30 jun 2010

"Aussie" Kayaksurf

Os australianos do equipo Random seguen a demostrar que están en plena forma e cada pouco sacan algún vídeo ou fotos interesantes.

Volvemos a ver a Steve Farthing en acción, esta vez con Darren Bason, Terry Petch e James Timperley.

Random crew @ Kawana from steve on Vimeo.


22 jun 2010

"El Señor de los Aéreos"

É a manobra máis espectacular e a que todos desexamos facer algún día.
Pero para xente como Steve Farthing facer un aéreo parece ser algo normal, algo que sae así ... pum ... un aéreo.

O australiano bota máis tempo no aire que na auga, e ademáis tanto o fai con un kayak como con un waveski.

Aéreo en kayak ...

... e aéreo en waveski

Esta é unha amplia mostra do que é capaz de facer:

Fotos Ming

... tremendo !!!

16 jun 2010

Interference Kayaksurf Film


Uns cuantos amigos fan varias viaxes por diferentes países, Joey Hall, Nathan Eades, Marc Holland, Spencer Cooke, Naomi James ... percorren cinco países en varias etapas.

Aproveitando a viaxe que fan para participar no Mundial de Kayaksurf Bakio 2007, inician o percorrido por toda a costa norte de España hasta chegar a Galicia, incluso surfean en plena Costa da Morte, na praia de Traba de Laxe !!!

Bakio

Desde Galicia continúan viaxando hacia o sur, surfeando por toda a costa de Portugal hasta Peniche.

En posteriores etapas viaxan a Marrocos, donde baixan uns tombos campales en Sidi Kaouki, e logo surfean en Carolina do Norte (USA) e Ecuador.
Todas as viaxes fixéronas entre os anos 2007 e 2009.

Marrocos

Ecuador

A aventura recóllese en dúas horas de película que non dan para aburrirse, e polo que se ve eles tampouco o pasaron nada mal.

Este é un corte da película, da viaxe a Marrocos:


Seguramente é o mellor documento de kayaksurf que se fixo hasta agora.
www.interferencesurf.com

Cabedelo

O domingo despois da Session quedamos na praia de Cabedelo con Paulo Simoes e Ricardo Fernandes.


Esta praia ten unha ola con máis forza que a de Tamargueira, non había moito tamaño, pero como collimos a marea aínda moi baixa caía bastante barrote, que para superar a reventaçao non axuda nada.

Vídeo Maite

15 jun 2010

14 jun 2010

KS Session 2010

Bateuse o récord de inscripcións de edicións anteriores e a Kayaksurf Session 2010 chegou case a 60 participantes.

Os organizadores Joao P. Simoes, Hugo Nascimento e Luis Pedro Abreu

O sábado pola mañán empezou a Session na praia da Tamargueira, as ondas estaban faltas de algo de forza e con tanto kayak xunto había que andar lixeiro para pillar algo.

Por momentos había ondas que se baixaban hasta por catro e cinco kayaks xuntos ... as colisións eran case inevitables e víronse unhas cuantas ... pero daba igual ... a Session só é unha vez ao ano e si hai que chocar uns con outros pois chocamos.





Pola tarde cando comenzou a baixar a marea volvimos todos a auga. Despois de un par de horas de surfeo libre disputouse o "Trofeo Easy", promovido por Watertech para promocionar o novo waveski diseñado para iniciación.

Pedro Castro co novo "Easy"

O nome está ben escollido porque é un waveski con moita popa e bastante ancho, por iso é moi estable e fácil de surfear.
Disputáronse unhas oito mangas con dous waveskis en cada unha e 7 minutos de duración, o mellor puntuado sería premiado con un regalo da Watertech.

A xornada rematou coa cea no Health Clube, donde nos xuntamos máis de cen persoas.
Entre os premios e sorteos merece destacar a entrega de un trofeo que Bruno Melo fixo a Luis Pedro Abreu en recoñecemento pola súa labor de promoción do kayaksurf, e que lle foi concedido na proba de Mundaka de este ano.



Despois da cea sorteouse diverso material aportado polos patrocinadores da Session.

Pedro Pereira gañou o waveski "Easy" de Watertech

Joao Vaz levou o novo "Flash" de RPF, de tan só 8 kg de peso
Eu gañei o "Trofeo Easy" da W, un casco Gath ... que me queda moi ben


E despois dos premios, sorteos e regalos .... agradecementos, saúdos e despedida hasta a Session 2011 .... de luxo !!!


Fotos de Kayaksurf.net, Kayaksurf Figueira e Alberto Miguel.

Para ver máis:
http://www.kayaksurf.net/news
http://rpfkayaks.blogspot.com
http://www.kayaksurfigueira.com

11 jun 2010

Aplazada a III Xuntanza de Surf Pantín

Debido as adversas condicións meteorolóxicas previstas para este fin de semana, aplázase a III Xuntanza de Surf de Pantín hasta os días 19 e 20 de Xuño.

Tanta choiva, tanta choiva ... a mín gústame a auga .... ¡¡¡ a auga do mar !!! .... ¡¡¡ Que veña o verán xa !!!

10 jun 2010

Kayaksurf en Pantín

O próximo fin de semana celebrarase a III Xuntanza de Surf, os día 12 e 13 de Xuño na praia de Pantín.

Por primeira vez a organización do evento quere que o kayaksurf esté presente na festa do surf e abríu a inscripción para que os que facemos kayaksurf podamos participar na xuntanza.
A entrada do kayaksurf está programada para o sábado pola tarde.

É unha boa oportunidade para un acercamento entre os que surfean de e os que surfeamos sentados, porque sexa como sexa todos facemos o mesmo ... surfear.

Para máis información contactar con Miguel Galeiras, 609 017 693, mgaleiras@kirrasurfing.com.

9 jun 2010

KS Session Figueira 2010

Xa é este sábado, na praia da Tamargueira, a IV Edición da Kayaksurf Session Figueira da Foz.


Este ano hai moitos e moi bos premios para os participantes ... a ver si nos toca algo.

1 Kayaksurf FLASH de RPF
1 Waveski de WATERTECH
Equipamento SKI WORLD
1 Pala de Carbono GOLTZIANA
1 Pala Titanium ÉLIO
3 Vales de barranquismo para dúas persoas de GEOAVENTURA
1 Vale para dúas persoas no Figueira Surf Camp
1 par de gafas Oakley de Ópticas MORAIS
DVD's Interference

Ver máis en www.kayaksurf.net

Despois da numerosa asistencia de kayaksurfistas portugueses a o I Campionato Galego de Kayaksurf o Club Kayaksurf Galicia devolve a visita e estará presente en Figueira !!!


6 jun 2010

Resultados I Campionato Galego Open Kayaksurf

Rematou o I Campionato Galego Open Kayaksurf 2010, con unha participación moi elevada, chegando a cerca de 40 inscripcións de Galicia, Asturias e Portugal.
Especial mención merecen os amigos portugueses, pois viñeron nada menos que 17 kayaksurfistas desde sitios tan lonxanos como Peniche ou Lisboa ... eso é afición !!!



O sábado disputáronse as clasificatorias e repescas nas catro categorías (Sit On Top, Waveski, IC e HP) e tamén cuartos de final de Waveski e HP. As condicións non foron as máis desexables, con vento de nordés, ceo cuberto e mar pequeno e desordenado.

O domingo cambiou a mellor e disfrutamos de unhas boas condicións, Razo ofrecéunos sol e boas ondas, aínda que algo pequenas, pero que se deixaban estirar o suficiente como para facer algunhas manobras.
As mangas foron moi igualadas e as semifinais e finais decidíronse por centésimas.

Fotos Esther Otero



Fotos Hugo Nascimento

Fotos Xoel Molejón





Fotos Luis Pedro Abreu


Open
HP
1º André Pinto (Watertech Team)
2º Pedro Castro (Watertech Team)
3º Javi Díaz (Club Kayaksurf Galicia)
4º Jose Piñeiro (Club Kayaksurf Galicia)

IC
1º Rui Calado (Watertech Team)
2º Miguel Carvalho (Watertech Team)
3º Paulo Simoes (Figueira Kayak Clube)

Waveski
1º Bruno Melo (Watertech Team)
2º Daniel Pérez
3º Pedro Castro (Watertech Team)
4º Nuno Borges (Watertech Team)

Sit on Top
1º Joao Vaz (Figueira Kayak Clube)
2º José Ratinho
3º Joaquín Rivas

Campionato Galego
HP
1º Javi Díaz (Club Kayaksurf Galicia)
2º Jose Piñeiro (Club Kayaksurf Galicia)
3º Jose M. Primoy (Club Montaña Quixos)
4º Jorge Santiago (Club Kayaksurf Galicia)

IC
1º Juan Teijeiro (Club Kayaksurf Galicia)

Waveski
1º Daniel Pérez
2º Alex Moure (Club Kayaksurf Galicia)
3º Roberto Díaz
4º Xoel Molejón

Sit On Top
1º Joaquín Rivas
2º Andrés Bayolo (Club Kayaksurf Galicia)

HP Junior
1º Marco González (Club Valmiñor)
2º Jose González (Club Valmiñor)

Fotos Esther Otero



PATROCINADORES E COLABORADORES:
Kayaksurf.net

RPF Kayakas

Watertech Kayaks

Equipo de Xuíces (Manuel, Julio, Juan e Alejandro)

Raz Surf Camp

Surf & Rock

Art Surf Camp

Teirón Tienda de Surf

Varada Moda y Complementos



Concello de Carballo
Patronato Deportivo Municaipal de Carballo
Protección Civil de Carballo

2 jun 2010

Programa I Campionato Galego Kayaksurf 2010

O programa para as dúas xornadas de competición é o seguinte:

Sábado 5
10:00 Confirmación de inscripcións e control de embarcacións.
10:30 Charla informativa.
11:00 Inicio da competición.
21:30 Cea no "Bar O Cordobés", Razo.

Domingo 6
10:00 Charla informativa.
10:30 Inicio da competición.
13:00 Entrega de trofeos e despedida.

É moi importante asistir puntualmente a praia na hora de inicio de cada xornada. O punto de reunión será o posto de Salvamento e Socorrismo situado a pé de praia. (En Razo hai tres postos de Salvamento, será no posto principal, a 100 m do "Bar O Cordobés")


Sorte para todos.