23 abr 2012

Mundaka 2012

Un ano máis estivemos en Mundaka e como sempre foi un gran finde, esta vez con unha participación moi amplia e de calidade, con varios campeóns mundiais, que sempre lle dan un pouco máis de lustre a proba.


A onda de Mundaka non fallou, con máis forza o venres e baixando un pouco o sábado e domingo, pero suficiente para levar unhas boas lapadas cando te pilla, viñemos de volta con un par de moratóns, Manuel no nariz e eu nunha man, ... sarna con gusto non pica.
Outros como o portugués Paulo Simoes ou o británico Adam Harvey tiveron menos sorte e romperon os barcos.

Representando ao Club Razo Kayaksurf competimos Manuel Andrade, Rubén Añón e José Piñeiro, e o balance e moi bo, eu con un primeiro posto en Master HP e Manuel chegando a semifinais. En categoría Open HP non foi tan ben e os tres quedamos fora na primeria ronda.

Fotos Glyn Brackenbury
Manuel

Rubén

Jose

Por parte do Club Kayaksurf Galicia Javier Díaz estrenou o novo Spin de RPF e chegou a cuartos de final en Open HP.

Foto Kayaksurf.net

Como sempre que vamos a Mundaka a acollida foi excelente por parte da organización, e xa estamos pensando en volver en 2013 !!

Todos os resultados en Kayaksurf.net.

18 abr 2012

Kayaksurf en V Televisión

Pequena reportaxe sobre o kayaksurf emitida en V Televisión con Javier Díaz e Iván Pena dando a coñecer o noso deporte favorito.

 

14 abr 2012

CNKW 2012 - I Etapa Peniche

Comenza unha nova temporada do circuito portugués de kayaksurf e waveski. Este ano a primeira proba será en Peniche os días 5 e 6 de Maio.


Ademáis esta proba será valedeira para a Copa Ibérica, que consta de catro probas, dúas en Portugal e dúas en España, e que se organiza por primeira coa colaboración entre as federacións de ambos países.

André Pinto - CNKW 2011 - Peniche - Foto Joao Rosa

Peniche - Foto Kayaksurf.net

Este ano vai a ser movido, a semana próxima Mundaka, despois Peniche, a Session de Figueira, Ocean Spirit, outra vez Figueira, e por suposto as probas de aquí, Razo, Bastiagueiro, ... a furgo vai pedir papas !!

4 abr 2012

Mundaka Kayaksurf Txapelketa 2012

Xa está en marcha a 10ª edición da Mundaka Kayaksurf Txapelketa, será os próximos días 21 e 22 de Abril.
Por cuarto ano consecutivo estaremos alí para disfrutar da famosa onda de Mundaka.


Dessie McGlinchey - Mundaka 2009 - Foto Gerry McGahey