21 nov 2013

Ice Waves Bastiagueiro - Resultados

Fin de fiesta, Ice Waves Bastiagueiro foi a última proba da Copa Ibérica e tamén cerra a temporada 2013.

Edu Etxeberría, foto Pedro Matos

A participación foi numerosa, sobre todo a expedición vasca con cerca de 20 competidores de varios clubs diferentes (junior, open, master e féminas, competindo en HP, IC e waveski, ... máis completo imposible) tamén viñeron un grupo de portugueses e o brasileiro Mauricio Borsari. A participación galega non foi tan numerosa como se podría esperar, e por parte do Club Razo Kayaksurf competimos Alex Moure en Waveski Open e eu en Kayaksurf HP Open e Master.

Xabi Olano, foto Chus

Henrique Frazão, foto Pedro Matos

Jose Piñeiro, foto Pedro Matos

Edu Montero, foto Chus

Ibón Aguirrezabala, foto Pedro Matos

O mar funcionou medianamente ben con un metro o sábado, pero o domingo baixou moito, ... non digo que non o teña pero eu sigo sin encontrarlle o encanto a esta praia.

Resultados:
Kayaksurf HP Open
1.- Edu Etxeberría
2.- Xabi Olano
3.- Ibón Aguirrezabala
4.- Julen Arrizabalaga

Kayaksurf IC Open
1.- Xabi Olano
2.- Julen Arrizabalaga
3.- Oier Uruburu
4.- Julen Seco

Waveski Open
1.- Edu Etxeberría
2.- Julen Arrizabalaga
3.- Julen Seco
4.- Ibón Aguirrezabala

SOT
1.- Diogo Melo
2.- Rui Ferreira
3.- Gil Melo
4.- Ricardo Fernandes

Kayaksurf HP Master
1.- Jose Piñeiro (Club Razo Kayaksurf)
2.- Henrique Frazao
3.- Txema Carreto
4.- Iranzu Zorzabalbere

Kayaksurf HP Women
1.- Garazi Iturralde
2.- Enara Ibarburu
3.- Teresa Carranza
4.- Iranzu Zorzabalbere

Kayaksurf HP Junior
1.- Edu Espinosa
2.- Oier Uruburu
3.- Gorka Martín
4.- Hodei Crujeiras

Waveski Junior
1.- Diogo Melo
2.- Gil Melo
3.- Hodei Crujeiras
4.-.Enara Ibarburu

Waveski Women
1.- Enara Ibarburu

Waveski Master
1.- José Espona

Best Wave (Trofeo Kayaksurf.net e Jakoi Paddles)
Edu Etxeberría

Best Wipeout
Edu Pérez e Fiz Fernández

Galería de fotos:
Fotos Chus
Fotos Pedro Matos Abreu, Album I
          Pedro Matos Abreu, Album II

O exemplo a seguir, Edu Etxeberría, vencedor Kayaksurf HP, Waveski e Best Wave

6 nov 2013

Tombos XXL, A Tremosa


Nazaré-Portugal ? ... Mavericks-California ? ... Jaws-Hawaii ? ... Shipstern Bluff-Tasmania ? ... Tehaupoo-Tahití ?... non non non ... é A Tremosa, na Costa da Morte !!! 

Ben coñecida polos mariñeiros da zona de Corme, este super tombo foi recentemente descuberto para o mundo das Big Waves, e non é esta a única onda xigante que hai na Costa da Morte, que está empezando a coller sona como destino internacional para o surf extremo.

Tombos en Fisterra


Ver máis info en JetGalicia.

Polo momento estes tombos están fora do alcance do kayaksurf, e penso que seguirá sendo así por moito tempo, pero quen sabe se algún día haberá alguén que se atreva con eles. 
Existe o precedente de Tao Berman cando baixou unha XXL en Nelscott Reef, Oregón, ainda que sin quitarlle mérito a mín paréceme que foi máis ben unha operación de marketing que unha verdadeira surfada de kayaksurf en big waves.