primeira metade do mes de Outubro de 2011.

Terá lugar en Cape Hatteras, Outer Banks, estado de North Carolina, na costa este dos EE.UU.


O pasado mes de Outubro disputouse alí mesmo o 2010 US National Surf Kayaking Championships (última proba puntuable para a Copa do Mundo 2010) e tamén o Battle for Hatteras.
O equipo de Euskadi aproveitou a ocasión e desprazouse hasta alí para coñecer de antemán o lugar onde será o Mundial 2011.
Por suposto os vascos non fixeron a viaxe en balde e viñeron cargadiños de trofeos, subiron ao podium en case todalas categorías.

Ver aquí a reportaxe de Kayaksurf.net:

Vídeo promocional do Mundial 2011



Sitio oficial: